Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

OUTONO DE LITERATURA


Autor:      GALICIA HOXE
17/09/2010

Aposta polas traducións

As traducións serán outra das grandes bazas desta temporada. Xerais aposta por Sunset Park,
de Paul Auster, unha historia de amor e perdón. En Florida, a culpa
persegue a Miles sete anos despois de causa-la morte do seu medio irmán
en Nova York. Cando a familia da súa moza adolescente ameaza con
airea-la súa relación, Miles decide protexela volvendo a Brooklyn, onde
pai e o fillo se enfrontarán tras anos evitándoo. Outras editoriais como
Rinoceronte ou Toxosoutos contan cun amplo catálogo de traducións. No
caso da primeira, publicará obras coma Mexillóns para cear, de Birgit Vanderbeke ou Eloxio da sombra, de Junichiro Tanizaki. En Toxosoutos, as Bucólicas e a Eneida de Virxilio uniranse a contemporáneos galegos coma Chus Pato, Lupe Gómez ou David G. Couso.