Bouvard e Pécuchet

<    >    

Bouvard e Pécuchet


Autor:   Flaubert, Gustave

--


11,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Trasmontes

Ver productos de Trasmontes
Trasmontes

Literatura doutros idiomas traducida ao galego

   Código:

  00054

   ISBN :

  84-96259-82-X

   Nome do producto:

  Bouvard e Pécuchet

  Autor:

  Flaubert, Gustave
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  --

  Prezo (PVP) €:

11,00 €    ive enga.

  Ficha:

320 páx.(110x165 mm.)

Bouvard e Pécuchet son dous homes mediocres que se deixan arrastrar velozmente ás máis variadas disciplinas do saber, sen chegar a entender nada da arte nin da ciencia. Para moitos este libro é a metáfora da estupidez humana. Borges consideraba que o sentido desta magnífica novela era a imposíbel aprehensión do coñecemento. Como se fosen dous filósofos, o autor preséntanos a dúas almas xemelgas que buscan o retiro do campo e gastan os eus días na tentativa de ler, estudar e saber todo. Neste delirio poden lembrarnos (e aquí habería algo de parodia) á coñecida meticulosidade do propio Flaubert no proceso de escritura dos seus libros. De feito, para redactar a novela que presentamos, leu centos de tratados e manuais de divulgación científica. Nesta ardua tarefa de documentación contou coa colaboración do seu amigo e admirador Guy de Maupassant, outro dos grandes escritores franceses, a quen lle encargou certas buscas de datos. E igual cás empresas de Bouvard e Pécuchet, esta novela enciclopédica, concebida polo autor como a que sería a súa obra mestra, quedou inconclusa cerca do final, ao morrer Flaubert en 1880.