- Editorial Toxosoutos.com.


:


Dende 13 até 18 de 201 elementos



<< Anterior 1 2 34 5 6 7 8 9 10 11   ... 34 Seguinte >>


BREIZH, de Miro Villar


:      Fervenzas literarias
18/04/2013

Ar-Mor. No mar. País do mar. Un mar que vai e ven. Mar que da vida e reivindica morte. Un mar que é o comezo da fin da terra, das fins da terra. Un mar que une fisterras.

Miro Villar nos ofrece en Breizh (Toxosoutos) un diálogo entre dúas fisterras: Galicia e Bretaña. Dúas periferias afastadas e unidas polo mesmo recendo a salgado. O poeta de Cee fotografía as paraxes de Bretaña e nolas ofrece en forma de haiku. Pont-Aven, Karnag, Saint-Goustan... semellan neste libro ser follas abaneadas suavemente polo vento. Velaí a esencia das imaxes que nos mostra Miro Villar neste Breizh.

Un libro para ler amodo, para deixarse levar e percorrer esa xeografía que, no fondo, está tan unida a nós por esas veas salgadas das que fala Miro Villar nun dos seus haikus. Unha unión e unha tradición que perdura dende séculos atrás e que se manterá no tempo grazas a achegas como este Breizh.

[...]
      ...
Ver noticia

Guieiro Vidal Bolaño


:      Armando Requeixo
11/04/2013

Laura Tato Fontaíña, recoñecida especialista na historia e análise do teatro de noso, acaba de publicar na colección de ensaio da noiesa Toxosoutos un traballo ao que titulouRoberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, oportuna contribución ao ano literario en curso no que, como é ben sabido, dedicamos o Día das Letras Galegas a tan destacado autor.

Este breve volume de Tato Fontaíña divide o seu contido en tres capítulos: un primeiro centrado no contexto epocal no que agroma a actividade de Vidal Bolaño; un segundo no que se tracexa un sucinto perfil biobibliográfico do personaxe e un terceiro no que se realiza unha aproximación analítica aos seus principais títulos. Os dous primeiros capítulos débenlle moito ás múltiples investigacións previas realizadas por outr@s colegas, das que aquí se ofrece unha síntese divulgativa, sendo o terceiro destes bloques aquel onde a docente da UDC se achega con maior orixinalidade á dramática do santiagués. Nestas páxinas, compéndiase con firme trazo didáctico e rigor expositivo o máis salientable verbo da súa adscrición xeracional e mais os principais ciclos nos que é posible clasificar o conxunto da súa produción, para rematar cun panorámico pero completo percorrido polos diferentes títulos que nos trinta anos de oficio deu á luz Vidal Bolaño.

Non quero dar cabo a estas liñas sen recomendar a lectura do competente estudo introdutorio que se ofrece como solaina deste traballo, un prólogo asinado por un dos mellores coñecedores do universo Vidal Bolaño: Manuel Quintáns Suárez, quen foi, amais, persoa vitalmente moi próxima ao dramaturgo, co que compartiu angueiras e desvelos e a nacenza de moitos proxectos e iniciativas.

Neste ano tan sinalado para o coñecemento da vida e obra do autor de Animais, este libro que nos vén da man de Laura Tato Fontaíña pode moi ben ser un pedagóxico guieiro para internarse en tan complexo e vizoso territorio.

[...]
      ...

Viaxes literarias


:      Armando Requeixo
21/03/2013

Tamén si, e nesta mesma liña, hai nada chegou ás librerías Breizh (Toxosoutos, 2012), poemario haikiano no que o País dos Armiños, a sempre cativadora Bretaña, serve de inspiración ao verso evocador de Miro Villar, quen nos traslada nas súas composicións a un espazo no que os mitos, as lendas e os símbolos deste historiado territorio cobran nova e feraz vida.
[...]
      ...

Literatura de urxencia


:      Román Raña
14/03/2013

Ao ler Pedras de plastilina golpea a nosa mente a sentenza de Adorno que afirmaba que despois de Auschwitz non había lugar para a poesía.Pasados os

decenios,o tempo e mais os feitos encargáronse de desmentilo.Porque precisamente nos lugares onde inmensas camadas da poboación viven instaladas no corazón das tebras,alí onde a realidade é máis atroz,a poesía, a arte, son máis necesarias que nunca.Por iso este libro resulta eticamente necesario,porque precisamos que alguén sume a súa voz á voz dos desfavorecidos, dos exterminados.O poemario que nos preocupa é testemuño de todo isto.Denuncia a dor dun pobo,o pobo palestino,que vive baixo o xugo

do terror e da ocupación; testifica o vivir diario das xentes que padecen anha ausencia total das libertades básicas. As fotos que acompañan os poemas confirman esta barbarie e esta violencia brutal.Mais tamén dan conta da vida que brota entre os seixos e os tanques, da esencial dignidade das persoas que sobreviven entre os escombros das casas destruídas,un verdadeiro Auschwitz na aridez do deserto. Estamos ante unha literatura de urxencia onde o seu autor,Moncho Iglesias Míguez, que reside nos territorios ocupados desde hai anos,resulta ser o portavoz dunha inxustiza  que ofende a intelixencia do mundo.

Faro da Cultura, p. VI

[...]
      ...

Superposición de filtros


:      Antía Marante Arias
11/03/2013

A lectura de Breizh provoca unha inmediata apertura de fronteiras ao tratarse dun poemario que, formalmente, participa dunha tradición poética oriental e, tematicamente, nos transporta a xeografías bretoas. Así, situado nunha encrucillada de tradicións e xeografías, Villar acomoda experiencias, olladas e percepcións no breve espazo poético que os haikus lle ofrecen e fornece ao lectorado da posibilidade de percorrer xeografías distantes pero semellantes. 
[...]
      ...
Ver noticia

O «Breizh» de Miro Villar achégase a Arteixo


:      La Voz de Galicia Carballo
27/02/2013

 escritor ceense Miro Villa achegarase este venres (20.00 horas) a Arteixo para presentar, na libraría A Lus do Candil, do fisterrán Modesto Fraga, o seu último poemario, Breizh, editado por Toxosoutos.

A obra é unha das candidatas a recibir o premios Ánxel Casal, que entregará en Vigo o vindeiro 15 de marzo a Asociación Galega de Editores.

O poemario recrea en forma de haikus (poemas breves de orixe xaponés) algunhas das lembranzas dunha viaxe que fixo á Bretaña francesa co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) e cada un dos haikus convértese en guía das distintas etapas do percorrido. Precisamente, na presentación que realizará en Arteixo Miro Villar estará acompañado polo presidente da entidade, Xosé María Lema Suárez, responsable do limiar de Breizh.

[...]
      ...
<< Anterior 1 2 34 5 6 7 8 9 10 11   ... 34 Seguinte >>