Táin bo cualinge (A razzia de gando de cualinge)
|
: 00032 : 84-96259-63-3 : Táin bo cualinge (A razzia de gando de cualinge) : : : -- : 16,00 € : 364 páx.(140x215 mm.) Táin Bó Cuailnge, a obra magna da Literatura clásica de Irlanda e saga épica central do Ciclo Ulster, reflicte a tradición oral, a mitoloxía, a relixión, a historia e os costumes e formas de vida da sociedade céltica de corte heroico da época pagá. O texto foi preservado oralmente polos filid, e recollido en manuscrito por monxes-escribas tras a cristianización de Irlanda no século V. Unha adecuada edición e tradución dunha obra como esta require un profundo coñecemento das crenzas pagás, a Mitoloxía, a Relixión, e o Folclore do contexto onde ten lugar a acción. Algo que cremos que reúne o autor, e por iso nos compracemos de poder presentar aquí esta singular saga céltica, a primeira tradución que se fai ao galego de Táin. |
|