Un conto enleado
Un conto enleado
Autor: Díaz Díaz, Xosé
Tradución de Xosé Díaz Díaz
16,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00634 ISBN : 978-84-946837-8-7 Nome do producto: Un conto enleado Autor: Díaz Díaz, Xosé Lingua: Galego Descripción: Tradución de Xosé Díaz Díaz Prezo (PVP) €: 16,00 € ive enga. Ficha: Charles Lutwidge Dogson quedou na historia polo seu seudónimo literario, Lewis Carroll, co que creou a célebre personaxe de Alicia. Pero alén disto, tamén deixou unha ducia de obras de contido matemático entre tratados xeométricos, alxébricos e de lóxica simbólica. Nesta parte da súa produción atopamos o enredo Un conto enleado, que agora sae ao galego. Neste libro exponse con claridade este Carroll matemático do que falamos. No seu día, o texto foi publicado por entregas na revista "The Monthly Packet" coa pretensión de que as lectoras e lectores resolveran os problemas matemáticos que se formulan ao fío da trama e llos enviaran de volta á redacción da revista. O libro, daquela, preséntase como desafío á pericia aritmética do público lector sen que isto lle reste interese nin amenidade. De feito, nos dez capítulos que o conforman, Carroll desprega toda a súa capacidade humorística e fabuladora nas personaxes e situacións que moi logo nos lembran as súas creacións literarias máis senlleiras. Completa o libro o solucionario orixinal dado polo propio Carroll, así cmo as súas reflexións e comentarios sobre as achegas dos lectores aos problemas. |
|