No imo do tempo
|
Código: 00254 ISBN: 978-84-96673-24-3 Nombre del producto: No imo do tempo Autor: García, Xosé Lois Idioma: Gallego Descripción: -- Precio (PVP) €: 9,50 € iva incl. Ficha: 216 páx. (105x165 mm) O novo verso de Xosé Lois García aspira a ser unha reflexión sobre un sentimento que traspasa todos os poemarios do autor e constitúe o eixo central da súa poética. Estamos a referirnos ó sentimento exílico que alenta por toda a obra deste autor. Móstranos outra forma, xa canónica, de exilio: a de aquelas persoas que sentíndose arredadas dos horizontes familiares, despatriados, refúxianse na súa propia conciencia para crear mentalmente, literariamente, unha patria e unha terra. A poesía de Xosé Lois non é allea a este sentimento de orfandade que vai na procura dun fogar inexistente e que se ve na obriga de construílo por medio da palabra, da escritura. |
|