Os Castros de Neixón II
Os Castros de Neixón II
Autor: Xurxo M. Ayán Vila (Coord.)
--
16,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00042 ISBN : 84-96673-64-9 Nome do producto: Os Castros de Neixón II Autor: Xurxo M. Ayán Vila (Coord.) Lingua: Galego Descripción: -- Prezo (PVP) €: 16,00 € ive enga. Ficha: (140x215 mm) Este segundo libro colectivo sobre os Castros de Neixón recolle sistematicamente os resultados da investigación interdisciplinar levada a cabo nas campañas de traballo de 2005 e 2006 en dito castro, abranguendo as aportacións dun total de dezaseis investigadores de diferentes disciplinas: arqueólogos, xeomorfólogos, malacólogos, antracólogos, historiadores medievalistas, historiadores modernistas, debuxantes, especialistas en paleometalurxia, investigadores en Historia Antiga, etc. Esta realidade debeuse de xeito sobranceiro á estreita colaboración entre o Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XuGa), a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e a corporación municipal do concello de Boiro. O libro constitúe un novo paso na tarefa de difusión e comunicación social do traballo realizado no castro, e constitúe unha materialización do enfoque asumido polo equipo de traballo sobre o que é e debe ser a Arqueoloxía, unha práctica social no presente que debe contribuír a formar o espíritu crítico da cidadanía e transformar a realidade. |
|