A MORTE DO REI ARTUR
A MORTE DO REI ARTUR
Autor: Anónimo
Tradución de Olalla García
14,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00436 ISBN : 978-84-92792-64-1 Nome do producto: A MORTE DO REI ARTUR Autor: Anónimo Lingua: Galego Descripción: Tradución de Olalla García Prezo (PVP) €: 14,00 € ive enga. Ficha: 14x21 202 páxinas Rematada cara ao ano 1230 e de autor descoñecido, A morte do rei Artur constitúe a derradeira das tres narracións que forman a triloxía do Lancelot en prose e pon fin ao extenso ciclo en prosa dedicado ás fazañas dos compañeiros da Mesa Redonda, o coñecido ciclo da Vulgata artúrica. Nesta obra nárrase o crepúsculo da gloriosa “era artúrica”. Os principais protagonistas aparecen xa entrados na vellez e botando en falta o esplendor perdido das épocas anteriores. A envexa que Agravaín sente por Lanzarote lévao a desvelar ao rei os amores adúlteros do afamado cabaleiro coa raíña. Este feito desencadea unha serie de enfrontamentos que culminan na sanguenta batalla da chaira de Salisbury, que marca o fin do reino artúrico coa desaparición de todos os seus cabaleiros. Lanzarote e Xenebra pasan os seus últimos días separados, Mordret e Artur mátanse mutuamente, morren os heroes e os poucos que sobreviven refúxianse en mosteiros. |
|