Róman Martínez Montaos, un facendista gelego do século XIX


Róman Martínez Montaos, un facendista gelego do século XIX
Autor: López C., Fernado / González P. ,Clodio
--
11,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
00158
84-96673-05-7
Róman Martínez Montaos, un facendista gelego do século XIX
López C., Fernado / González P. ,Clodio
Galego
--
11,00 € ive enga.
118 páx. (150x235 mm) Dous son os propósitos que pretenden os autores deste libro. O primeiro, rescatar do esquecemento a un experto nas finanzas, cuxas concepcións políticas e económicas conforman a mellor expresión do liberalismo de signo progresista da primeira metade do século XIX. Román Martínez Montaos participa cos seus escritos, de forma decisiva, na loita entre a emerxente Facenda liberal e a agonizante Facenda absolutista, e na dilatada secuencia de intentos e fracasos de reforma tributaria que se suceden no periodo 1808-1845 e que culminan coa implantación dos principios liberais da traibutación. O segundo, recuperar para a historia de Galiza a un ilustre personaxe, cuxa biografía non figura en ningunha das enciclopedias e estudos sobre economistas galegos publicados até a data; até agora o coñecemento da súa vida limítabase case exclusivamente a que foi deputado pola provincia de Pontevedra na lexislatura de 1841-1842. Por primeira vez demóstrase que é galego, natural da vila de Porto do Son (A Coruña), e que faleceu en Vigo no ano 1856. |
|
![]() |