Premios e convocatorias - Editorial Toxosoutos.com
PREMIO DE HISTORIA MEDIEVAL DE GALIZA E PORTUGAL 2014:
Ver "Acta do Premio" convocatoria 2014
HISTORIA E TRAXECTORIA DO PREMIO:
Introdución
A Editorial Toxosoutos e a Fundación Comarcal Noia convocan dende o ano 2001 o Premio de Historia Medieval de Galicia ao que, no ano 2008 sumouse a participación da Fundación Comarcal Muros e a inclusión de traballos de historia non só antinxidos a Galicia, senón tamén a Portugal. A inclusión desta nova fundación permitiu incrementar a dotación económica do premio, concedendo ao autor da obra gañadora do primeiro premio 4000 €, e ao autor da obra situada en segundo lugar, coa consideración de finalista, de 1200 €. Desaparecida dita institución, na actualidade existe un convenio de colaboración con cada un dos concellos: Noia, Outes, Porto do Son, Lousame, Carnota e Muros.
Traxectoria do Premio
O certame xurdiu para promocionar e divulgar estudos e traballos de investigación histórica centrados na Idade Media galega, unha época particularmente complexa polas circunstancias e avatares vividos nese período de tipo social, político, relixioso, xenealóxico…
Tempo histórico este que, segundo os especialistas, precisa de novas fontes orixinais, de novos enfoques metodolóxicos e tratamento de asuntos dende perspectivas que abran novas vías de investigación para seguir indagando e vertebrando o cúmulo de acontecementos que se sucederon nese período. Ano tras ano foi aumentando o número de orixinais recibidos, salientando a importancia que este premio adquiriu entre os historiadores que, a día de hoxe, o sitúan como referente, xa que á maioría deles ofréceselles a posibilidade de que os seus esforzos como investigadores se vexan recompensados cunha dotación económica e coa publicación dos seus traballos dentro da Serie Trivium da Editorial Toxosoutos; considerada, por calidade e volume de títulos, como a colección de maior prestixio en cuestións referidas á historia medieval de Galiza e Portugal dentro do territorio galego.
Os membros do xurado
O xurado deste Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal estivo formado dende os seus inicios polo doutor e profesor de Historia Medieval da USC, Carlos Barros, en calidade de presidente, e polos vogais seguintes con dereito a voto: o doutor en Filoloxía Galega e profesor na USC Henrique Monteagudo Romero; o doutor en Historia e
profesor na Universidade de Lisboa, Carvalho Homen (substituído na edición de 2008 polo doutor e profesor na Universidade de Porto, Luís Miguel Duarte), o doutor en Historia e profesor de Ensino Secundario Xerardo Agrafoxo Pérez, e o profesor de Xeografía Pedro García Vidal. Eles foron os responsables de nomear ao gañador e ao finalista da totalidade das edicións celebradas, así como de recomendar á Editorial Toxosoutos a publicación doutros traballos que, a pesar de non recibir o galardón, obtiveron unha mención especial polo seu interese histórico, académico e pola súa pretensión divulgativa.
Na presente convocatoria, o xurado segue composto polos vogais citados e incorpórase como presidente Henrique Monteagudo. Ademais, introdúcese como novidade a incorporación ao xurado o gañador e/ou finalista da convocatoria precedente coa fin de outorgar maior dinamismo ao certame.
Traballos premiados e publicacións
En total foron dezaoito as obras distinguidas co primeiro e segundo galardón do Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal; no caso do segundo galardón, no ano 2005, o xurado declarou deserto o premio.
2001
I PREMIO: María del Pilar Paredes, Mentalidade nobiliaria e nobreza galega
2002
I PREMIO: Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)
II PREMIO: César Candelas Colodrón, O Cronicón de Hidacio, bispo de Chaves
2003
I PREMIO: Francisco Correas Arias, Fernán Pérez de Andrade, o Bóo
2004
I PREMIO: Álvaro Rodríguez Resino, Do imperio romano á alta idade media. Arqueoloxía da tardoantigüidade
II PREMIO: Cristina Almeida e Cunha, A chancelaria arquiepiscopal de Braga (1071-1244)
2005
I PREMIO: Renan Frighetto, Valério do Bierzo. Autobiografía
2006
I PREMIO: Tania Galán Gómez, Xénese do espazo urbano en Galicia
II PREMIO: César Candelas Colodrón, Urbanismo Medieval Galego. A fundación das Pontes
2007
I PREMIO: André Evangelista Marques, O Casal: Uma unidade de orgaizaçao social de espaço no Entre-Douro-e-Lima
II PREMIO: Ernesto Iglesias Almeida, O antigo bispado de Tui en Portugal
2008
I PREMIO: Francisco Correa Arias, A casa de Andrade. 1160-1540
II PREMIO: Suso Vila Pérez, A cidade medieval de Tui
2009
I PREMIO: Suso Vila Pérez, A casa de Soutomaior (1147-1532)
II PREMIO: Ernesto Iglesias Almeida, As moedas medievais galegas
2010
I PREMIO: Marcos Fernández Ferreiro, Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica
II PREMIO: Andreia Catarina Magalhaes Arezes, Elementos de adorno altimediévicos em Portugal
2011
ÚNICO PREMIO
Antonio Rey Somoza, A nobreza medieval na lírca galego-portuguesa
2012
ÚNICO PREMIO
Olga Novo, Leda m´ and´ eu. Poética erótica medieval galaica: á procura da nosa intrahistoria
2013
ÚNICO PREMIO
Xosé Antonio López Teixeira, Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega
2014
Convocatoria declarada "deserta" por unanimidade do xurado por non responder ningunha das obras presentadas ás características do premio.