Bótame deste mar fóra
Bótame deste mar fóra
Autor: Losada, X. Ricardo
245 páx. 200x130mm
16,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00630 ISBN : 978-84-946837-4-9 Nome do producto: Bótame deste mar fóra Autor: Losada, X. Ricardo Lingua: Galego Descripción: 245 páx. 200x130mm Prezo (PVP) €: 16,00 € ive enga. Ficha: Tras unha longa crise existencial, o catedrático Alberte Hevia chega ao instituto Félix Muriel de Rianxo. Escapa dunha cidade burguesa e previsible como a Coruña, que durante vinte anos lle deu todo o que lle pediu, coa intención de cambiar a súa forma de mirar e sentir o mundo, e integrarse niso que algúns chaman as clases baixas. Non tarda en namorar de Helena, unha rianxeira de fortes raíces mariñeiras, que leva unha vida aparentemente anódina, pero que lle fará vivir en primeira persoa esas experiencias que tanto lle gustaba ler nas novelas de Philip Roth ou Michel Houllebecq: hermafroditismo, violentos complexos de Edipo, incesto, mulleres fatais, fetichismo, crenzas animistas, necrofilia, intentos de asasinato, simbólicos e reais. Alberte intenta enfrontarse a ese mundo cos recursos intelectuais que dominaron a súa vida, e axiña se decata de que son estériles. No xardín artificial das súas palabras intelectualizadas nunca brotará unha flor mística e silenciosa como Helena. |
|