Novo, Olga:
																
Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, Lugo,
1975) é poeta, ensaísta e tradutora. Como poeta, deuse a coñecer precozmente cos
poemarios A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) e A cousa vermella (2004), pero publicou
decenas de poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas e xornais. Ten en
curso de publicación o poemario Cráter. 
Como ensaísta publicou os libros Por un
vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer
(1995), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999) e Uxío
Novoneyra. Lingua loaira (2005). Participou con estudos en congresos e
revistas, centrándose sobre todo en propostas radicais conectadas co
surrealismo e co erotismo (André Breton, Eugenio Granell, Sergio Lima, Léo
Ferré, Fernando Pessoa).  
Pertence aos consellos de redacción das
revistasUnión libre e Moenia e
formou parte dos comités de Ólisbos, Animal e Valdeleite. Traduciu, desde o galego, El contradiscurso de las mujeres. Historia
del proceso feminista, de Carmen Blanco, e, desde o francés, Vidas imaginarias, de Marcel Schwob.
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi
profesora numeraria de IES en Galicia e lectora da Universidade da Alta Bretaña
en Rennes. Actualmente é profesora da Universidade de Bretaña Sur en Lorient. 
 
															 | 
														 
																Listado de obras: