Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Listado de novas:


Dende 49 até 54 de 201 elementos



<< Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 910 11 12 13 14 15 16 17   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

Peregrinos a Compostela. Guía de camiñantes doutrora


Autor:      Lucía Seoane
31/05/2012

X .Eduardo López Pereira,catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña, autor de numerosos libros e traballos arredor de textos latinos tardíos e medievais é o encargado da edición e tradución ao galego do libro V do Códice Calixtino –unha obra de aínda recente actualidade xornalística por motivos ben pouco felices–, universalmente coñecida como Guía do peregrino. Nunha moi coidadae rigorosa introdución, López Pereira explica, con cualidade científica mais tamén con prosa doada e de agradable lectura, todo o referido á historia, a autoría, o contexto xacobeo… no que xorde a obra. Así mesmo coñecemos noticias acerca da relación do volume que comentamos con esoutras guías de caminantes e peregrinos a Compostela e aínda a propia textura do camiño e daqueles que o percorreron. En fin, unha análise das edicións e traducións ralizadas até a data vén complementar este, como dixemos, excelente limiar. Vilas,igrexas,hospitais… doutrora –moitos aínda, e felizmente,en pé na actualidade–,así como unha descrición da cidade de Santiago, cunha completa descrición da propia cidade, das súas murallas e portas, da catedral... pero tamén das xentes que a habitaban,aqueles mercaderes, zapateiros, curdidores, veleiros, cordeiros... a ofreceren “mochilas de pel de cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas mediciais” veñen desfilar ao longo das páxinas dun texto clásico entre os clásicos, unha sorte de reportaxe magnífica que desafía o paso do tempo. Sen dúbida, estamos diante dun volume senlleiro que non debe faltar nunca nos andeis das nosas bibliotecas. agora tamén en “romanzo galego.”

Faro da Cultura, p. VI.

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Tempo de homes bos. Nobres e literatura


Autor:      Alfredo Iglesias Diéguez
31/05/2012

Nunha sociedade dividida entre a nobreza, a clase social que gozaba do poder militar, xurisdicional e económico, e mais o pobo, a clase social traballadora que sustentaba coas rendas do seu traballo a papas, emperadores, reis, infantes,condes,cabaleiros, abades, bispos…, isto é,os membros da clase dos “ben nacidos” e dos“homes bos”, como se refiren na documentación medieval os grupos sociais privilexiados, a produción literaria exerce unha función apoloxética dese réxime cristián feudal, tanto na súa faciana relixiosa como na política e social. Precisamente por esa razón, pódese pescudar no amplo corpus lírico galego–portugués esa función lexitimadora da literatura,que sinale a norma que debía guiar quen ostentase algunha dignidade nobiliar, o que podía realizar mediante a sátira mordaz ou mediante o exemplum, segundo fose unha cantiga de escarnio ou maldizer ou unha cantiga mariana do rei Afonso X o Sabio, sinalando aqueles comportamentos, como a covardía, a traizón ou a presunción, que tan lonxe deberían estar da ética feudal. Eís o traballo que realizou o profesor Antonio Rey Somoza, autor d’ A nobreza medieval na lírica galego–portuguesa, volume imporante no que achega un coñecemento da nobreza galega medieval que ás veces non figura recollido nas fontes documentais tradicionais.

Faro da Cultura, p. VII

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Los que trovaron en Compostela


Autor:      Diana Mandiá
30/05/2012

Aunque el paisaje con más fortuna de la lírica gallego-portuguesa es aquel al que clamó Martin Codax en su célebre cantiga de amigo (Ondas do mar de Vigo/ Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo?/ E ai Deus!, se verra cedo?), el único lugar susceptible de protagonizar una ruta de referencias geográficas mencionadas por los trovadores es Santiago, en la que nacieron y vivieron, al calor de los círculos del poder político y religioso, algunos de los compositores medievales. Esta presencia privilegiada de Compostela la defienden Isabel Morán y José Antonio Souto, dos profesores e investigadores de filología gallega y portuguesa en la Universidade de Santiago que acaban de presentar O amor que eu levei de Santiago (Editorial Toxosoutos), un estudio sobre las menciones a la ciudad del Apóstol —el “patrón sabido”
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

O libro O amor que eu levei de Santiago traza o primeiro roteiro da lírica medieval trobadoresca para a cidade de Santia


Autor:      Xornal USC
24/05/2012

Seguindo os pasos dos trobadores e xograres que compuñan as súas cantigas en galego-portugués, os profesores da USC José António Souto Cabo e Mª Isabel Morán Cabanas xunto coa catedrática da Universidade Estadual de Campinas-São Paulo (Brasil) Yara Frateschi Vieira acaban de publicar O amor que eu levei de Santiago, primeiro roteiro histórico-literario sobre trobadores e xograres preparado para a cidade de Santiago de Compostela e a súa área mais próxima que toma o seu título do verso dunha cantiga de amigo do trobador Fernando Esquio.
 
Neste obra explícanse os puntos da cidade, así como dos concellos limítrofes de Teo e Brión, vinculados á lírica trobadoresca, transitando polas rúas, prazas, igrexas e barrios que son citados por trobadores e xograres de toda a Península Ibérica. Esta proposta editorial transcorre ao longo de 20 cantigas acompañadas de breves explicacións sobre a súas orixes e os seu contidos, ofrecendo nalgúns casos información nova tanto sobre datos de carácter histórico-documental como en relación ás interpretacións dos versos. Ademais, cada cantiga é ilustrada con fotografías de lugares da cidade ou arredores, recollendo maioritariamente detalles relativos a época medieval.
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Ramón Caride Ogando


Autor:      Armando Requeixo
23/05/2012

En paralelo xa publicaba cousas soltas, poemas ou contos no suplemento Revista das Letras de El Correo Gallego, na revista Animal de Positivas, en Dorna, no suplemento Mes a Mes da edición do Ribeiro de La Voz de Galicia etcétera. Nos oitenta, do que publiquei en prensa, hai pouca cousa que valla, pero seguramente me serviron para aprender. Unha escolla destes textos, xa dende os 90, ou sexa omitindo os primeirísimos anos, está no libroO gume dos espellos (2010) da editorial Toxosoutos, cousa que sempre lle agradecerei ao meu paisano David González Couso.
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Santiago foi centro internacional das letras galegas medievais


Autor:      Joel Gómez
17/05/2012

Espazos de Compostela como a catedral, as igrexas de Salomé e San Domingos do Bonaval, a praza de Cervantes, o mosteiro de Santa María e o lugar de Conxo, Crecente, Cornes, Porta Faxeira, as rúas das Moeda Vella ou Preguntoiro, San Martiño Pinario, a colexiada e o río Sar, ou a propia cidade; outros de Teo, como Balcaide, Lampai e a igrexa de San Simón de Ons; e igrexa de San Salvador de Bastavales en Brión, están relacionados con autores da lírica galego-portuguesa e algúns son citados nas súas composicións.

As cantigas e outra documentación relacionan 17 autores dese movemento literario con Santiago, e dan pé a O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa, un volume recen editado por Toxosoutos, elaborado pola coñecida medievalista brasileira Yara Frateschi Vieira, e por Isabel Morán Cabanas e José A. Souto Cabo, docentes da Facultade de Filoloxía da USC.

[...]
      Ler máis...