Autores - Editorial Toxosoutos.com.

Frateschi, Yara; Morán, Isabel e Souto Cabo; J. Antonio:

YARA FRATESCHI VIEIRA. Profesora catedrática de Literatura Portuguesa na Universidade Estadual de Campinas (Brasil), téndose dedicado especialmente ao estudo da  lírica galego-portuguesa. Nesa área, publicou numerosos artigos e libros, entre os cales cabe destacar En cas dona Maior: os trovadores e a corte senhorial galega no século XIII (Santiago de Compostela, 1999) e Henry R. Lang, O Cancioneiro de D. Denis e Estudos Dispersos. Ed. organizada por Lênia Márcia Mongelli e Yara F. Vieira (Niterói, 2010). 

M. ISABEL MORÁN CABANAS. Profesora titular na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Dedícase especialmente ao estudo dos períodos medieval, renascentista e barroco baixo unha perspectiva multidisciplinar e comparatista, tendo publicado artigos e libros como Traje, gentileza e poesia. O campo semântico do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Lisboa, 2001) ou Festa, teatralidade e escrita no Cancioneiro Geral... (A Coruña, 2002). Dirixiu o proxecto CULTURIBER sobre relacións literarias no marco ibérico (FFI 2008-00824, Ministerio de Ciencia e Innovación), cuxos resultados se divulgan aquí e noutras obras.

JOSÉ ANTÓNIO SOUTO CABO. Profesor titular na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago. A súa actividade investigadora céntrase na análise das coordenadas sociolóxicas e espacio-temporais da lírica galego portuguesa e, por outro lado, no estudo e edición de textos medievais. Entre as súas publicacións máis recentes podemos citar: "Pedro Garcia de Ambroa e Pedro de Ambroa", "A emergência da lírica galego-portuguesa e os primeiros trovadores", Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII ou Rui Vasquez: Crónica de Santa Maria Íria

Listado de obras:

Actualmente non está dispoñible ningunha publicación do autor seleccioado. Desculpe as molestias.