Urbanismo Medieval Galego. A fundación das Pontes

Urbanismo Medieval Galego. A fundación das Pontes


Autor:   Candelas Colodrón, César

--


11,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Trivium

Ver productos de Trivium
Trivium

Historia medieval

   Código:

  00080

   ISBN :

  978-84-96673-22-9

   Nome do producto:

  Urbanismo Medieval Galego. A fundación das Pontes

  Autor:

  Candelas Colodrón, César
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  --

  Prezo (PVP) €:

11,00 €    ive enga.

  Ficha:

128 páx.(150x210 mm.)

No século XIII a Coroa de León e Galicia deseñou un plan para organizar as terras do noroeste de Galicia. Dentro do plan, a principios dese século serían fundadas as vilas de Coruña e Betanzos, ás que de seguido se foron sumando pola costa Pontedeume, Ferrol, Cedeira, Neda, Ortigueira… Polo interior apareceu Vilalba, que abriría o camiño ao Leste a través de Mondoñedo e da milenaria Lugo. Nese camiño existía de vello un paso de montaña que cruzaba o curso medio do río Eume por un vado, apoiado por poldras ou pontillóns e posiblemente tamén por algún pontón de madeira, un paso coñecido de antigo co nome das Pontes d’Ume. No seu plan de reorganización territorial a coroa estimou que aquel punto e momento eran os axeitados para construír unha gran ponte de pedra que asegurara en calquera circunstancia o movemento de xentes e mercadurías, é dicir, o desenvolvemento da zona. Para garantir a construción e mantemento da ponte, e para seguridade e comodidade dos viaxeiros e merchadores, decidiuse a creación dunha vila ao pé mesmo da nova ponte, vila que sería bautizada As Pontes, como o vello lugar onde naceu