| 
									
										
										  
											| Listado de novas:
 
 
                                                                            
                                                                            
																																						                                                                            
																				
																					
																						| 
																								
																									|   
																										Contos e descontos Autor:       Ruth Fernández
 17/08/2011
 |  
																									| 
 [...]    
    
    
    
 
                RUTH FERNÁNDEZ                
        O pasado 7 de agosto o investigador lugués Claudio 
Rodríguez Fer presentou na Feira do Libro da Coruña o volume titulado 
Contos e descontos, unha obra que reúne a súa narrativa completa, 
composta de dous libros publicados con anterioridade (Meta-relatos, 
escrito entre 1976 e 1983 e Os paraísos eróticos, este último escrito durante a súa estadía en Nova York, Bretaña, París e Atenas entre 1984 e 2009), unha obra da mocidade que non fora editada (Prometeo adolescente, con microrrelatos escritos entre os 16 e os 20 anos, entre 1972 e 1976) e un relato inédito escrito recentemente. Máis
 coñecido pola súa faceta de poeta, neste volume presenta para os seus 
seguidores un percorrido dende os relatos escritos na etapa adolescente 
ata textos contemporáneos, máis propios da madurez do autor. Polo que se
 refire á primeira narrativa de C. Rodríguez Fer (presentada nos 
apartados ‘Pre- relatos’, ‘Ciclo de Ión’, ‘Entre a pavura e a 
revolución’) hai que sinalar que recibe as influencias de Proust, Kafka,
 Joyce, Faulkner, Poe, Lovecraft, Borges e Cortázar, lecturas daquela 
etapa na vida do autor, pero tamén dá cabida á mitoloxía e ás historias 
vencelladas á Guerra Civil e á posguerra, temas de sumo interese para o 
poeta, involucrado de cheo na recuperación da memoria histórica, e máis 
aínda ao ser fillo dun home represaliado. Esto vémolo especialmente no 
libro titulado O neno que non quería ir á guerra de carácter inédito, que pecha o volume. Meta- relatos
 divídese en tres series: ‘Logaritmos’, ‘Fábula fauna’ e ‘Flérida 
floresta’, converténdose nunha obra de reflexión sobre a propia 
narración e o universo da ficción. Do mesmo xeito, Os paraísos eróticos
 conta con tres seccións: ‘Belas e bestas’, ‘Entregas’ e ‘Tres’. Se 
tivera que elixir un relato dentro da narrativa que se recolle en Contos e descontos, este sería o que abre precisamente Os paraísos eróticos,
 tratando un tema arquicoñecido na literatura e no cine: a historia dos 
lobishome, pero neste caso coa diferenza de que a a figura que se 
encarna nunha loba é unha muller, ademais chamada Ruth. Refírome ao titulado ‘A muller loba’. O
 volume péchase co texto O neno que non quería ir á guerra (Recordos dun
 neno da poesguerra), que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A vaca
 con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo, pero 
non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis poeta 
que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita de 
relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle ofrece
 a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na narrativa 
presentada en Contos e descontos débese, pois, a ese desexo do 
autor, polo que no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis 
ciclos de contos que, coma os poemarios, presenten a temática do 
erotismo insubmiso, da memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán 
microcontos vitalistas que obrigarán a ampliar a compilación de textos 
xa presentada., que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A 
vaca con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo, 
pero non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis 
poeta que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita
 de relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle 
ofrece a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na 
narrativa presentada en  débese, pois, a ese desexo do autor, polo que 
no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis ciclos de contos 
que, coma os poemarios, presenten a temática do erotismo insubmiso, da 
memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán microcontos vitalistas 
que obrigarán a ampliar a compilación de textos xa presentada. |  
																									| Ler máis... |  |  
																				
																					
																						| 
																								
																									|   
																										Rodríguez Fer: "Seremos universais se non renunciamos a ser galegos"Autor:       Xornal de Galicia
 11/08/2011
 |  
																									| 
 [...]Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) vén de reunir en Toxosoutos a súa narrativa completa no volume Contos e descontos.
 Hai uns días presentou este libro na Feira do Libro da Coruña. 
Recoñecido poeta e brillante investigador, Rodríguez Fer tamén cultivou a
 narrativa dende a máis pura adolescencia. Non é un home de amplas 
novelas e longas historias. Iso non é o que pretende acadar cando se 
enfronta á páxina en branco. "Na vida busco intensidade", admite. Iso 
está na poesía e na narrativa breve, neses relatos nos que só se pode 
ler a súa esencia, sen adornos barrocos nin grandes parágrafos. En Contos e descontos,
 reúnese toda a obra narrativa que publicou até o momento. Dende a 
primeira páxina até a última, atópase a intensidade que Rodríguez Fer 
busca tanto na vida como na literatura.   Vostede é principalmente coñecido por ser un reputado poeta e
 un respectado investigador. A súa faceta de narrador quedou demasiado 
eclipsada?  Cualitativamente son a mesma persoa e o mesmo autor cando escribo 
ensaio, narrativa ou poesía. Non creo moito na distinción de xéneros, 
que no meu caso se encabalgan bastante. Cuantitativamente, non cabe 
dúbida de que publiquei moitos máis libros de poesía e de investigación 
que de narrativa. En realidade, en narrativa só publiquei dous libros: Meta-relatos, nos anos oitenta, e Os paraísos eróticos,
 nos anos 2000. De poesía e de ensaio, pois publiquei ducias. A miña 
obra narrativa é máis reducida, pero comecei a cultivala na 
adolescencia. Por exemplo, para este volume recuperei un libro que 
escribira antes de cumprir vinte anos. Tamén incluín un conto inédito. 
Toda esta narrativa completa inclúe iso: dous libros publicados, unha 
obra adolescente e un conto inédito.   Ese libro adolescente chámase Prometeo adolescente. Como é enfrontarse a un texto tan primario e iniciático coa perspectiva que dá? Foi extraordinariamente sorprendente. Ese libro xa o tiña, en boa 
medida, esquecido. As lembranzas tamén fixeron que o tivese deformado na
 miña memoria. Algúns dos seus contos sorprendíanme porque estaban 
totalmente esquecidos por min. Outros, que podía lembrar máis ou menos, 
sorprendíanme con aspectos formais. Por momentos parecían escritos por 
outra persoa. Hai que ter en conta que son contos escritos entre os 16 e
 os 20 anos. Unha cousa que tamén me sorprendeu é que de min sempre 
dixeron que cultivei o microrrelato dende os anos oitenta. É un 
subxénero no que sempre me sentín cómodo pola súa proximidade á prosa 
poética. Pero a realidade, recuperando este libro adolescente, é que xa 
escribía microrrelato moito antes. Por exemplo, os primeiros relatos que
 aparecen no libro son Un can para a creación dun mundo ou Inciso do Che Guevara e
 son relatos de menos dunha páxina. Son relatos verdadeiramente moi 
breves. Logo hai outros textos máis extensos que forman o que chamei Ciclo de Ión,
 que ten como protagonista un ente astral chamado Ión, que é unha 
personaxe mitolóxica. Son relatos máis extensos que buscan crear 
universos con compoñentes fantásticos e con clara influencia dos contos 
de Poe, Lovecraft, Borges e Cortázar, que lía por aquela época. 
Finalmente, hai outros contos referidos á Guerra Civil, a posguerra e a 
transición que escribín nos tempos nos que fun estudar a Santiago, entre
 os 18 e 20 anos.  Son contos máis de mozo, dun mozo que tiña ideas 
revolucionarias absolutamente antifascistas e que tiña un espírito 
libertario.   A memoria histórica é un elemento destacado dentro da súa 
obra. É un asunto moi presente na literatura galega e que se tratou de 
moitas formas. É un tema que hai que seguir tratando pero, se cadra, 
dende outras perspectivas? Para min a memoria histórica foi sempre memoria viva, xa que son 
fillo de pai represaliado e movinme sempre nese ámbito. Eu non cheguei á
 memoria histórica dende o partidismo político nin tomei unha decisión 
literaria para tratar ese tema. Non foi que eu elixise o tema da Guerra 
Civil como campo de investigación ou como musa literaria. Realmente a 
Guerra Civil escolleume a min, porque son fillo dun represaliado e 
crieime en tempos da ditadura franquista. Non podía ser alleo a esa 
preocupación. Neste libro rescato, como xa dixen, relatos da miña 
adolescencia que demostran o meu interese por este tema. Para min a 
memoria histórica nunca foi unha moda, foi un modo e un tema que forma 
parte de min, de Galicia e de todos os países que padeceron o fascismo. É
 un tema que se tratará toda a vida como se trata, por exemplo, a II 
Guerra Mundial.  Forma parte da nosa historia e do noso ADN. O espírito libertario é unha actitude que debemos recuperar nestes tempos de crise nos que caen paus por todas partes?  O fundamental é non perder nunca o espírito de loita nin perder a 
esperanza, porque nunca choveu que non escampase. Aquí hai unha crise 
económica verdadeiramente pavorosa que está a ser utilizada contra a 
cidadanía de forma demagóxica. Esa crise non é peor, nin moito menos, 
que o fascismo ou que a Segunda Guerra Mundial. Saíuse daquilo e disto 
tamén sairemos. Hai que partir desa base e hai que idear novas 
estratexias; hai que ter novas tácticas para os problemas novos. Do 
mesmo xeito que loitamos contra o fascismo político, hai que loitar 
contra o fascismo económico. O que vivimos é outra forma de fascismo 
que, por fortuna, non usa os mesmos mecanismos violentos dende o punto 
de vista xenocida, pero que provoca unha submisión bastante semellante. 
Eu creo no xénero humano e creo que a escravitude da Idade Antiga foi 
superada na Idade Media coa servidume. Despois na Idade Moderna, 
superamos a servidume coa explotación capitalista. Tamén iso será 
superado nunha fase de liberación futura. Naturalmente é unha utopía, 
pero a utopía non é máis que unha realidade prefutura. De feito, o tema 
de utopía é un dos temas dun dos meus libros de contos, Meta-relatos. Esa obratrata de deconstruír o discurso dominante, que é o discurso do poder.   Se falamos de Galicia, hai un discurso de poder belixerante 
coa lingua e a cultura do país. Estes días escoitamos, na boca da 
concelleira de Cultura da Coruña, unha frase que, quizais, resume un 
discurso de poder moi claro: hai actividades culturais "demasiado 
galegos". O espírito libertario pódenos valer para superar este 
discurso? Evidentemente hai que superar estes discurso porque é unha forma de 
autoodio racista. Non podemos opoñer o galego ao universal. O universal é
 universal porque inclúe o galego. O galego non nega o universal, porque
 forma parte del. Iso foi unha gran tradición do galeguismo, que foi 
esencialmente universalista. Penso que o mellor do galeguismo foi o 
universalismo, porque o Partido Galeguista vía en Galicia unha célula de
 universalidade. Opoñer unha cousa e outra é mostra de ignorancia. 
Seremos universais se non renunciamos a ser galegos. Do mesmo xeito que 
seremos galegos se non renunciamos a ser universais. Neste volume que 
veño de presentar na Coruña hai todo un libro, Os paraísos eróticos,
 que está escrito fóra de Galicia. Vivín en Nova York e en Bretaña e 
viaxei por outros lugares con estancias de traballo. A maioría dos 
contos dese libro están escritos neses lugares, pero todos están 
escritos en galego. Aínda que eu estea fóra de Galicia, no mundo, estou 
nese mundo como galego. Non podo evitalo. Por que non escribe unha novela longa? Prefire a narrativa breve por estar máis próxima á prosa poética?  Eu o que busco na vida -e tamén na miña obra- é a intensidade. Ese é o
 motivo polo que me dediquei principalmente á poesía, porque a poesía é 
un flash, unha epifanía. Nuns poucos versos pódese dicir todo con moita 
intensidade. A narrativa breve ten iso tamén, permite ser intenso dende o
 principio até o final. Por iso fago microrrelato, que xa o fixen de 
forma inocente e espontánea na adolescencia. Permíteme máis intensidade.
 A novela, por definición, non pode ser máis intensa. Ten que ter partes
 nas que debe decaer a intensidade. Na novela hai que definir momentos 
moi triviais. A novela é un xénero moi interesante ao que non se lle 
pode restar méritos, pero non pode manter a intensidade continuamente. 
Nin sequera os grandes autores poden manter esa intensidade, teñen que 
pararse nos feitos máis triviais e nas descricións máis particulares.  |  
																									| Ler máis... |  |  
																				
																					
																						| 
																								
																									|   
																										Claudio Rodríguez Fer recompila a súa narrativa en «Contos e descontos» Autor:       Xesús Fraga
 07/08/2011
 |  
																									| 
 [...]Aínda que é
 máis coñecido como  poeta, Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) tamén é 
autor dunha obra  narrativa que agora recompila nun único volume, Contos
 e descontos  (Toxosoutos), e que inclúe textos inéditos. Non obstante, o
 escritor,  que presentará hoxe o volume na Feira do Libro da Coruña ás 
20.00 horas,  prefire non facer distincións de xéneros literarios, xa 
que toda a súa  obra, e mesmo a súa vida, está marcada por temas comúns.
 «A vangarda  libertaria, o erotismo insubmiso e a memoria solidaria 
aparecen en todo o  que fixen dende a adolescencia ata hoxe», subliña 
Rodríguez Fer, quen  si engade a presenza do cinema e as súas técnicas 
nos seus relatos.  Outra característica é un gusto pola brevidade, que xa estaba presente nos textos de Meta-rrelatos (1988) e de Os paraísos eróticos (2010), «onde mesmo hai un conto de menos dunha liña», formulación estilística que provén da «procura da intensidade».   Estes dous libros son, ademais, a cerna de Contos e descontos,
  pero o volume conta con máis pezas que nunca foran recompiladas, mesmo
 a  de carácter inaugural. «Aparece por primeira vez a miña primeira 
obra  narrativa, Prometeo adolescente, composta por microrrelatos case autobiográficos», di o autor.   Outros
 textos son o fantástico  Ciclo de Ión e contos sobre a memoria e a 
loita antifascista;  precisamente esa é a liña do relato final, tamén 
inédito, O neno que non  quería ir á guerra, «unha especie de memorias 
dun neno da posguerra  fillo de pai represaliado».  O
 feito de que Contos e descontos  se presente como «narrativa completa» 
non exclúe que Rodríguez Fer peche  esta faceta da súa obra. 
«Ultimamente preferín facer relato en verso,  como ocorre nos meus 
últimos poemarios, Ámote vermella e Unha tempada no  paraíso, porque ao 
mesmo tempo que me interesa contar historias non  quero prescindir da 
intensidade da poesía. E de momento prosigo nesta  liña, aínda que nunca
 se sabe o que se fará, porque non é un quen fai a  súa obra, senón a 
súa obra a un», explica o escritor. |  
																									| Ler máis... |  |  
																				
																					
																						| 
																								
																									|   
																										Toxosoutos presenta esta tarde Contos e descontos, a narrativa completa de Claudio Rodríguez FerAutor:       Xornal de Galicia
 07/08/2011
 |  
																									| 
 A edición número corenta da Feira do Libro da Coruña, que se clausura o 
próximo mércores, entra hoxe na súa recta final con media ducia de 
actividades para todos os públicos. Entre as convocatorias, destaca a 
presentación de Contos e descontos, a narrativa completa de 
Claudio Rodríguez Fer editada por Toxosoutos. Ademais de David González 
Couso, director de publicacións do selo, participará no acto o 
secretario da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Axeitos. Será ás 
20.00 horas no espazo que onte ocupou Mario Regueira asinando exemplares
 do seu Lois Pereiro. Unha persecución (2.0 Editora).
[...] |  
																									| Ler máis... |  |  
																				
																					
																						| 
																								
																									|   
																										El árbol de la memoriaAutor:       Cristina Huete
 04/08/2011
 |  
																									| 
 [...]La galleguidad como un árbol creciendo en la memoria. Afincada en ese 
paraíso perdido -y, por lo tanto, siempre reinventado- de la infancia. 
Carmen Martín Gaite nació salmantina y después se hizo madrileña, pero 
arrastró por el mundo (físico y literario) un pedazo del Ourense 
montañoso y mágico de los años treinta del siglo XX: la Galicia interior
 del tiempo regalado de los primeros veraneos de la vida; la Galicia 
mágica de las leyendas rurales en la casa del médico del pueblo de San 
Lourenzo de Piñor, que era su tío Vicente Gaite. Y la Galicia, o la 
infancia-adolescencia, de los primeros escarceos. 
 Ella metió a Piñor en alguna de sus obras literarias y la localidad 
ourensana ni se inmutó. Hasta que Allariz la reclamó en 2008 con un 
sentido homenaje con la excusa de una abuela alaricana a la que la 
escritora nunca llegó a conocer y la de los almendrados que la familia 
se paraba a comprar en la villa en el viaje de Salamanca a Piñor. "El 
caudal literario me fluye por el Miño, el Arnoia y el Tormes", 
vincularon con esta frase de la escritora en el homenaje alaricano. Y el
 Ayuntamiento de Barbadás estampó después su nombre en una calle de su 
perdido paraíso de Piñor. La conexión alaricana la evidenció entonces el
 escritor ourensano David González Couso, que reivindicó el paisaje 
psicológico de su literatura: su ourensanidad, ese estado mental, ese 
árbol clavado en la memoria cargado de pasado en el que el filólogo ya 
se ha especializado. Couso (Ourense 1978) ha publicado numerosos 
trabajos sobre la literatura de la escritora a la que se aficionó cuando
 a los 14 años se dejó deslumbrar por Caperucita en Manhattan. En Allariz, el filólogo presentó su obra Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite
 que acaba de reeditar ahora en gallego ampliando la versión castellana 
con una recopilación de fotografías e información adicional "que permite
 entender el libro como un routeiro literario por el Piñor y el Ourense de la escritora". En su recuperación de Carmiña,
 Couso tiró de los legajos que fue encontrado y levantó otro árbol de la
 memoria de Martín Gaite: el genealógico. Llegó hasta el bisabuelo 
ourensano, Mariano Lloves, de los Lloves de San Lourenzo de Piñor. Pero 
solo pudo acceder al nombre. Ni fecha de nacimiento ni otra información.
 "Todos los antepasados de Carmen Martín Gaite fueron catedráticos", la 
mayoría de Geografía e Historia, en el instituto ourensano Otero 
Pedrayo. Y todos ellos "personas de gran inquietud intelectual y 
creatividad". En el árbol de la memoria que ha plantado el filólogo, el 
abuelo Javier Gaite (nacido en 1859) tiene el mérito de haber sido el 
primer autor de un libro de texto de Geografía e Historia para el 
instituto de Ourense. "Fue en la época de la reforma educativa, cuando 
el Ministerio cambió los planes de estudio y los catedráticos debían 
escribir los libros de texto". No fue el único intelectual de la 
familia. Antonio Gaite Núñez y su hijo Antonio Gaite Lloves diseñaron, 
también en siglo XIX una pila voltaica con la que pretendían iluminar la
 vieja ciudad de las farolas de gas de As Burgas. El intento fracasó, 
pero ambos, profesores de Física y Química también en el Otero Pedrayo, 
demostraron que no iban desencaminados. La galleguidad de la escritora 
es irrefutable. Sus antepasados de San Lourenzo de Piñor -a los que hay 
que sumar un tío abuelo fundador del Ateneo de la ciudad y director y 
editor del periódico El Orensano- procedían de A Coruña, 
Pontevedra y Ourense. Pero incluso aunque no hubieran sido gallegos, 
Martín Gaite lo habría sido por su cuenta. Le habría bastado con el 
veraneo de la infancia para arrastrarlo por toda su vida y obra. "Pese
 a lo mucho que viajábamos, Galicia fue el Norte de nuestras vidas", 
afirmó en el acto alaricano la hermana de la escritora, Ana María. Y 
acotó: "Quizá fue el alma lo que nunca se movió de aquí". La pequeña 
localidad de Piñor fue el paraíso de Carmen que se volvió Carmiña al 
mismo tiempo que, en palabras de su hermana, "indómita y poco 
melindrosa". "Los Gaite fueron parte importante de la élite cultural de 
la Galicia del XIX" concluye Couso en su libro genealógico tras abordar,
 por primera vez, este aspecto en su conjunto. |  
																									| Ler máis... |  |  
																				
																					
																						| 
																								
																									| 
																										Abelleira Mariñeira incluye la presentación de tres librosAutor:       j. M. Sande
 03/08/2011
 |  
																									| 
 [...]
    La celebración Abelleira Mariñeira, que tendrá 
lugar el sábado en la playa muradana de Ventín, incluye la presentación 
de tres libros de la editorial Toxosoutos. Se trata de las obras 
tituladas Tamén navegar, que será presentada por Francisco X.?F. Naval; Capitán wood y Derrota e singraduras do Joaquín Vieta. De hablar sobre estos dos últimos volúmenes se encargará Lino J. Pazos. El acto de divulgación literaria está fijado 
para las ocho de la tarde del sábado y ha sido bautizado con el nombre 
Faladoiro sobre os libros. La cita incluye otros aspectos interesantes, como 
la posibilidad de efectuar un recorrido por la ría a bordo de una 
embarcación tradicional. Además, se exhibirán diversas naves, entre las que 
figura el Joaquín Vieta y una que está siendo restaurada por la entidad 
encargada de organizar esta celebración. |  
																									| Ler máis... |  |  |  
 
 |