:
"En defensa do poleiro"
: Vanesa Oliveira 20/10/2010
|
Máis de sesenta escritores poñen a súa creatividade ao servizo da solidariedade no volume colectivo En defensa do poleiro,
nome que recibe o claustro do mosteiro de Celanova onde está localizado
o actual instituto da vila, que se quere converter nun parador de
turismo. A Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova,
en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG),
presentará mañá ás 20:00 horas o volume, que edita Toxosoutos, na
Fundación Caixa Galicia no Cantón Grande da Coruña. No acto estará
presente o seu coordinador, Xoán Carlos Domínguez Alberte, xunto cos
autores do contorno coruñés que participan na iniciativa: Olga Patiño,
Diana Varela, Xulio López Varcárcel, Lino Braxe, Paco Souto e Francisco
X. Fernández Naval. Ademais, tamén se exporán e poranse á venda as
ilustracións da pintora Mané Boán que inclúe o libro mais proxectarase o
documental O IESplicable, elaborado pola Plataforma, sobre a importancia do instituto de Celanova.
O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez e a secretaria da Asociación,
Mercedes Queixas asinan o prólogo do libro, que se xestou en só catro
meses. Xoán Carlos Domínguez Alberte salienta que esta obra nace como
"unha necesidade de facer fronte a un acto de barbarie por parte dos
poderes públicos que pretenden expropiar un ben do patrimonio galego, a
parte dedicada ó instituto, con fins especulativos". De feito, a semana
pasada a Plataforma protestou diante do Parlamento e pouco despois, o
parlamentario nacionalista Alfredo Suárez Canal pedía explicacións na
Cámara galega sobre a intención de trasladar o instituto a un novo
centro de ensino cuxas obras aínda non comezaron. "As razóns que
lle deron dende Educación é que o instituto ten goteiras ou barreiras
arquitectónicas. Iso é falso. O instituto é un dos mellor acondicionados
de Galicia, en canto a instalacións, equipamentos ou novas tecnoloxías.
E queremos que siga estando nun recinto, o do mosteiro, coñecido como
poleiro, que estivo secularmente dedicado á cultura galega", explica. Marilar
Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo
Angueira, Xurxo Borrazás, Lino Braxe, Francisco Castro, Xavier Cordal,
Antón Cortizas, Lois Diéguez, Alfonso Eiré, Bieito Iglesias, Alberto
Lema, Mario Regueira, Olga Novo ou Chus Pato achegan relatos e poemas
"orixinais e inéditos" que fan relación a este conflito que mantén
enfrontados os veciños co concello, que preside o popular Antonio
Mouriño. "Para a construción dun novo centro de ensino
dedicáronse partidas ridículas. Están a vender unha cortina de fume. O
propio concello foi apropiarse duns terrenos que non lles pertencen",
apunta Domínguez Alberte. Ademais, durante o acto proxectarase o documental O IESplicable,
un documental de vinte minutos no que os seus profesores contan a razón
de ser do instituto e a importancia que ten para Celanova a
localización do centro neste mosteiro. "Animamos á xente a coñecer o
intituto, xa que ten unha biblioteca impresionante, que alberga máis de
17.000 volumes. Dende o equipo educativo queríase que estivese aberto á
cidadanía, pero non se permitiu. Iso, co agravamento de que a biblioteca
pública está pechada", comenta Domínguez Alberte.
[...]
|
...
|
|
La editorial Toxosoutos abrió horizontes en Fráncfort
: La Voz de Barbanza 19/10/2010
|
El paso de Toxosoutos por la feria internacional
del libro de Fráncfort, que tuvo lugar hace unos días, ha abierto nuevos
horizontes para esta editorial noiesa. A raíz de esta participación en
el encuentro han iniciado los trámites para la compra de derechos de una
obra escocesa inédita para que salga publicada en la colección Keltia
de Toxosoutos. El director de publicaciones de esta editorial, David
González, se mostraba muy satisfecho, aunque prudente, después de su
paso por esta feria alemana: «Aínda non hai nada pechado, pero creo que
sairá adiante, e para nós isto é algo moi importante», explicaba.
Toxosoutos fue una de las veinte editoriales
gallegas que participó en la feria del libro de Fráncfort, la más grande
del mundo. El objetivo de esta empresa noiesa era, por un lado, buscar
contactos para nuevas publicaciones y, por otro, promocionar las
colecciones que tienen.
En este sentido, los noieses presentaron Keltia,
una serie sobre literatura y ensayos del mundo celta: «Esta colección
espertou moito interese, mesmo o pavillón de Irlanda o dedicaban a este
tema», continúa González. También sirvió la feria para promocionar la
colección de cómics Os Barbanzóns, con dibujos de Pepe Carreiro, que
narran la historia de una familia castrexa que tienen como invitados a
una irlandesa. «Estas son as nosas coleccións máis internacionais e
tiveron moito éxito en Fráncfort. A verdade é que o balance da presenza
galega en Alemaña é moi positivo», relata el director de publicaciones
de Toxosoutos.
Por otro lado, también potenciaron la nueva serie
Esmorga, una colección de libros clásicos y clásicos gallegos, en
ediciones bilingües. El primer y único libro publicado por ahora en esta
colección es Azos de Esguello, de Euloxio Ruibal, pero próximamente
tienen previsto editar también As Bucólicas de Virgilio, las Sátiras, de
Séneca, y Unha tempada no paraíso, de Claudio Rodríguez Fer.
El aspecto que sí que quiso matizar David González
fue en relación con la presencia del libro electrónico en la feria
alemana: «Falouse moito destes novos formatos, pero a realidade é que a
súa presenza foi moi escasa», apunto.
[...]
|
...
|
|
«Escribir é unha forma de manifestar as preocupacións»
: M. X. BLANCO 24/09/2010
|
Pouco
despois de presentar un ensaio sobre os ritos, o autor palmeirán ataca
de novo coa súa pluma, nesta ocasión coa novela «As deusas do
calvario» Como
tantos outros afeccionados á literatura, Francisco Antonio Vidal
(1957, Palmeira) ve moi complicado vivir da arte de escribir, por iso
se dedica profesionalmente á electrónica. Sen embargo, ten escritos
unha ducia de libros, entre os que se atopan novelas, ensaios sobre a
figura de Manuel Murguía e investigacións de carácter etnográfico, un
eido que lle apaixona. O pasado mes de marzo, saía á luz a súa última
publicación, As deusas do calvario . -¿Que se agocha detrás deste título? -Estas
deusas veñen sendo un grupo de mulleres que teñen que enfrontarse a
todas as vicisitudes da vida, desde coidar a un home paralítico hasta
lidar cunha filla drogadicta. Son problemas que case sempre ten que
resolver a muller. -¿Trátase entón dun conxunto de historias? -Si,
é unha novela formada por retallos que hai que ir compoñendo e, ao
final, conséguese unha especie de retablo barroco. Son historias
individuais que se van mesturando. -¿Pretende ser unha homenaxe ao colectivo feminino? -Non
é que sexa unha homenaxe ás mulleres, senón máis ben á loita pola
vida. O que quero resaltar é que, ás veces, por moito que un faga, non
consegue as metas propostas. Non quero dicir que o final sempre teña
que ser o fracaso, xa que hai persoas que realmente chegan a triunfar. -¿Elixe ás mulleres por algunha razón concreta? -Cando
un escribe, ás veces, os personaxes chegan a dominarte pero, por riba
de todo, está a realidade. Neste sentido, quen soe atender aos
familiares enfermos ou aturar a unha filla rebelde é a muller. Iso é
unha realidade que non pode obviarse. -¿Cales son para vostede os retallos máis destacados deste libro? -Podería
destacar varios, por exemplo onde se define o amor mediante unha
fórmula matemática. Tamén como, desde o maltrato a unha gaivota, quedan
especificados os personaxes ou a definición do frío desde un cuartel. -Esta
novela saíu á luz pouco despois da presentación dun ensaio sobre os
ritos e a fe, ¿que é máis complicado, escribir novelas ou obras de
investigación? -Os
libros de investigación están dirixidos a un público moi concreto e
teñen que servir para achegarlle información nova ao lector, senón é
mellor non facelos. Isto implica un traballo intenso de mirar
bibliografías, percorrer lugares, falar con xente... Pero a novela
tamén implica moito esforzo. No caso de As deusas do calvario ,
eu decido poñerme con ela despois de ler dous libros e movo moita
información e publicacións diversas para ir creando os personaxes. Cada
obra, independentemente do xénero, require o seu traballo. -Electrónico de profesión, escritor de vocación, ¿soa un pouco raro? -Por
raro que pareza, eu xa fixen o bacharelato por letras e empecei a
escribir artigos cando tiña 19 anos. Á hora de pensar de que vou comer
todos os días, decanteime pola electrónica. -¿O de escribir é entón unha afección? -Escribir
é unha forma de manifestar as preocupacións que un ten, isto non quere
dicir que ao plasmalas nun papel se resolvan as preguntas, pero si
consegues enfocalas mellor. -¿Que ten na mente nestes intres? -Por
unha banda, estou pendente de organizar algún acto para presentar a
novela en Barbanza e, por outra, estou xa traballando en novas
historias. Sempre hai cousas pendentes, un nunca pode parar de
escribir.
[...]
|
...
|
|
OURENSE COMO ESPAZO LITERARIO
: LA VOZ DE GALICIA 17/09/2010
|
En la librería Duen de Bux se presentó ayer A vila das ánimas, nuevo
trabajo literario del ourensano Jorge Emilio Bóveda. Publicada por
Toxosoutos, las anteriores obras fueron autoeditadas, la novela mezcla
dos tramas, una costumbrista y otra fantástica, con Ourense y Quintela
das Ánimas -idealización del rural gallego- como espacios donde se
desarrolla la historia.
[...]
|
...
|
|
OUTONO DE LITERATURA
: GALICIA HOXE 17/09/2010
|
Aposta polas traducións As traducións serán outra das grandes bazas desta temporada. Xerais aposta por Sunset Park,
de Paul Auster, unha historia de amor e perdón. En Florida, a culpa
persegue a Miles sete anos despois de causa-la morte do seu medio irmán
en Nova York. Cando a familia da súa moza adolescente ameaza con
airea-la súa relación, Miles decide protexela volvendo a Brooklyn, onde
pai e o fillo se enfrontarán tras anos evitándoo. Outras editoriais como
Rinoceronte ou Toxosoutos contan cun amplo catálogo de traducións. No
caso da primeira, publicará obras coma Mexillóns para cear, de Birgit Vanderbeke ou Eloxio da sombra, de Junichiro Tanizaki. En Toxosoutos, as Bucólicas e a Eneida de Virxilio uniranse a contemporáneos galegos coma Chus Pato, Lupe Gómez ou David G. Couso.
[...]
|
...
|
|
|
|