As palabras dun pastor, MANUEL LORENZO ARGIBAY
As palabras dun pastor, MANUEL LORENZO ARGIBAY
Autor: Gulías Lamas, Xesús Antonio
285 páx. 150x210mm
18,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00646 ISBN : 978-84-947719-9-6 Nome do producto: As palabras dun pastor, MANUEL LORENZO ARGIBAY Autor: Gulías Lamas, Xesús Antonio Lingua: Galego Descripción: 285 páx. 150x210mm Prezo (PVP) €: 18,00 € ive enga. Ficha: "Que fermosos son sobre os montes os pés do mensaxeiro que anuncia a paz; que trae boas novas e que anuncia a salvación". Este é a mensaxe que trae Manolo nos seus Diarios: o anuncio da Paz que trouxo Cristo cando se encarnou en María e naceu en Belén; cando foi anunciando a Boa Nova do Evanxeo polos camiños, polos montes, polas cidades da Terra Prometida; cando entrou en Xerusalén O Domingo de Ramos; cando coa cruz ó lombo, suviu ata ós cumios do Calvario e cos brazos estendidos abrazou a toda a humanidade para presentarlla ó Pai, libre de pecado; cando se despediu dos seus discípulos e lles mandou predicar o Evanxeo a toda criatura; cando lles enviou o Espírito Santo para que puideeran ser as súas testemuñas ata ós confíns da terra. "Non hai outra pretensión que non sexa presentar a Cristo, e este crucificado", xa que é a Cruz, o signo máis claro e máis evidente da Redención que obrou Cristo e na que todos nós, temos a obriga da participar. |
|