Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle da nova:



Ver noticia

Xoán Fuentes presentou o seu último libro “O cuadrilatero”


Autor:      TODOGROVE
10/04/2010


A editorial Toxosoutos e a Concellería de Cultura presentaron a última obra do escritor grovense Xoán Fuentes Castro, O cuadrilátero.
No acto, que tivo lugar esta tarde de venres na Casa da Cultura Manuel
Lueiro Rey, participaron ademais do autor, o director da editorial,
David González, o escritor Ramón Caride e o concelleiro de Cultura,
Antón Mascato.

Xoán Fuentes Castro é un autor de longa traxectoria literaria, na que salientan outros títulos como Na fronteira ou O pescador de cana,
nos que permanece fiel a un estilo marcado pola rigorosidade formal e
conceptual que se sustenta na pulcritude do léxico e na correción das
estruturas gramaticais. Especialista en pensamento e lexicografía,é autor dunha sólida obra literaria e ensaística que ten sido recoñecida en diversos foros.

Unhas
sesenta persoas asistiron ao evento desta tarde no que intervintes que
acompañaron ao autor fixeron amplas loubanas da súa persoa e desta súa
cuarta novela.

Veciño de San Vicente

Nacido
na parroquia de San Vicente, antes de ser profesor nun centro educativo
fora de Galicia, foi animador de diversas iniciativas culturais e
sociais da súa parroquia: Sociedade deportiva Amanecer, Coral Boca da
Ría, celebracións do Entroido, ou mesmo teatro, entre moitas outras que
lle reportan o recoñecemento dos seus veciños.