Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

Peregrinos a Compostela. Guía de camiñantes doutrora


Autor:      Lucía Seoane
31/05/2012


X .Eduardo
López Pereira,catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña, autor
de numerosos libros e traballos arredor de textos latinos tardíos e medievais é
o encargado da edición e tradución ao galego do libro V do Códice Calixtino –unha
obra de aínda recente actualidade xornalística por motivos ben pouco felices–, universalmente
coñecida como Guía do peregrino. Nunha moi coidadae rigorosa
introdución, López Pereira explica, con cualidade científica mais tamén con
prosa doada e de agradable lectura, todo o referido á historia, a autoría, o contexto
xacobeo… no que xorde a obra. Así mesmo coñecemos noticias acerca da relación
do volume que comentamos con esoutras guías de caminantes e peregrinos a
Compostela e aínda a propia textura do camiño e daqueles que o percorreron. En
fin, unha análise das edicións e traducións ralizadas até a data vén complementar
este, como dixemos, excelente limiar. Vilas,igrexas,hospitais… doutrora –moitos
aínda, e felizmente,en pé na actualidade–,así como unha descrición da cidade de
Santiago, cunha completa descrición da propia cidade, das súas murallas e
portas, da catedral... pero tamén das xentes que a habitaban,aqueles mercaderes,
zapateiros, curdidores, veleiros, cordeiros... a ofreceren “mochilas de pel de
cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas mediciais” veñen desfilar ao longo
das páxinas dun texto clásico entre os clásicos, unha sorte de reportaxe magnífica
que desafía o paso do tempo. Sen dúbida, estamos diante dun volume senlleiro que
non debe faltar nunca nos andeis das nosas bibliotecas. agora tamén en “romanzo
galego.”

Faro da Cultura, p. VI.