:
O IES OTERO PEDRAYO DE OURENSE ACOLLE A PRESENTACIÓN DO LIBRO O FIO DA ESCRITURA
: Tempo de lecer 19/03/2011
|
O Paraninfo do Instituto de Educación Secundaria
Otero Pedrayo de Ourense acolleu o venres, día 18 de marzo, o acto de
presentación do libro O fío da escritura, editado por
Toxosoutos e do que é autor o filólogo ourensán David González Couso. No
transcurso do acto levouse a cabo tamén a clausura dos I Encontros da Serie Esmorga, unhas
citas literarias promovidas por Toxosoutos que se desenvolveron en
diferentes lugares de Galicia co obxectivo do lanzamento dunha nova
colección da editorial, a Serie Esmorga. O fío da escritura é
un traballo de investigación que amosa o labor cultural dos Gaite na
Galicia do século XIX e comezos do século XX. O seu autor, David
González Couso, explicou que este é xa o cuarto libro que escribe sobre
esta temática, ademais doutros sete artigos en revistas de literatura e
subliñou que o obxectivo da publicación é dobre. “Por unha banda quero
pechar o meu ciclo de investigacións sobre a familia Gaite e, pola
outra, quero por de manifesto a importancia das súas contribucións ao
Ourense dos séculos XIX e XX”. O libro inclúe as pescudas sobre
personaxes como os irmáns Antonio e Joaquín Gaite Núñez -bisavó da
autora-, vencellados ao ensino ou ao xornalismo e facsímiles escritos
por estas figuras, moitos deles inéditos. As vivencias de Carmen Martín Gaite en Ourense O
poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, autor do limiar da obra, falou
no acto para facer un percorrido polos grandes escritores ourensáns ou
vinculados a Ourense e para situar neste contexto a Carmen Martín
Gaite. Segundo as súas palabras, “o libro de David permítenos tirar da
ourensanía para situar nela a Carmen Martín Gaite, partindo da base de
que as vivencias infantís e xuvenís da narradora en Ourense tiveron
moita importancia na elaboración de toda a súa obra”. No
acto interviron tamén Luís Fernández, director do IES Otero Pedrayo, a
onde pertence o arquivo no que David González fixo boa parte das súas
pescudas para escribir o libro e a filóloga María do Carmo Henríquez,
que subliñou o traballo do escritor. “David ven de realizar un labor
meritorio e máis nunha sociedade onde trunfa a mediocridade e onde está
de moda o vulgar. Dignificar a literatura, os escritores e a lingua é
un traballo que hai que facer con seriedade e rigor”, declarou. Clausura dos I Encontros da Serie Esmorga O acto de presentación do libro O fío da escritura serviu tamén para clausurar os I Encontros da Serie Esmorga, unha
iniciativa literaria promovida pola editorial Toxosoutos –da que David
González é director de publicacións- co gallo da posta en marcha da
súa nova colección: Serie Esmorga. A iniciativa ten por obxectivo a divulgación de grandes obras clásicas en edición bilingüe e de traballos da literatura galega. O
Consello Asesor desta nova colección está formado polos escritores
Ramón Caride Ogando, Xerardo Méndez, Francisco X. Fernández Naval e
Jorge Emilio Bóveda, que subliñaron no acto de clausura dos encontros a
importancia desta nova colección e a súa implicación no seu
desenvolvemento. Nesta liña, Fernández Naval dixo sentirse “moi
orgulloso desta colección como ourensán”; Xerardo Méndez subliñou o
poder da literatura como “ese espello no que nos temos que mirar para
non asustarnos da realidade” e Jorge Emilio Bóveda puxo de manifesto o
papel que cumpre a nova serie no tocante á normalización da lingua
galega.
[...]
|
...
|
|
Beiras y Paco Rodríguez con Cervantes por medio Los líderes presentaron dos libros sobre Brañas y Rosalía
: Alexis Fernández 17/03/2011
|
A menos de quince metros de separación física, que no política, dos de
los principales líderes del nacionalismo gallego y de su principal
frente, el Bloque Nacionalista Galego, presentaron ayer sendos libros. A
la misma hora y con Cervantes por medio, Xosé Manuel Beiras presentaba
en la Libraría Couceiro A crise económica na época presente e a descentralización rexional,
de Alfredo Brañas, un libro que el que líder de Encontro Irmandiño
presentó a seis manos con el el economista Afonso Ribas y David González
Couso. En esta nueva publicación de la editorial Toxosoutos, Brañas
aborda la crisis que le tocó vivir, a finales del siglo XIX y su
incidencia en Galicia y las claves de la descentralización.
[...]
|
...
|
|
Alfredo Brañas: o "gurú" do século XXI
: Marta Rodríguez 17/03/2011
|
O título fala por si só: A crise económica e a descentralización rexional.
¿Unha análise dun dos actuais gurús da negra coxuntura que nos afoga?
Non: o autor foi Alfredo Brañas, que configura un retrato da Galicia de
1892 que perfectamente se podería exportar ó século XXI, e que foi
recuperado pola editorial Toxosoutos grazas ó empeño do catedrático de
Economía e presidente da Fundación Galiza Sempre Xosé Manuel Beiras. O
tamén líder do Encontro Irmandiño prologa este libro traducido por
Afonso Ribas, presentado onte na libraría Couceiro compostelá, e
descóbrenos un intelectual inédito "criptonacionalista" e soberanista,
que se atreve a reclamar as competencias totais para a rexión galega na
lección inaugural do curso universitario 1892-93 na actual Facultade de
Xeografía e Historial, nunha Compostela "finisecular, chea de curas e
beatas", segundo indica Beiras, que vai máis aló e afirma: "era máis
difícil que Brañas se manifestase explicitamente como nacionalista que
eu quitase un zapato no Parlamento. A censura era brutal". Neste
discurso, extensísimo e que de seguro non foi lido na súa totalidade
diante da súa audiencia e que se recupera nesta publicación, Brañas xoga
a debullar un auténtico programa político no que propón "dous poderes
separados e distintos, e deles, que o rexional sexa o único soberano
para ditar as súas leis orgánicas e administrativas". O
intelectual compostelán, ademais, insiste no seu discurso na toma de
conciencia de Galicia como rexión "cunha percepción da súa personalide
xurídica, completamente allea ás outras", polo que para Beiras, esta é
unha clara mostra de que "está falando do espírito do pobo, tomando
conciencia da súa identidade diferenciadora, e hoxe isto pode estar
suscrito tanto por nacionalistas kurdos,como irlandeses, escoceses e
imaxino que o BNG tamén o suscribirá", ironizou, afirmando que esta
definición "é máis completa da rexión como suxeito activo que a de
Castelao en Sempre en Galiza". Despois de analizar
polo miúdo a faceta máis descoñecida de Alfredo Brañas, que fica fóra
dos principais estudos sobre a súa persoa, como o realizado por Ramón
Maiz, o presidente da Fundación Galiza Sempre recupera a análise de
crise de finais do século XIX, "cunha vixencia actual absolutamente
asombrosa", froito da loita pola hexemonía económica mundial que lle dá
paso á consolidación de Estados Unidos, e hoxe asistimos, precisamente, á
decadencia do imperalismo ianqui. Brañas, ademais, analiza os
principais problemas dunha creba con altibaixos que desembocou na I
Guerra Mundial, como a financialización, a fuxida do capital produtivo
ós mercados financeiros e, en troques, a hexemonía do capital. "Isto se
podería extrapolar perfectamente a José Luis Méndez -o que fóra o
mandamás de Caixa Galicia-, ou ós produtores lácteos, que querían facer
de Clesa o gran grupo lácteo galego e os bancos lles dixeron "tururú",
ironizou Beiras, que lles mandou unha mensaxe ós políticos: "deberiamos
aprender da historia, que aporta moitas solucións ós problemas actuais,
pero o problema é que non len". A historia dun discurso perdido e vixente A crise económica na época presente e a descentralización rexional
é unha reedición da obra de Alfredo Brañas pero, realmente, "é unha
novidade absoluta porque é a súa primeira edición despois de case 120
anos", revela Xosé Manuel Beiras, empeñado en lograr que vise a luz a
través de Toxosoutos na colección económica Ponto Básico pola súa
absoluta vixencia na actualidade. O seu tradutor, Afonso Ribas, impulsor da revista económica Unipro,
desvelou que o proxecto naceu hai tres anos, cando inicialmente a obra
se ía publicar como anexo da revista, pero finalmente culminou nunha
reedición. O único ó que tiveron acceso pertencía á Fundación Penzol,
bastante reacia a prestalo polo seu mal estado, pero finalmente
fotocopiouse. Na obra descúbrese a un Brañas "do Renacemento" que foxe
do estigma que lle ten a esquerda, quizais porque o PP creou unha
fundación co seu nome.
[...]
|
...
|
|
A VOLTA DE XERARDO MÉNDEZ
: La Voz de Galicia 06/03/2011
|
Xerardo Méndez volta á actualidade literaria con Que cara trae o día,
unha novela que se presenta hoxe na Livraría Torga (ás 12.00 horas) e
que está editada por Toxosoutos. Catorce anos pasaron dende que
publicou a súa primeira obra e o autor recoñece que «eses mesmos anos
ten o texto. Comecei daquela con esta historia e en todo este tempo
funlle dándo voltas, cambiando cousas, dándolle forma». En palabras do seu autor, Que cara trae o día,
é «unha historia de barrio protagonizada por un home que non se atopa a
gusto no sistema educativo da dictadura e acaba deixándoo. E a partires
de aí comeza unha nova vida». Dende entón na realidade do protagonista
comeza a ter «unha especial influenza e protagonismo a vida das
pandillas, moi importante e con moita presenza no Ourense de hai
décadas, os altercados, a tentación da droga -que na obra ten moita
importancia aínda que non se lla dá un especial protagonismo na novela-
e moitas máis cousas». Xerardo
Méndez sinala que a novela non é autobiográfica «aínda que é evidente
que no arranque da obra, nas anécdotas e noutros aspectos pode haber
influenza do que coñeciches nalgún momento: os feitos reais moitas
veces son máis potentes e duros que os inventados» e incide en que «non
é máis que unha historia de barrio ambientada en Ourense».
[...]
|
...
|
|
Lupe Gómez amosaa súa crónica poética dos Peliqueiros
: Redacción Galicia Hoxe 25/02/2011
|
A escritora e xornalista Lupe Gómez presentou onte en Compostela o seu novo libro, A grafía dos mapas,
unha crónica poética dos Peliqueiros. Estes son días de moita
literatura: hoxe, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Avilés de Taramancos
de Noia, a Asociación Cultural Barbantia presenta Cabalo de ouros de
Víctor Freixanes, nun acto no que, ademais do autor, estarán Antón
Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego e Isabel Santos e Rafael
G. Guerrero. Asi mesmo, mañá presentarase o Cartafol da Memoria nº 7
, de Blanca - Ana Roig Rechou, dedicado a Cunqueiro, ás 20:30 horas na
Casa da Cultura de Portosín. E Toxosoutos dará a coñecer o vindeiro
mércores ás 20:00 horas na libraría Couceiro de Santiago a peza teatral Labirinto da Memoria de Euloxio R. Ruibal.
[...]
|
...
|
|
«Neste libro os textos nacen das imaxes de EmilioAraúxo»
: Concha Pino 25/02/2011
|
A escritora e xornalista Lupe Gómez presentou na
librería Pedreira A grafía dos mapas (Toxosoutos), unha obra poética que
non é só un poemario, porque tamén hai nela teatro, ensaio e as
fotografías de Emilio Araúxo que lle deron pé a deixar voar a súa
imaxinación para crear «combinando imaxes e textos, a grafía e os mapas,
algo que me gusta facer moito, e que neste caso son fotografías do
entroido de Ourense, que non coñezo ben, pero que me serviron para
regresar á miña infancia e ao entroido en Fisteus».
Na presentación falou de Lupe e da súa obra a tamén
poeta e bailarina Branca Novoneyra, e houbo una parte musical a cargo
de Xavier Díaz e Guille Fernández. Antes, a autora leu algúns dos seus
textos e falou da xeografía case íntima «e inventada» da rúa do Home
Santo, na que está a librería e que forma parte do barrio no que vive
Lupe, «un verdadeiro barrio literario».
[...]
|
...
|
|
|
|