Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



De moedas e nobreza galega


Autor:      Javier Romero
04/04/2010

Tendo como referencia a Idade Media, e como temas localizados nesta
época a numismática acuñada en Galicia e a dinastía de Soutomaior, os
autores Suso Vila e Ernesto Iglesias serán premiados o sábado en Muros
co premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal 2009.


Vila coa obra A mecánica da linaxe no espazo medieval galego; a casa de
Soutomaior, conseguiu o primeiro posto nesta novena edición, que do
mesmo xeito que as anteriores está promovida pola fundación Ría de
Muros-Noia e a editorial Toxosoutos. O xurado do certame, integrado
?por Carlos Barros, Xerardo Agrafoxo, Xosé Andrade, Pedro García e
Enrique Monteagudo, con David González como secretario, considerou que
a obra agasallada vén encher o baleiro existente na historia medieval
de Galicia no estudo da importante casa nobiliaria de Soutomaior,
achegando nova documentación e enfoques renovadores no campo das
mentalidades.


Nesta ocasión, tamén se outorga un segundo premio, coa consideración de
finalista, á obra que leva por título As moedas medievais galegas; a
circulación monetaria en Galicia ata o século XV, da que é autor
Ernesto Iglesias Almeida. Neste traballo histórico investígase a
numismática medieval galega dun xeito novo, relacionando as moedas xa
coñecidas coa documentación da época.


Os Soutomaior




Para
o autor do estudo, Suso Vila, os Soutomaior concitan estereotipos do
que foi a Idade Media galega. Un exemplo son os testemuños que se
recollen dos seus biógrafos, os cales mostran unha imaxe chea de
violencia e traizón, froito do seu carácter político e relixioso. O
estudo se acerca de xeito xeral ao protagonismo social e económico que
os diferentes membros que esta familia tiveron entre 1147 e 1532. Unha
liñaxe no que destaca pola súa influencia Pedro Madruga, personaxe que
ao analizar a súa personalidade e mentalidade familiar obtense o trazo
das estratexias familiares da época.




A
publicación editada por Toxosoutos pretende erradicar na medida do
posible erros interpretativos, ademais de fixar a diferenza entre a
realidade e a ficción achega do mito creado sobre os Soutomaior.




A numismática galega




A
obra finalista de Ernesto Iglesias realiza un percorrido tanto polas
moedas atopadas en Galicia durante a Idade Media como por aquelas que
foron acuñadas en Lugo, Tui ou A Coruña, empezando polas púnicas
descubertas a mediados do século XIX e terminando nas dos Reis
Católicos.




O estudo non descarta no seu
contido as moedas portuguesas, de moita circulación no medievo sobre
todo no sur de Galicia, así como as acuñadas por orde do monarca
Fernando I tras invadir en 1370 o territorio galego. O estudo
complétase coas mencións referidas ao valor do trueque ou denominacións
máis frecuentes.