López Pereira, X. Eduardo:
X. Eduardo López
Pereira (Trasalba, Ourense), licenciado en filoloxía clásica pola Universidade
de Salamanca e doutor pola de Santiago de Compostela, é catedrático de
Filoloxía Latina na Universidade da Coruña. Profesor invitado en diversas
universidades españolas e estranxeiras, foi investigador na Bayerische Akademie
der Wissenschaften (Alemaña, ano 1983), sendo daquela profesor da Universidade
de Santiago. Dentro do ámbito da súa especialización, dedicouse sobre todo ao
latín tardío e medieval, campo no que publicou libros como a Crónica Mozárabe de 754 ou o CorpusHistoriographicum Latinum Hispanum Medievale, ademais de case un cento
de traballos en revistas especializadas, tanto nacionais como estranxeiras.
A súa especial
dedicación á cultura dos textos latinos tardíos e medievais levouno a ocuparse
moi especialmente daqueles relacionados co entorno da vella Gallaecia, desde
que comezaron a xurdir os primeiros escritores indíxenas galaicos, tales como
Exeria, Orosio, Hidacio ou Martiño de Braga, sobre os que ten publicado ducias
de artigos, entre eles as correspondentes entradas na Gran Enciclopedia Galega e no Dicionario
Enciclopedia do Pensamento Galego, pero especialmente varios libros: O primeiro espertar cultural de Galicia
(1989), Exeria, viaxe a Terra Santa (1991),
Códice Calixtino, Liber IIII Scti. Jacobi Apostoli (1993),
Cultura, relixión e supersticións na
Galicia sueva. Martiño de Braga "De correctione rusticorum"
(1996), polo que obtivo o premio Taboada Chivite do ano 1994, Martiño de Braga,Poemas (1997).
Dentro deste
marco de estudo dos textos e documentos latinos referentes a Galicia, dirixe na
actualidade e desde o ano 1994 o proxecto de investigación Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) no centro de
investigación para as humanidades “Ramón Piñeiro”, que ofrece en rede a todos
os investigadores e interesados pola cultura galega máis de 12.000 documentos
latinos desde os século VIII ata o XIV para o seu estudo e análise (http://corpus.cirp.es/codolga).
|
: