Queres publicar? - Editorial Toxosoutos.com
PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS
Enviarase xunto coa proposta editorial unha ficha na que figuren os datos seguintes: NOME E APELIDOS, D.I., ENDEREZO POSTAL E OBRA XA PUBLICADA (se é o caso).
Criterios lingüísticos e normativos:
A lingua empregada haberá de axeitarse ás Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego publicadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 2003
Nos casos de dualidade, a Editorial resérvase o dereito de utilizar como opcións as que se acorden co autor/coa autora.
Criterios de presentación e estrutura para os traballos de ensaio (aplicables tamén para os traballos presentados ao Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal):
1.- Introdución
2.- Corpo do traballo
3.- Transcrición de documentos (se é o caso)
4.- Bibliografía (ao final do traballo):
Modelo de cita:
VILA, Suso (2010), A casa de Soutomaior (1147-1532), Noia, Toxosoutos.
Nas notas ao rodapé reproducirase completa a referencia na primeira cita, e abreviada as restantes. Así, segundo o modelo proposto, a cita abreviada sería: Vila, Soutomaior.
5.- Índice onomástico
6.- Índice toponímico
Formatos
O texto remitirase en word e evitarase todo formato que dificulte a súa maquetación. As imaxes serán enviadas noutro documento indicando o capítulo onde deben incluirse.
Se desexas publicar con Editorial Toxosouto podes premer na seguinte ligazón para acceder ó formulario de contacto.
Non esqueza indicar todo os detalles da obra que desexa publicar no campo "Asunto" .
Tamén pode enviar a sua obra nun arquivo en formato dixital (DOC, PDF, RTF) ó seguinte enderezo de correo: