PZOEMA ZAMARRADA PELIQUEIRO
PZOEMA ZAMARRADA PELIQUEIRO
Autor: Araúxo, Emilio
210X150. 345PÁXINAS
20,00 €
Precios con I.V.A. incluido.
|
Código: 00518 ISBN: 978-84-944314-8-7 Nombre del producto: PZOEMA ZAMARRADA PELIQUEIRO Autor: Araúxo, Emilio Idioma: Gallego Descripción: 210X150. 345PÁXINAS Precio (PVP) €: 20,00 € iva incl. Ficha: De todas as mascaradas ás que puiden asistir en numerosos países, a de Laza é a máis atractiva, a máis desconcertante e a que presenta os rituais máis misteriosos. A miña experiencia vital estará unida a Laza para sempre. Medrei alí neses días dende que rematei a miña carreira aprendendo cómo fan unha "obra artística", vital e xocosa cos seus corpos, cos seus traxes e coas súas instalacións. Despois de coñecer outros carnavais e festas, sinto que en Laza é onde saben "crear" vida e emoción e embarcarnos a todos os demais nesa estraña e excitante maneira de vivire, aínda que soamente sexa durante eses días máxicos. ¿Que virtudes dotan ó Entroido de Laza das súas insólitas características e do seu profundo sentido?. O atributo esencial do Entroido é o dun tempo á parte do tempo ordinario, un tempo no que se dá vía libre a licenciosos, alegres e extravagantes comportamentos e respresentacións, un tempo ó revés no que se instala o caos, a loucura e o desatino. Por medio do humor, a sátira e a risa, irreductíbeis aliados da transgresión dos límites impostos por moralidades, intereses, usos e poderes, o pobo de Laza recoñece e explora parcelas agachadas e conflitivas da existencia coma o pracer e a tribulación, o amor e a inxustiza, a colectividade e o individuo, a autoridade e a anarquía. |
|