:
A CHUVIA HUMANA
: Armando Requeixo 13/03/2012
|
Agora ben, sendo as dúas anteriores propostas de calidade para as idades e comprensións lectoras que lles acaen, non me cabe dúbida de que a máis acabada das tres publicacións é A chuvia humana, poemario bipartito onde a aforística de condensación epigramática alterna cos versos rememorativos de tempos e lugares idos. Así, en “Arte de chover” Caride Ogando desprega toda a súa inven(c)tiva retranqueira, xogando cos dobres sentidos, ambigüidades, anfiboloxías, oxímoros e outros recursos afíns, que vai salferindo en apotegmas, máximas, sentenzas e adaxios de indubidable poder revelador, nos que o humor e a ironía se fan omnipresentes. Moi outra é a fasquía de “Pegadas e ronseis”, unha ducia de composicións nacidas da lembranza do Ourense da infancia e doutros espazos vencellados á biografía do autor, ben por ter pasado neles un tempo (Valencia) ben por residir neles nalgún momento (Cambados) ou mesmo por terse achegado a estes de visita (Irlanda, O Courel). En conxunto, preside estes versos un ton de íntima confesión, evocador e elexíaco, que tenta atrapar no imposible trueiro do tempo fuxidío instantes felices do pasado que regresan á luz da memoria.
[...]
|
...
|
|
AS RUTAS DE COMPOSTELA
: Dorinda Castro 01/03/2012
|
Toxosoutos vén de publicar As rutas de Compostela, tradución de Sur
les routes de Compostelle après laGrande Guerre (1925),
realizada por Paulo Nogueira Santiago,membro de David Parou Saint Jacques,
fundación europea de investigación sobre as peregrinacións, que colaborou neste
traballo. O orixinal fora asinado por Laurent d’Arce, seguramente lugar de
residencia do anónimo autor,quen fixera a viaxe a Santiago no ano 1919 durante
vinte días como promesa por ter sobrevivido á I Guerra Mundial. En dúascentas
páxinas o autor dános cumprida información dos lugares que visita:monumentos,
rúas, ambiente.. con detalladas descricións,mesmo poéticas ás veces :“o ceo en
Lugo é precioso, ten un ton azul semellante á hortensia acabada de nacer”. Á
súa chegada a Santiago demórase na contemplación da cidade e as descricións tórnanse
vizosas dando lugar a unha cumprida guía da cidade e da catedral. Amaiores, Paulo
Nogueira ofrécenos o contido do inventario da B.N.de Francia,B 8439, e
abundantes notas ao pé de páxina que ilustran a viaxe do misterioso peregrino.
FARO DA CULTURA 23 FEBREIRO PÁX. VI
[...]
|
...
|
|
Sobre A cidade na poesía galega
: Miro Villar 27/02/2012
|
Por volta da primavera do 2009 recibín un convite de Gonzalo Vázquez
para facer parte dunha escolma de textos que tivesen a cidade como
obxecto poético. Na miña obra teño demasiados poemas que teñen como
espazo alguna cidade nosa ou europea, así que optei por xuntar un feixe
deles e fíxenllos chegar ao antólogo para que fixese a escolla precisa
para o seu traballo, con total liberdade.
Esa compilación xa chegou ás nosas librarías co título A cidade na poesía galega do século XXI, edición literaria de Gonzalo Vázquez, e que sae publicada na serie Esmorga (Escolmas) da Editorial Toxosoutos (na que en 1994 o meu libro de poemas xuvenís 42 décimas de febre inaugurou a colección Nume). A
devandita antoloxía xunta textos de até 61 autoras e autores diferentes
pertencentes a diversas promocións, sendo a máis veterana a poeta Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940) e a máis nova Berta Dávila
(Compostela, 1987). Canda estas dúas mulleres figuran, por orde
alfabética, os seguintes poetas (dos máis deles tedes o seu perfil
biográfico na páxina da AELG):
Xoán Abeleira, Marilar Aleixandre, Francisco Álvarez “Koki”, Anxo
Angueira, Alicia Baña, Xosé María Álvarez Cáccamo (curiosamente no C de
Cáccamo), Ramón Caride Ogando, Xosé Antón Cascudo Rodríguez, Yolanda
Castaño, Xabier Cordal, Francisco Cortegoso, Marta Dacosta, Lois
Diéguez. Xoán Carlos Domínguez Alberte, Rosa Enríquez, Estíbaliz
Espinosa, Eduardo Estévez, Francisco X. Fernández Naval, Manuel
Forcadela, Antom Fortes Torres, Modesto Fraga, Xavier Frías Conde, Luís
González Tosar, Mero Iglesias, María Lado, Xavier Lama. Alfonso Láuzara,
Xosé Antón Laxe Martiñán, Alberto Lema, Rafael Lema, Xulio López
Valcárcel, Verónica Martínez Delgado, Ricardo Martínez Conde, Rosa
Méndez Fonte, Alberte Momán, Carlos Negro, Isidro Novo, Andrea Nunes
Brións, Olga Patiño Nogueira, Xabier Paz, Ugia Pedreira, Ánxeles Penas,
Manuel Pereira Valcárcel, Xavier Queipo, Xesús Rábade Paredes, María do
Cebreiro Rábade Villar, Baldo Ramos, Mario Regueira, Claudio Rodríguez
Fer, Alfonso Rodríguez Rodríguez, Miguel Sande, Xosé Luís Santos
Cabanas, Xavier Seoane, Francisco Souto Barreiro, Xosé Vázquez Pintor,
Xabier Vila-Coia, Miro Villar, Xabier Xil Xardón e Isaac Xubín.
Alén dos poemas escollidos o libro tamén leva unha «Introdución» teórica
do editor literario Gonzalo Vázquez na que sinala que «a tradición
poética do tema da cidade quizais sexa tan antiga como a existencia (e
quizais a preexistencia) destas, poesía e cidade», para logo facer unha
panorámica sobre o topoi da cidade sobre todo na poesía europea
contemporánea mais tamén na literatura universal e finalmente na nosa
propia tradición literaria. Deste asisado e moi suxestivo prefacio, e
coa autorización do seu autor, reproduzo uns parágrafos:
«Unhas tiras con formas de liñas temáticas, que nos poemas aquí
recollidos, predominan o da cidade como destrutora do ser, como
mecanismo alienante, por unha banda, e como hábitat de construción do
ser civilizado por outra, que vén confirmar (paradoxalmente) a primeira.
Noutros adóptase o poema como unha viaxe chea dunha “saudade moderna”,
un querer volver á cidade propia, así como tamén a cidade testemuña, que
observa o paso do tempo, e que mesmo se constrúe ao longo dos días.
[...]
|
...
|
|
A MORTE DO REI ARTUR
: FARO DA CULTURA 23/02/2012
|
Rematada cara ao ano 1230 e de autor descoñecido, A morte
do rei Artur constitúe a derradeira das tres narracións que forman a triloxía do
Lancelot en prose e pon fin ao extenso ciclo en prosa dedicado ás fazañas dos
compañeiros da Mesa Redonda, o coñecido ciclo da Vulgata artúrica.
Nesta obra nárrase o crepúsculo da gloriosa “era artúrica”. Os principais
protagonistas aparecen xa entrados na vellez e botando en falta o esplendor perdido
das épocas anteriores. A envexa que Agravaín sente por Lanzarote lévao a desvelar
ao rei os amores adúlteros da raíña.
[...]
|
...
|
|
A cidade na poesía galega do século XXI, edición de Gonzalo Vázquez
: Ramón Nicolás 16/02/2012
|
Non son frecuentes as antoloxías, menos
aíndas poéticas nestes tempos, que reparen nun asunto concreto como eixe
vertebrador dos seus contidos. Isto é o que ocorre con A cidade na poesía galega do século XXI,
unha antoloxía poética que vén da man de Gonzalo Vázquez e que xunta
máis dun cincuentena de poetas, de diversas xeracións e sensibilidades,
asediando o tema da «cidade» que, por outro lado, talvez non ocupase na
nosa tradición literaria, por moi desemellantes motivacións, un espazo
salientable.
Así pois este libro vén cubrir esta
lagoa e faino dun xeito contundente e extenso, precedido dun breve e
suxestivo limiar -sospeito de que da autoría do propio editor
do volume- que resume, en esencia, aquilo que quen se achegue ao volume
ha atopar: «poemas que nos presentan cidades sen nome, cidades froito
do estereotipo ou cidades que son parte dunha visión única sobre o feito
urbano, cidades galegas ou alleas á lingua que as transmiten e rúas que
son pisadas ou imaxinadas polos poetas que conforman esta relación».
[...]
|
...
|
|
A poética vesubia de Olga Novo
: Armando Requeixo 14/02/2012
|
Escribo estas liñas xusto despois de dar remate ao derradeiro poema de Cráter, o novo poemario de Olga Novo.
Fágoo así deliberadamente, desafiando a convención que recomenda
distancia na lectura, repaso e meditación. Non quero ese arredamento.
Non me ha facer máis obxectivo. Non o preciso para afirmar, sen medo a
equivocarme, que este libro é un dos mellores dos últimos anos, un
volcán versal de erupción supernova que ha engulir os lustros, pois é a
súa autora unha das voces máis importantes da literatura galega do noso
tempo.
[...]
|
...
|
|
|
|