Novo, Isidro:
De ascendencia
mariñá, Isidro Novo é un lugués que agás pequenos parénteses sempre residiu na
súa cidade de nacemento. O seu balbucir na escrita é no idioma castelán, pero
cando toma conciencia da propia identidade, o galego convértese na súa única
lingua voluntaria. Teaza de brétema,
publicado na colección O Barco de Vapor no 94, sería o seu primeiro libro
individual. Seguiríalle o wéstern Por
unha presa de machacantes, a continuación Carne de Can, un feixe de oito relatos, e o libro de poemas Dende unha nada núa.
No 99 sae á rúa Antollos de Eimarmena, de narrativa
curta, e logo de catro anos sen publicar, aparecerían, consecutivamente, as
novelas: Súa de si, Rosa lenta e Un escuro rumor tralo silencio. No ano 2007 ve a luz un libro de
poemas da súa autoría titulado Esteiro de
noites falecidas e en 2009 sairía publicada a súa tradución ao galego da
novela de Benito Vicetto Los Hidalgos de
Monforte. As súas últimas obras publicadas son o libro de relatos Cabalos do demo e outros invertebrados
(2010) e o de viaxes literarias O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar (2010).
En tempos fixo
radio (Gomorritas e novas criaturas)
na pirata Radio Clavi, ademais de publicar dúas guías orientativas para libar
viño artesanal na súa cidade (Guía do
bebercio lugués 92 e 95).
Ultimamente e co total apoio da AELG impulsou a sección de recuperación do
idioma Palabras con memoria,visíbel na web da devandita asociación.
Dende hai anos publica artigos no xornal GALICIA HOXE.
|
Listado de obras:
Actualmente no está disponible ninguna publicación del autor seleccionado. Disculpe las molestias.