Premios e convocatorias - Editorial Toxosoutos.com

 

PREMIO DE HISTORIA MEDIEVAL DE GALIZA E PORTUGAL 2014:

 
PREMIO FALLADO O 16 DE DECEMBRO DE 2014
NO CONCELLO DE OUTES
 
O xurado do Premo Galicia MEdieval correspondente á convocatoria de 2014, composto por Ana l Boullón Agrelo - Xerardo Agrafoxo - Pedro García - X. Antonio López Teixeira, reunido en Outes a 16 de Decembro de 2014, despois de examinar as dúas obras que se presentaron, decidiu por unanimidade:
 
DECLARAR DESERTA A CONVOCATORIA DE 2014
 
 

Ver "Acta do Premio" convocatoria 2014

 
 
 
(EXPOÑERANSE NESTA WEB AS BASES DA VINDEIRA CONVOCATORIA AO LONGO DO 2015)
 
 
 

HISTORIA E TRAXECTORIA DO PREMIO:

Introdución

A Editorial Toxosoutos e a Fundación Comarcal Noia convocan dende o ano 2001 o Premio de Historia Medieval de Galicia ao que, no ano 2008 sumouse a participación da Fundación Comarcal Muros e a inclusión de traballos de historia non só antinxidos a Galicia, senón tamén a  Portugal. A inclusión desta nova fundación permitiu incrementar a dotación económica do premio, concedendo ao autor da obra gañadora do primeiro premio 4000 €, e ao autor da obra situada en segundo lugar, coa consideración de finalista, de 1200 €. Desaparecida dita institución, na actualidade existe un convenio de colaboración con cada un dos concellos: Noia, Outes, Porto do Son, Lousame, Carnota e Muros.

Traxectoria do Premio

O certame xurdiu para promocionar e divulgar estudos e traballos de investigación histórica centrados na Idade Media galega, unha época particularmente complexa polas circunstancias e avatares vividos nese período de tipo social, político, relixioso, xenealóxico…

Tempo histórico este que, segundo os especialistas, precisa de novas fontes orixinais, de novos enfoques metodolóxicos e tratamento de asuntos dende perspectivas que abran novas vías de investigación para seguir indagando e vertebrando o cúmulo de acontecementos que se sucederon nese período. Ano tras ano foi aumentando o número de orixinais recibidos, salientando a importancia que este premio adquiriu entre os historiadores que, a día de hoxe, o sitúan como referente, xa que á maioría deles ofréceselles a posibilidade de que os seus esforzos como investigadores se vexan recompensados cunha dotación económica e coa publicación dos seus traballos dentro da Serie Trivium da Editorial Toxosoutos; considerada, por calidade e volume de títulos, como a colección de maior prestixio en cuestións referidas á historia medieval de Galiza e Portugal dentro do territorio galego.

Os membros do xurado

O xurado deste Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal estivo formado dende os seus inicios polo doutor e profesor de Historia Medieval da USC, Carlos Barros, en calidade de presidente, e polos vogais seguintes con dereito a voto: o doutor en Filoloxía Galega e profesor na USC Henrique Monteagudo Romero; o doutor en Historia e

profesor na Universidade de Lisboa, Carvalho Homen (substituído na edición de 2008 polo doutor e profesor na Universidade de Porto, Luís Miguel Duarte), o doutor en Historia e profesor de Ensino Secundario Xerardo Agrafoxo Pérez, e o profesor de Xeografía Pedro García Vidal. Eles foron os responsables de nomear ao gañador e ao finalista da totalidade das edicións celebradas, así como de recomendar á Editorial Toxosoutos a publicación doutros traballos que, a pesar de non recibir o galardón, obtiveron unha mención especial polo seu interese histórico, académico e pola súa pretensión divulgativa.

Na presente convocatoria, o xurado segue composto polos vogais citados e incorpórase como presidente Henrique Monteagudo. Ademais, introdúcese como novidade a incorporación ao xurado o gañador e/ou finalista da convocatoria precedente coa fin de outorgar maior dinamismo ao certame.

Traballos premiados e publicacións

En total foron dezaoito as obras distinguidas co primeiro e segundo galardón do Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal; no caso do segundo galardón, no ano 2005, o xurado declarou deserto o premio.

2001

I PREMIO: María del Pilar Paredes, Mentalidade nobiliaria e nobreza galega

2002

I PREMIO: Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)

II PREMIO: César Candelas Colodrón, O Cronicón de Hidacio, bispo de Chaves

2003

I PREMIO: Francisco Correas Arias, Fernán Pérez de Andrade, o Bóo

2004

I PREMIO: Álvaro Rodríguez Resino, Do imperio romano á alta idade media. Arqueoloxía da tardoantigüidade

II PREMIO: Cristina Almeida e Cunha, A chancelaria arquiepiscopal de Braga (1071-1244)

2005

I PREMIO: Renan Frighetto, Valério do Bierzo. Autobiografía

2006

I PREMIO: Tania Galán Gómez, Xénese do espazo urbano en Galicia

II PREMIO: César Candelas Colodrón, Urbanismo Medieval Galego. A fundación das Pontes

2007

I PREMIO: André Evangelista Marques, O Casal: Uma unidade de orgaizaçao social de espaço no Entre-Douro-e-Lima

II PREMIO: Ernesto Iglesias Almeida, O antigo bispado de Tui en Portugal

2008

I PREMIO: Francisco Correa Arias, A casa de Andrade. 1160-1540

II PREMIO: Suso Vila Pérez, A cidade medieval de Tui

2009

I PREMIO: Suso Vila Pérez, A casa de Soutomaior (1147-1532)

II PREMIO: Ernesto Iglesias Almeida, As moedas medievais galegas

2010

I PREMIO: Marcos Fernández Ferreiro, Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica

II PREMIO:  Andreia Catarina Magalhaes Arezes, Elementos de adorno altimediévicos em Portugal

2011

ÚNICO PREMIO

Antonio Rey Somoza, A nobreza medieval na lírca galego-portuguesa

2012

ÚNICO PREMIO

Olga Novo, Leda m´ and´ eu. Poética erótica medieval galaica: á procura da nosa intrahistoria

2013

ÚNICO PREMIO

Xosé Antonio López Teixeira, Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega

2014

Convocatoria declarada "deserta" por unanimidade do xurado por non responder ningunha das obras presentadas ás características do premio.