- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

MEDRA A XERACIÓN BARBANTIA


:      MONCHO ARES
28/03/2010

Recentemente bautizada a
Xeración Barbantia, na sede da Estación Leña Verde de Boiro púxose de
manifesto o venres que o movemento cultural nado ao amparo da
asociación que preside Antón Riveiro Coello segue a dar froitos en
forma de mozos valores. Desta foi, precisamente, unha das fundadoras do
colectivo, Milagros Torrado Cespón, que deu a coñecer O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illa Británicas e Galiza , que se presentou na citada instalación ante moitísimo público.

Abriu
as intervencións Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia, quen
explicou como coñeceu a Milagros Torrado coa que mantén unha gran
amizade, para ceder a palabra a David González, director de
publicacións de Toxosoutos, quen dixo que a obra está incluída na Serie
Keltia porque os obxectivos desta, desde a súa fundación, son a
reconstrución e recuperación da identidade galega a través das
tradicións, lendas e costumes.

Condicións

O
catedrático de Historia e Cultura Inglesas da Facultade de Filoloxía da
USC Fernando Alonso Romero, á súa vez titor da autora, explicou que
tivera a oportunidade de seguir o traballo de investigación da súa
alumna, pois hai anos que a coñece e xa sabía que tiña condicións para
o estudo e a investigación. Asegurou que facela obra non foi unha
tarefa fácil porque Milagros Torrado tivo que empregar moitos días na
recompilación de datos: «Hoy sale a la luz en su propia tierra, y es
para mí una fascinación como profesor y colega, porque Milagros ya
forma parte de nuestro departamento». O libro está centrado no mal de
ollo «una tradición que no es exclusivamente gallega porque tiene sus
equivalencias en Escocia e Inglaterra, con los que compartimos muchos
aspectos culturales».

A
autora, Milagros Torrado, fixo un repaso pola obra, desvelando algúns
dos seus contidos, así como a súa estrutura interior. Asegurou que o
día que lle chegou o libro ás súas mans acariñouno e exclamou que era o
seu meniño. Tamén confesou que algunha xente estrañouse de que
investigara o mal de ollo, pero ela animouse a seguir na súa inquietude
de non deixar que morran as tradicións galegas.

Pechou
as intervencións Xosé Deira, alcalde de Boiro. En primeiro lugar,
destacou o papel de Toxosoutos, editorial que apoia sen reservas aos
creadores barbanceses, e logo subliñou o mérito de Milagros Torrado que
coa súa obra estaba a conseguir poñer sobre papel tradicións galegas
que deste xeito non morrerán. Deira dixo que era un libro moi
traballado, falou da envexa á que se atribúe o mal de ollo, como unha
consecuencia do afán de superación das persoas e de que, hoxe en día,
que hai tanta tecnificación, cada vez hai máis xente que acude a
métodos tradicionais para resolver problemas. Sobre Milagros Torrado, o
alcalde rematou dicindo: «A xuventude non só merece oportunidades senón
tamén que a escoitemos para saber quen son». A actuación das
cantareiras de Lumieira abriu e pechou o acto.




<<       > <