O trebón do norte

O trebón do norte
Autor: Agra, Agustín
130x200mm. 98 páxinas
14,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
00822
979-13-990202-2-9
O trebón do norte
Agra, Agustín
Galego
130x200mm. 98 páxinas
14,00 € ive enga.
Corre o ano de 1066, co paso da estrela Cometa a enseñorarse do ceo. O drakkar Cabalo das Ondas foxe do río de sangue que abrolla tras a batalla de Stamford Bridge e desembarca no convulso reino de Galicia. Os navegantes que o pilotan carrexan sobre as costas con trinta anos de combates na compaña de Harald Hardrada o último rei viquingo de Noruega. Tras a derrota que o expulsou do seu país, Harald, o Despiadado, loita como mercenario a prol do gran príncipe de Kíiv, Iaroslav o Sabio, e comanda durante anos a garda varega, o corpo de elite do Imperio bizantino. Envaidecido de poder, de prestixio e de riqueza, regresa á súa patria para reclamar a coroa que por herdanza lle pertence. Así, á fronte dos homes do norte, rexe Noruega de xeito feroz e lévaos á guerra contra canta terra os rodea. Porén, nada é suficiente para a súa cobiza. A súa ambición desmedida condúceo á conquista do trono de Inglaterra... |
|
|
|






