:
A LITERATURA HAI DOUS MIL ANOS
: Daniel Salgado 28/10/2011
|
A literatura clásica continúa a emitir sinais descifrábeis no tempo en
que o capital non dá recuperado a taxa de gaño. Hai dous mil, tres mil
anos, que Publio Virxilio Marón redactaba un poema, a cuarta bucólica,
practicamente contemporáneo: "Xa chega o final dos tempos que Sibila
agoirara / Un grande ciclo de séculos de novo comeza". E se Virxilio,
aquel que guiou a Dante polo inferno, ecoa de novo en galego, é grazas
ao labor de tradución de Xoán Fuentes Castro. O poeta escribiu as Bucólicas
en latín 50 anos antes de que Xesucristo entrase no escenario da
historia e agora, na edición que Toxosoutos vén de enviar ás librarías,
conforman o último episodio do trasvase entre as letras grecolatinas do
mundo antigo e o galego actual. Castro (O Grove, 1932) escapa do
funcionalismo. "Ás veces fanse cousas que non son necesarias, pero que
nos dan unha visión diferente da vida, do que fomos e do que puidemos
ser", expón. El, que xa pasou ao galego o Lingüística e colonialismo de Louis-Jean Calvet ou o Tractatus de Wittgenstein, confesa que si, que ama a Virxilio -de próxima publicación é a súa versión da Eneida e xa comezou coas Xeórxicas-
pero que, porén, non o considera "o pai de Occidente". Si unha figura
esencial na "configuración moral" de Europa. Tan esencial que o
profesor Xosé Antón López Silva tamén ultima a súa traslación da Eneida
e as traducións parciais ao galego do poeta campesiño sucedéronse dende
que, en 1898, Florencio Vaamonde Lores abriu a billa. "No meu labor de
tradución tamén hai o aspecto de ser galego", xustifica Fuentes Castro,
"porque, ademais, non hai tradución sistematica á nosa lingua". Co
punto morto ao que chegou a colección Clásicos en Galego, titelada polo
latinista Manuel Díaz y Díaz (1924-2008) e partillada pola Xunta e a
editorial Galaxia, ninguén se ocupa de reinterpretar para o galego o
susbtrato da cultura occidental. "En calquera outro país, proliferan as
traducións de clásicos", explica a profesora da Universidade de
Santiago Helena de Carlos (Cenlle, 1964). Mesmo en linguas sen Estado
que as ampare: a serie Bernat Metge, fundada por Francesc Cambó, leva
dende 1923 acollendo as versións catalás dos escritores da Grecia
antiga e da Roma imperial. "En España, a situación só comezou a variar
coas edicións de Gredos, que sobre todo son valiosas pola súa gran
amplitude de textos", engade.
[...]
|
...
|
|
Maximino Cacheiro: "Frankenstein ten erótica"
: Jorge Lamas 28/10/2011
|
«A Bela e a Besta é amor e sexo», explica Maximino Cacheiro, autor de
Contos de paixón erótica (Toxosoutos), mentres le en clave húmida o
encontro entre os dous personaxes do conto infantil. O profesor da
Universidade de Vigo recolleu fragmentos de autores clásicos da
literatura europea para confeccionar unha antoloxía do erotismo. «É unha
antoloxía de textos clásicos reescrita, é dicir, é a primeira antoloxía
da literatura occidental de textos eróticos escrita en lingua galega,
na que aparecen desde Homero a Val-Inclán, pasando por William
Shakespeare, Franz Kafka ou Marcel Proust», engade o escritor.O
profesor de Literatura opina que a época do erotismo por antonomasia foi
o século XVIII, «o francés», puntualiza. Aínda que tampouco quere
esquecerse da Grecia clásica e toda a súa lea de deuses e amantes. Era e
Zeus, Safo ou Albicíades marcan o inicio dun percorrido que non dá as
costas a clásicos españois como A Celestina, ou referencias inevitables á
literatura de terror. «Frankenstein ten erótica, claro que isto hai que
lelo», explica moi convencido o profesor vigués. Tanto como o galego
Ramón María do Val-Inclán: «A nena chole é un conto que rezuma erotismo;
é a entrega ao marqués de Bradomín. Valei-Inclán é sumamente erótico»,
sinala Maximino Cacheiro.Trátase de reescribir temas e motivos
eróticos paradigmáticos da evolución da literatura erótica occidental,
de tal forma que sexa unha antoloxía de mitos eróticos modernizados.«Historias dá Boule d?or»As
apaixonantes noites de faladoiro ao redor de Agustín García Calvo, no
París dos españois exiliados súmase á antoloxía erótica nas anexo
Historias dá Boule d?or. Trátase dunha serie de contos inspirados en
varios personaxes que pululaban ao redor do faladoiro fundado por
Agustín García Calvo no barrio latino de París.«O faladoiro
celebrábase en horario nocturno no café Boule d?or, hoxe xa
desaparecido. Agustín García Calvo, aglutinador de vontades e
intelectual, presidía máis ou menos aquelas reunións, que foron un
referente mítico entre os progresistas radicais nos últimos momentos do
franquismo», afirma Cacheiro Varela, testemuña forzosa daquela épocaO
profesor viuse obrigado a exiliarse en 1967 por motivos políticos, unha
situación que se prolongou até 1976 en París e que tivo a súa
continuación, outro sete anos, en Venezuela. «Era frecuente que os
participantes intercambiasen experiencias existenciais, estimuladas de
cando en vez por algunha herba máxica. Era un tótum revolútum de
exiliados, marxinais, emigrantes, aventureiros de variado sentir e
pensar, que vivían a modernidade máis ou menos antisistema española e
francesa, ou mellor devandito, universal», afirma. Algúns daqueles
clientes da Boule son Rafael Sánchez Ferlosio, o seu irmán Rizo,
Fernando Savater, Félix de Azúa, Víctor Gómez Pin ou Javier Etxeverría.«Quero
renderlles homenaxe a todos eles sen outra pretensión que a de deleitar
e revivir unha parte afectiva da memoria. Foi unha movida antes da
movida, aquí chegou no oitenta cando nós xa a tiñamos no setenta»,
lembra.O profesor aclara que «son personaxes máis ou menos
reais», para concluír: «Dentro do malo que é un exilio, aquilo foi unha
liberación persoal porque viviamos en liberdade».Na Sonata de estío, o marqués de Bradomín coñece á nena chole.Frankenstein tampouco se resiste ao erotismo.Un dos contos titúlase Tálamo con Era e Zeus.«Vivimos en Francia unha movida antes da movida en España»
[...]
|
...
|
|
Xosé Lois García presenta en Lugo a Poesía Completa
: Alberto López 19/10/2011
|
No sabemos si el escritor Xosé Lois García podría asistir ayer a la
romería que celebraron en su tierra. Lo que sí sabemos es que a ultima
hora de la tarde estuvo en la Galería Sargadelos de Monforte. Presentaba
un libro que recoge la práctica totalidad de su obra poética y que
acaba de ser publicado por la editorial Toxosoutos. La obra recopila los
22 poemarios publicados por el escritor chantadino entre 1972 y el
2009. El libro recupera también los prólogos de escritores como Manuel
María, Uxío Novoneyra, Xosé Luis Axeitos y Vicente Araguas, Vergílio
Alberto Vieira y Maria João Reynaud o Andytias Soares de Mora.
[...]
|
...
|
|
Couceiro acolle a poesía de Xosé Lois García
: La Voz de Santiago 12/10/2011
|
La librería Couceiro acogió la presentación de la obra poética completa del escritor Xosé Lois García, publicada por Toxosoutos. Dos volúmenes, Por ninguén aloumiñada y No sangue dos bardos, conforman la obra poética. Acompañaron al autor en la presentación Héitor Picallo, Uxío Novoneyra Rei y David G. Couso.
[...]
|
...
|
|
Rip Van Winkle
: Ramón Nicolás 22/09/2011
|
Como un acerto cualifico a aparición no mercado galego dunha edición bilingüe inglés-galego de Rip van Winkle, de Washington Irving, que chega da man de Toxosoutos,
en fluída tradución de David G. Couso e cun acaído e clarificador
limiar a cargo de Milagros Torrado, sen esquecer as ilustracións de
Vault.
Este título, do que adoita ser
considerado o primeiro escritor profesional estadounidense e talvez
máis coñecido polos seus célebres Contos da Alhambra (1832),
resulta ben curioso por recrear unha historia sinxela que tanto lembra,
por outro lado, esa extraordinaria composición poética da tradición
galego-portuguesa medieval das Cantigas de Santa María que comezaba: "Como
Santa María feze estar o monje trezentos anos ao canto da passarya,
porque lle pedía que lle mostrasse qual era o ben que avian os que eran
en Paraíso" e que lle servira ao polígrafo pontevedrés Filgueira Valverde para se para se doutorar co título de La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval.
Desposuída do matiz relixioso, a
lenda vén sendo a mesma aínda que no libro de Irving, loxicamente, o
contexto é diferente. En Rip van Winkle deséñase unha época
inmediatamente anterior á Guerra de Independencia estadounidense cando o
protagonista, de ascendencia holandesa, escapa da súa casa. Ao final
desa aventura, tras inxerir unha beberaxe ficará durmido e, ao acordar,
irá decatándose de que pasaron vinte anos e que xa nada é o mesmo.
Cualificado durante algún tempo como un conto infantil, son da opinión
que, sen deixar de selo, é este un volume que ofrece distintos niveis de
lectura como a análise das relacións familiares, o devezo por modificar
o estado das cousas e, xaora, a reflexión sobre o propio paso do tempo.
Existe, entre outras, unha recreación televisiva, dirixida por Francis
Ford Coppola, que recomendo vivamente e que pode ser un magnífico
complemento á lectura
[...]
|
...
|
|
Vella aventura, ritmo novo
: Marga Romero 22/09/2011
|
Estamos,sen
dúbida,diante dun fermoso e conmovedor libro,Costa necrópole. Escenarios para deslembrar, que mereceu o premio IX Certame
literario de aventuras“ Antón Avilés de Taramancos”;un volumeque nos encamiña pola
viaxe interior do seu protagonista e que actualiza o drama individual da
emigración.Evocamos de inmediato o poema do Avilés no que identifica a construcción
do navío coa do seu propio ser,nesta narración en primeira persoa, Saïd, non
pode comezar cunha frase máis atinada:“ Despezo barcos na costa”. Velaí a
aventura, despezar para construírse de novo nunha cadea de desprazamentos que suponen
unha nova perda, que percorremos por eses “escenarios para deslembrar”. Partimos,
entón, desa praia de Mauritania, onde non valen as ideas marabillosas dos
europeos que traballan para organización de axuda aos inmigrantes: un non se
pode rebelar contra Samir,hai máis mozos fuxindo da fame para ese traballo, onde
van caendo“ao chan as pezas inservibles do navío”.Desmemoriarse para (re)nacer nun
camiñar a través do deserto no que tod@s somos Saïd,e este é un dos valores da
historia, devolver(nos) a memoria. No remate a perda total e o pánico e unha
palabra nova “Southampton”. Sen tópicos loamiñeiros, excepcional dominio do
ritmo entre a narración e a lírica.
[...]
|
...
|
|
|
|