- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Unha tempada no paraíso, de Claudio Rodríguez Fer


:      Caderno da Crítica
04/02/2011

No seo dunha nova colección poética, o que resulta unha excelente noticia, que edita Toxosoutos, volve a palabra poética de Claudio Rodríguez Fer nun volume publicado baixo o título de Unha tempada no paraíso.
Falamos aquí, así pois, de paraísos literarios, como os que pensaron
Breton, Raimbaud ou Baudelaire, mais este fondamente  humanístico e
vital, introducido con moito tino,  pertinencia e asisada interpretación
analítica pola tamén poeta Olga Novo. A autora de Nós nús,
xa que logo, é quen apunta con ánimo esclarecedor  as claves semánticas
e simbólicas deste volume establecendo unha intelixente lectura
onde, ademais de subliñar os elos desta peza coa obra anterior
do autor, destaca que o libro se asenta nun “paraíso antiblíblico
conectado cos praceres da carne” e que nace dunha “libertaria arela
humanista, acompasada ás aperturas múltiples da posvangarda, abeirada
aos límites cognoscitivos”. 


<<       > <