No retrato dos alustros
No retrato dos alustros
Autor: Araúxo, Emilio
228 páx. 210x130mm
16,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00648 ISBN : 978-84-948341-1-0 Nome do producto: No retrato dos alustros Autor: Araúxo, Emilio Lingua: Galego Descripción: 228 páx. 210x130mm Prezo (PVP) €: 16,00 € ive enga. Ficha: Un libro para viaxar unha miga na orella de nube de palabra felo. E dous eixes de mundo, dous entroidos, o de Lumeares e o de Parada do Sil, que renacendo veñen marcar a luz do ceo como preceptos de pensamento. Lumeares na precisión rugosa da noción de madama, viaxe nas trasgadas da palabra felo, da palabra irrio, da palabra irria, felos, irrios, madamas, buscando un pregue inédito na melancolía do olvido. Noutro renacemento de ruralidade, os anxeos de Parada do Sil, os anxeos de Parada do Sil, coma unha cuadrilla de heresiarcas na porfía poética de enumerar as ameazas. Escribindo no aire esbaxoado as frases da revisitación e das despedidas, e a rente do chao, co ruído descritivo da motoserra mordendo nas canelas, dándolle voz ós versos de Philippe Beck, cando se fala dunha árbore que segue de pé, estase a falar dunha árbore preasasinada, as follas son linguas que aínda non empezaron a falar. E tantas pedras aínda impensadas. |
|