a parroquia de abanqueiro nos seus libros de rexistro
a parroquia de abanqueiro nos seus libros de rexistro
Autor: Suárez Lijó, Juan Nepomuceno
165x235mm.153 páx.
18,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00796 ISBN : 978-84-128986-1-3 Nome do producto: a parroquia de abanqueiro nos seus libros de rexistro Autor: Suárez Lijó, Juan Nepomuceno Lingua: Galego Descripción: 165x235mm.153 páx. Prezo (PVP) €: 18,00 € ive enga. Ficha: Este estudo analiza o comportamento e vida dos veciños de San Cristovo ó longo dos séculos que abranguen a Idade Moderna, aínda que, tamén veremos como o XIX será, nalgúns aspectos, continuación dos anteriores, e noutros, un punto á parte que abrirá novas frontes interpretativas. O Antigo Réxime non se entende sen a Igrexa, xa que todo xira ó seu redor, sobre todo, no pechado mundo das parroquias rurais, por iso, unha parte importante do noso estudo vai dirixido ós curas que poboaron a nosa parroquia. Tamén nos atopamos con personalidades laicas que deixaron a súa pegada física en forma de fundacións, obxectos de devoción ós seus santos favoritos, como estandartes ou imaxes, ou a construción de capelas exteriores. En fin, esta obra pretende ser o estudo do palpitar vivo dunha parroquia e as súas persoas, que chegaría ó século XIX camiñando con lentitude, pero sen pausa, máis que a exposición fría e monocorde dunhas cifras que enmascaran, en si, a mentalidade das persoas.
|
|