:
Narrativa mortal
: Armando Requeixo 01/07/2011
|
Con 1980 (ano cero) o vigués Rubén Martínez Alonso bota a andar polos intricados vieiros da narrativa galega.
A de Martínez Alonso é novela
psicolóxica de moito lastre, cargueiros enteiros de reflexións sobre a
vida e a morte —principalmente a morte—, sobre o sentido da existencia
e, antes de cousa ningunha, sobre o suicidio, verdadeira trabe mestra da
historia que se presenta.
O mozo protagonista, recluído nun
psiquiátrico, pasa revista aos feitos traumáticos que pexaron os seus
días, á infancia de abafantes clases de natación e os (des)amores
xuvenís, un tempo que se sente asemade arredado e próximo.
E velaí outra das pretensións da novela,
a procura dun non lugar e un non tempo ou, se se quer mellor, unha
intersección atemporal e atópica de eternidade deslocalizada, alucinada
obsesión do doído protagonista.
Tripando motivos e recursos abondo
coñecidos, a escrita de Rubén Martínez Alonso convida á introspección
epifánica e a iluminación polo pensamento, tantas veces lindeiro coa
loucura.
[...]
|
...
|
|
Lucidez na loucura
: Galicia Hoxe 21/06/2011
|
"A hipocrisía contaxiarase entón ó eido
público dende o privado, ás relacións sociais, porque os individuos xa
non son capaces de concibir un mundo sen mentiras, falsidades, sen
praceres colectivos que satisfagan á masa, ó tempo que impiden a
realización do suxeito, do singular, do ego". É unha das reflexións do
protagonista de 1980 (ano cero), a primeira novela de Rubén Martínez Alonso, que acaba de editar Toxosoutos. Un monólogo dunha persoa lúcida na súa loucura. É o teu primeiro libro, aínda que xa publicaras algo de poesía en "Dorna". Non é un pouco arriscada a túa opción polo monólogo? O
protagonista é un demente e iso dá pé a reflexionar sobre moitas
cousas. É case todo monólogo, si, menos algo de diálogo que lle dá
axilidade, aínda que moitas veces non sabemos con quen fala, moitas
veces fala consigo mesmo... É
unha persoa cunha enfermidade mental, con dobre personalidade, pero
fai críticas moi acertadas dunha sociedade que ve como alleante e
destrutiva... Desexa a
morte, e vai argumentando esa arela nas súas experiencias. E ó mesmo
tempo vai asumindo a personalidade dos outros personaxes dos que fala. E
cuestiona, critica, a sociedade. O xogo é que se podería darlle a
volta á historia, sendo os tolos os demais, pois el pregúntase quen
pode sentirse libre no cárcere que é o mundo. Que é este libro, se tiveras que definilo nunha frase? Cal é o tema fundamental? A liberdade de escoller como vivir a túa propia vida. O que conta ocorreu no pasado. E hai varios pasados nun... Presente,
pasado e futuro están mesturados, en realidade. Só hai esa data que el
asocia a un feito traumático. O tempo, como o espazo, quedan nun
segundo plano. O que si está claro é que o marcou a súa infancia, o maltratamento... Ten
bos recordos da súa infancia. Pero tamén hai unha crítica ó
maltratamento, e ó amor mal entendido que en realidade é dependencia e
que leva a consentilo. E, si, a idea de que a infancia é unha etapa que
nos marca moito. Pero o protagonista tamén é crítico consigo mesmo, non si? Si,
porque se decata de que é moi semellante a seu pai. El ten unha
personalidade herdada, e non é capaz de ser doutra maneira. Seu pai
tamén fora maltratado. É unha violencia que vai pasando de xeración en
xeración. E a única saída que el ve é a morte. Rexeita a sociedade pero tamén se sente moi só... Séntese só porque non se sente comprendido.
[...]
|
...
|
|
Pegadas galegas en Carmen Martín Gaite
: Armando Requeixo 15/06/2011
|
Poucos, ben poucos, son os
segredos que agocha xa a vida e a obra de Carmen Martín Gaite para o filólogo
ourensán David González Couso, quen leva xa uns anos pescudando nas raíces
galegas da escritora para explicar o seu particular mundo narrativo.
Con tal motivo, recentemente deu
a coñecer O fío da escritura, interesante monografía na
que detallaba a ascendencia familiar de Martín Gaite e a implicación destes
seus devanceiros nos eidos da cultura galega, humus propicio do que agromaría
logo a querenza galiciana da autora.
Pois ben, ao título anterior vén
sumarse agora Os perfís galegos de Carmen Martín Gaite, tradución do
volume homónimo editado na almeriense Procompal hai tres anos que foi vertido
dende o castelán ao galego por Amelia Piñeiro.
Neste libro, González Couso
detense na análise pormenorizada de dous textos narrativos da escritora, Las
ataduras e El pastel del diablo, para, a través deles e do seu
diálogo intratextual, afondar na ancoraxe galega que ambos e dous agochan.
Os perfís galegos de Carmen
Martín Gaite péchase cunha batería de apéndices nos que destaca unha completa
bibliografía dos traballos da autora, así como diversos textos xurdidos a
partir da publicación da edición castelá da obra.
Non cabe, pois, senón subscribir
as palabras de Soledad Pérez-Abadín Barro cando afirma que se facía necesario
“ofrecer en versión galega este libro, inicialmente publicado en castelán,
revalorizador da presenza da paisaxe, o ambiente e as evocacións ourensás na
escritora”. Un acerto, sen dúbida, que han agradecer todos os amantes da
escrita de Martín Gaite.
[...]
|
...
|
|
«Piñor debe recuperar a Carmen Martín Gaite»
: La Voz de Galicia 08/06/2011
|
Hai anos que David González Couso (Ourense, 1978) centrou a atención informativa e dos investigadores polo seu libro Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite.
Logo desenvolveu outros traballos vencellados coa escritora (nacida en
Salamanza en 1925 e finada en Madrid no 2000) e a súa última
publicación, O fío da escritura, percorre a historia e a
xenealoxía dos Gaite para reescribir a historia da familia e, en parte,
de moitos dos acontecementos e dos episodios salientables de Ourense e
outras partes de Galicia. González Couso é tamén o director de
publicacións da editorial Toxosoutos.
-Toxosoutos creou unha liña editorial cunha
denominación máis que evidente: Colección Esmorga ¿que motivou a
elección do nome?
-Queríamos dárlle un sinal de identidade moi claro e
unha aposta por novas propostas e iniciativas nesta colección. E ao
mellor algo tivo que ver a conexión ourensá do comité que a
promove, tendo en conta que están, entre outros, Fernández Naval, Ramón
Caride, Jorge Emilio Bóveda e Xerardo Méndez.
-¿Que se vai ofrecer nesta liña da editora?
-Os contidos van ser moi diversos pero queremos que
teña unha identidade como colección: autores clásicos, tamén da propia
literatura galega, traballos filolóxicos, ensaio, narrativa, teatro e
poesía. Unha sátira de Séneca é a nosa nova proposta.
-En«O
fío da escritura» recupera a pegada de Carmen Martín Gaite, ao traverso
da súa familia, en Ourense e en Galicia ¿queda aínda memoria viva da
autora?
-Quedan familiares, curmáns da escritora, que aínda
manteñen a memoria e lembranzas de Carmen Martín Gaite. Esas pegadas e o
material que fun recollendo aparecen refrexados na miña obra.
-¿A asignatura pendente de Ourense é recuperar a memoria da autora?
-Queda traballo por facer, en Ourense algo menos é
de forma salientable en Piñor. Neste tipo de iniciativas sempre hai
reticencias, decisións políticas e outros aspectos. Con todo, Piñor debe
recuperar a memoria de Carmen Martín Gaite.
-¿Cal sería a fórmula?
-Sería algo a concretar, mais é de xustiza facerlle un recoñecemento a escritora.
[...]
|
...
|
|
Para o desacougo
: Dorinda Castro Soliño 02/06/2011
|
A
editorial Toxosoutos vén de sacar a luz, na colección “Nume”, 1980 (ano
cero) de Rubén Martínez Alonso, cuxas primeiras publicacións literarias
tiñeron lugar no eido da poesía
a través da revista Dorna. 1980 significa a súa primeira incursión no
ámbito da narrativa. O pequeno, pero intenso, volume de oitenta páxinas
leva un título que fai referencia á crenza de que tras a morte por
suicidio unha persoa volve de novo ao ano cero.Trátase, pois, dun
monólogo onde o tempo e mais o espazo desaparecen na procura da
ubicuidade absoluta: a consulta da psiquiatra, o máis alá, a infancia, o
futuro, o pasado, o presente (“xa todo foi, é e será a un tempo”),
mentres o narrador Eu confúndese con El e ás veces con Ela co que o Ego
asume outros eus e a dualidade de xénero. Ansiedade, obsesión, angustia,
destrución, psicose, suicidio, expulsión do paraíso, orfandade,
soidade, dor, enfermidade, desamparo, violencia, maltrato, nai, pai,
irmán…son os campos semánticos sobre os que xiran as reflexións do
protagonista , quen aspira reiteradamente á morte por suicidio porque
non hai esperanza ou porque é o único xeito de encararse coa vida. Unhas
palabras descarnadas e brutais que non deixarán indiferente a ninguén e
que nos producen, cando menos, desacougo.
[...]
|
...
|
|
|
|