Domingo de resurrección
Domingo de resurrección
Autor: Cabeza Quiles, Fernando
--
8,50 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00328 ISBN : 84-96259-66-8 Nome do producto: Domingo de resurrección Autor: Cabeza Quiles, Fernando Lingua: Galego Descripción: -- Prezo (PVP) €: 8,50 € ive enga. Ficha: 130 páx.(150x210 mm.) É este un libro de relatos que conforman unha agradable e apetecible proposta literaria na que o seu autor amosa enxeño, amenidade, axilidade narrativa e un bo manexo dos recursos expresivos, feito todo sobre o soporte da oralidade, esforzándose o autor en lograr a maior claridade expositiva posible, a base de tirar moitos intentos ao cesto dos papeis, pois Cabeza Quiles foxe adrede, con verdadeira vontade de estilo, de toda literatura artificiosa, chea de tecnicismos sobexos e citas e aforismos memorables usadas antes por outros nunha rolda interminable. Ao contrario, Cabeza Quiles aposta por unha literatura espida e espontánea na que prima unha prosa breve, limpa e directa chea de humor, que conta historias reais adozadas con elementos marabillosos e fantásticos (velaí a pegada do mestre Cunqueiro). |
|