:
Un libro recolle por primeira vez medio século de pop rock galego
: M. Vidal 12/06/2010
|
- M. Vidal
- Localidade:
- redacción/a voz.
- Data de publicación:
-
12/6/2010
-
Valoración
da noticia
1
,
2
,
3
,
4
,
5
,
(3 votos)
- Envíando datos... Espere, por favor.
- Grazas.
-
Por
primeira vez, segundo o seu autor Fernando F. Rego, un libro recompila
o mellor do pop rock galego desde os sesenta ata a actualidade. Rego
animouse a publicar esta recompilación de setenta e dous grupos
musicais, logo de levar anos colaborando na páxina web lafonoteca.net,
onde realiza biografías e discografías comentadas de grupos nacionais.
«Por mor desta colaboración empecei a reivindicar os grupos galegos, e
cando tiven uns corenta feitos empecei a madurar a idea de darlle forma
de libro», explica. E así xurdiu 50 anos de pop rock e malditismo, que
conta coas colaboracións de músicos como Miguel Costas, Germán Coppini,
Nico Pastoriza, Emilio José e xornalistas como Xavier Valiño e Xosé
Manuel Pereiro (tamén vocalista de Radio Océano), que realizan unha
serie de reflexións sobre o que supuxo este medio século no panorama
musical galego, así como enfoques de movementos concretos.
O
libro empeza no 58 coa formación dos Tamara en Noia. Segundo o autor,
nesta época acábase a etapa dos grupos orquestra, aínda que Os Tamara
na súa primeira época fórono, e empézase a facer un tipo de música máis
pop. Cos anos 60 chegou a censura e estes grupos tiveron que realizar
un labor importante para conseguir que as súas cancións compostas en
galego soasen. «Dalgún xeito burlaron a censura porque as súas letras
non eran tan reivindicativas como, por exemplo, a canço catalá, senón
que se consideraban un pouco de feira», explica Fernando.
Os
anos 70 traen máis liberdades, aumentan os grupos pero debido á falta
de infraestruturas, que se localizaban principalmente en Madrid e
Barcelona, a maioría deles chegaron a gravar. «Hai moitas pinceladas
pero moi poucas formacións de pop-rock», apunta. Rego resalta que aínda
que a movida dos 80 tivo como foco principal Madrid, irradiou de xeito
particular en Vigo, onde xurdiu Sinistro Total. Avanzando no tempo, o
autor sinala que os 90 «supuxeron un momento moi rico en canto á
creación dun estilo propio galego: o rock bravú». A modo de conclusión
sobre o libro, Rego apunta que Galicia «antes estaba á cola e agora é
un espello. Cada vez temos máis festivais, traemos a máis artistas
internacionais, e temos tres ou catro concertos semanais. Algo
impensable hai décadas».
[...]
|
...
|
|
Imaxes dos homes de pedra
: Daniel Salgado 11/06/2010
|
Son homes de pedra, estantes, muradellas, amanzóns. Amoreamentos con
aires de tótem e aura pagana pero de construción recente. Coas imaxes
fotográficas que Emilio Araúxo lles extraeu ao longo de 20 anos e os
textos do poeta francés Claude Royet-Journod, un libro recolle as
esculturas dos pastores da Serra de Queixa e o Val de Conso. "Son a
nosa cara de pedra", expón Araúxo (Coles, 1946), "veñen de lonxe e son
siluetas de voz queimada". Para o volume, que en setembro aparecerá
baixo o selo editorial Toxosoutos, o propio fotógrafo escolleu un longo
e explicativo título, disposto tipograficamente en vertical: Estantes,
amanzois, muradellas, homes de pedra e outros dos máis tempos nomes
perdidos de Queixa e do Val de Conso aumentados con algunhas frases de
Claude Royet-Jounord tiradas da nosa correspondencia. As peculiares construcións proceden do labor comunal dos coidadores
de gando. Das súas mans medraron estes monolitos anónimos -"os máis
deles non llos viron empezar a ninguén", explica Araúxo, "outros teñen
uns 50 anos"- que puntúan os cordais ourensáns. Pero non só. Estes
acenos de pedra tamén agroman na Serra da Estrela ou na Serra Amarela,
de Portugal, en Francia, Alemaña, Irlanda ou en Canadá, Groenlandia,
Mongolia ou o Xapón. "Estas pedras chairas que se erguen como
enigmáticos tótems", arrinca o seu escrito Claude Royet-Jounord (Lyon,
1941), "ou mesmo pregarias, libros amoreados para unha lectura futura e
improbábel". O francés, traducido ao galego e editado por Araúxo en
Amastra-n-gallar, elabora unha prosa que asexa o inestábel sentido dos
estantes de pedra dunha perspectiva poética, fundada en Mallarmé:
"Espetadas na terra e erguéndose como unha arma, láminas de pedra
forman unha moi estraña procesión nese lugar devastado". Da admiración de Emilio Araúxo por Uxío Novoneyra emerxeron as conversas de Dos soños teimosos. E neste rexistro dos homes de pedra ecoa o materialismo toponímico dos poemas d"Os Eidos:
"No libro [70 fotos] espellan o amanzón do Lombo de Aceal, do Tombeiro
do Cágado, as muradellas da Cagalla, o home de pedra do Corgo do
Cabalo, as Aguilladas...". Son outros rastros para o labor do escritor
Araúxo: testemuñar a desparición da vida rural. [...]
|
...
|
|
D" Os Tamara a Emilio José
: Daniel Salgado 10/06/2010
|
Entre o concerto en que Os Tamara telonearon a Jacques Brel no Olympia
de París e a actuación, fai dúas semanas, de Emilio José no aquelarre indie
da Primavera Sound barcelonés, transcorreu medio século de música pop
xurdida en Galicia. Dese estraño, retorcido, intermitente traxecto
trata 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, o
libro de Fernando Fernández Rego (Ferrol, 1979) que Toxosoutos acaba de
colocar nas librarías. "Pero eu coincido con Emilio José, a música
galega non existe", sinala, "o único que comparten os nomes recollidos
no libro é o DNI".
E eses nomes acadan os 72, o número de bandas, solistas ou dúos que, con ficha da súa discografía completa e comentada, inclúe 50 anos de pop...
Textos de ilustres protagonistas da escena galaica - Xosé Manuel
Pereiro de Radio Océano, Germán Coppini de Golpes Baixos e Sinistros
Total, e os críticos Xavier Valiño e Jesús Ordovás - completan a obra.
"A idea xurdiu de LaFonoteca.net, unha base de datos do pop
español en que escribo sobre bandas galegas", lembra, "e cando xa
sumaba unhas 40 vin un oco: faltaba unha obra ampla sobre o rock en
Galicia".
Só Alberto Casal, Rock & grelos (Lea, 1996), e Xavier Valiño, Rock bravú. A paixón que queima ou peito
(Xerais, 1999), ocupáranse, ata o momento, da materia. Pero fixérano
desde unha perspectiva parcial, a que daba situarse nos lindeiros do
bravú. "Si, aquilo foi o máis parecido a un rock autóctono que houbo, a
resposta galaica ao grunge ", opina Rego sobre a quinta de
Diplomáticos, Rastreiros, Yellow Pixoliñas ou Ou Caimán do Río Tea. O
traballo de Fernández Rego, porén, amplía o foco e diagrama un posible
esquema histórico do pop galego.
Dos pioneiros Tamara, a finais dos 60 unha máquina de soul,
ou o pop de Andrés Dobarro, o volume pasa aos francotiradores de
comezos da década seguinte, cando, segundo a opinión de Rego, empeza a
música moderna en Galicia. "Están Mahía, cun xogo de voces ao Crosby,
Stills & Nash; Tara [muller que cantaba versións de Aretha Franklin
ou Dusty Springfield] ou NHU". A este grupo compostelán pertence o
primeiro e último disco de rock progresivo en galego, homónimo, e
cotizada peza para o coleccionismo internacional. 50 anos de pop... exténdese despois pola premovida - Bar ou Metro, grupos new wave con base en Vigo e Carballo antes de 1980 -, a movida propiamente dita, a promoción de bandas que prefiguraron o indie - Os Contentos, de Lugo, ou Os Esquizos da Coruña - e a explosión independente que aínda domina o panorama.
Para
sintetizar a historia do pop galaico, Fernández Rego reuniu unha lista
con máis de 300 posibles nomes. "Intentei non deixar moita xente fóra",
escúsase. O filtro, dos tres centenares aos 72 que finalmente aparecen
no libro, baseouse na "repercusión, as devocións persoais e o
malditismo". Precisamente neste substantivo déténse Rego: "Tamén quixen
reivindicar os grupos máis esquecidos, que non estaban exentos de
calidade, e que foran enterrados na historia ". Os Contentos, que no
Lugo dos 80 fixeron reverberar guitarras garajeras, os seus coetáneos Vos Quinindiolas, comandados polo escritor Xelís de Toro e con querencias pola black music,
ou a alta enerxía dos Eskizos, coruñeses de principios dos noventa,
forman parte dese pelotón de escuridades pop rescatadas en 50 anos de pop, rock e malditismo.
O
traballo de arrastre que desembocou no libro levou o seu autor por
cubetas de vinilos de saldo e locais de venda de obxectos de segunda
man. E aínda que non todo aparece no ciberespazo e o ignoto pop galaico
anterior ao indie aínda non é carne de mp3, a conexión vía
Internet axudou. "A Rede favoreceu que a obra saíse adiante", admite,
"e facilitou conseguir carautas e os tracklist [listas de
cancións] dos elepés ". Dese xeito de operacións emerxeu unha obra que
prescinde de narrar a historia do rock para converterse en catálogo.
"Quixen facer unha guía didáctica, inspirada neses libros tipo As 1001 películas", di, "pero non descarto algún día utilizar toda a documentación que xuntei para escribir un relato".
Pechan 50 anos...,
que se publica acompañado de dous cedés, colaboracións diversas. Nelas,
algúns nomes populares da música galega escollen as súas gravacións
predilectas. Fernández Rego non engadiu as súas, estas: Chámome Andrés Lapique Dobarro;, o debut de Sinistro Total; o primeiro maxi de Golpes Baixos, o equivalente dos Contentos e o disco de Triángulo de Amor Bizarro de 2007.
[...]
|
...
|
|
Pop, rock e malditismo
: Montse Dopico 05/06/2010
|
"Por fin ve a luz unha primeira entrega na que se recompila o mellor
do pop-rock galego dende a súa alborada". "Dende este momento tócache a
ti, lector e, supoñemos, fanático da música: busca, investiga entre as
páxinas encadernadas que tes nas mans, remexe entre todo o que o autor
rescatou para ti. E, se sentes que despois de ler algún dos parágrafos
aquí escritos, tes que escoitar por primeira vez ou recuperar algo do
que aquí se fala, entón daremos por bo todo o libro". Xavier Valiño
prologa con palabras coma estas o libro 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, de Fernando Fernández Rego, -administrador da web musical Lafonoteca-, que acaba de editar Toxosoutos. A
obra, sobre a que corre xa bastante ruxerruxe por internet,
presentarase o vindeiro 11 de xuño ás 20:00 horas no Pazo das Musas, en
Compostela, -fronte ao Retablo-, cun concerto de Noise Project, segundo
anuncia na súa web Lafonoteca.net, unha base de datos na rede creada co
obxectivo de divulgar a música española, e alicerce deste libro.
"Chegado o momento actual, en pleno 2010, considero que é necesario
revisar a escena musical galega. Atrás quedan os tempos nos que o rock
era algo exótico e era difícil atopar referentes por estas terras
celtas". (...). "Hoxe en día, e coa perspectiva que permite o paso do
tempo, podemos afirmar sen pudor que a música popular goza dunha
espléndida saúde en Galicia", reflexiona o autor na introdución da
obra. Así, 50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega achega
reseñas sobre máis de 70 grupos da escena galega desde os anos 60 ata a
actualidade, con información xeral comentada polo autor sobre cada un,
a súa historia e a súa discografía, e fotos. "Decidinme a facer
unha selección dos que considero son os principais grupos galegos de
pop e rock da historia". (...). "Centreime en recuperar aqueles grupos
que quizais non lograron a repercusión de deberan" (...), "así como
certas debilidades persoais, pois todos as temos", advirte Rego, sobre
as ausencias que os lectores poidan atopar. O volume é o resultado, tal
como apunta, dunha labor de recuperación de biografías e discografías
moitas veces "titánica", un traballo case de arqueoloxía, no que os
membros dos grupos colaboraron "escaneando portadas e mandando discos
imposibles de atopar".
[...]
|
...
|
|
«Cola Cao identifica un produto dende os 60, pero non está nos dicionarios»
: Concha Pino 06/05/2010
|
A editorial Toxosoutos presentou en Couceiro o libro ¿Por que o Cola Cao non está no dicionario? Lingua galega e marcas rexistradas
, unha investigación divulgativa de Noemí Álvarez e María Rey,
profesoras de galego de ensino medio, que constatan que malia a
supeditación comercial do galego ao castelán, hai marcas que se
lexicalizaron en certas zonas, pero non en Galicia, como Danone para
dicir iogur. -¿Teñen resposta ao título? -Non.
Os dicionarios teñen que ir por detrás de palabras que se incorporan á
lingua, pero hai marcas que identifican un produto dende hai décadas
como Cola-Cao que non está no dicionario, e estano outras máis recentes. -¿Por que investigaron isto? -Buscabamos
outra cousa e topámonos con aspirina ou rímmel, e por curiosidade
miramos se estaba Cola Cao. Así que fixemos un baleirado do dicionario
de Xerais e unha comparativa cos da RAG, Século XXI e o dixital
Digalego, e non hai coincidencia absoluta. Pensamos que hai que
sistematizar, e facelo tamén coa pronuncia, sobre todo con palabras
doutras linguas, que son a maioría. -¿Que marcas son comúns no léxico e faltan nos dicionarios? -Propoñemos dezaseis, entre elas Coca Cola, Tipex, Betadine, Albal, Velux, Nocilla ou Barbie, e Cola-Cao. -¿Agardan que prospere? -Nós non sancionamos palabras, facemos unha achega que terá que valorar a Real Academia.
[...]
|
...
|
|
O xurado avoga por perpetuar o premio de historia medieval
: LA VOZ DE GALICIA 11/04/2010
|
onte na vila muradáa unha comitiva cultural e política da bisbarraA
Casa de Cultura de Muros foi onte escenario do acto de entrega do
premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal, que organizan os
concellos da ría de Muros e Noia, xunto coas fundacións comarcais e a
editorial Toxosoutos, e que este ano recaeu en Jesús Vila Pérez, de
Tui, pola súa obra A casa de Soutomaior, obtendo o segundo posto As
moedas medievais galegas, da que é autor Ernesto Iglesias Almeida,
tamén da vila tudense. No recinto, o xurado, por medio do seu
presidente, Carlos Barro, avogou por perpetuar o certame, palabras que
dixo ante os alcaldes de Muros e Carnota, que presidían o ilustre
acontecemento.O tamén catedrático universitario destacou o mérito
das obras premiadas, ao dicir: «Os dous traballos seleccionados tratan
temas pouco estudados sobre a historia medieval. Este premio está a
contribuír meritoriamente na investigación universitaria e popular, ao
tempo que harmoniza ambas actividades. Toxosoutos e os concellos desta
ría teñen un gran mérito ao perpetuar este certame, e dígolles: Adiante
con este concurso pois Galicia volo agradecerá», sinalou Barros.Pola
súa banda, o representante da editorial Toxosoutos, David González,
salientou a transcendencia deste certame, que segundo dixo: «Reflicte a
historia rigorosa da Galicia medieval dende a ría da cultura». González
Couso rematou desexando longa vida para estes premios, e ofertando a
imprenta da editorial para publicar traballos da calidade.
[...]
|
...
|
|
|
|