Vertixe da choiva
Vertixe da choiva
Autor: Souto Alcalde, David
--
8,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00345 ISBN : 978-84-96673-98-4 Nome do producto: Vertixe da choiva Autor: Souto Alcalde, David Lingua: Galego Descripción: -- Prezo (PVP) €: 8,00 € ive enga. Ficha: 72 páx. 15x21 cm Libro centrifugador de imaxes, ou máquina de engranaxes sobreexcitados, Vertixe da choiva achégase ós lindeiros do colapso para deterse nas intermitencias que a voz produce ó toparse coa ausencia de gorxa ou de chafarís proxector de voz. Unha pantasma percorre todas estas páxinas, e mudando en esquelete que se sobrepón a si mesmo, faise corpo en poemas que se obrigan a enfundar o disfraz da súa propia estrutura para denunciar o misterio dunha ausencia que de tanto ser requirida esmorece aínda máis. Unha áncora chántase aquí, tamén un guindastre, pois Vertixe da choiva, malia ter nacido como texto anterior a A árbore seca, contén unha presa de sementes concentradas nas cales latexa toda a escrita pasada e futura que David Souto Alcalde puido ou poida chegar a enfíar. Factoría de lenzos rachados durante a súa composición, Vertixe da choiva reinventa a súa maquinaria para non morrer de sede e de fame nestes tempos de tanto lume e de tanto sol. |
|