Autores - Editorial Toxosoutos.com.

Novo, Olga:

Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, Lugo, 1975) é poeta, ensaísta e tradutora. Como poeta, deuse a coñecer precozmente cos poemarios A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) e A cousa vermella (2004), pero publicou decenas de poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas e xornais. Ten en curso de publicación o poemario Cráter.

Como ensaísta publicou os libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1995), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999) e Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005). Participou con estudos en congresos e revistas, centrándose sobre todo en propostas radicais conectadas co surrealismo e co erotismo (André Breton, Eugenio Granell, Sergio Lima, Léo Ferré, Fernando Pessoa).

Pertence aos consellos de redacción das revistasUnión libre e Moenia e formou parte dos comités de Ólisbos, Animal e Valdeleite. Traduciu, desde o galego, El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, de Carmen Blanco, e, desde o francés, Vidas imaginarias, de Marcel Schwob. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora numeraria de IES en Galicia e lectora da Universidade da Alta Bretaña en Rennes. Actualmente é profesora da Universidade de Bretaña Sur en Lorient.

Listado de obras:

Ver os detalles de:  Cráter Cráter

PREMIO DA CRÍTICA 2011

14,00 €

Ver os detalles de:  Diario Vol. I (1801-1805) Diario Vol. I (1801-1805)

130x210. 237 pax.

16,00 €

Ver os detalles de:  Erótica Medieval Galaica Erótica Medieval Galaica

XII PREMIO DE HISTORIA MEDIEVAL DE GALIZA E PORTUGAL

13,00 €