Autores - Editorial Toxosoutos.com.

Rey Somoza, Antonio:

Nacido o 9 de marzo de 1968 en Estado Miranda, Venezuela, e orixinario da parroquia de Vilaúxe, en Chantada-Lugo. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde presentou a tesiña “Parodia dos estamentos sociais nas cantigas” e a tese “A nobreza na poesía lírica galego-portuguesa”. Profesor de Lingua Castelá e Literatura en Educación Secundaria. Coeditor de X. San Luís Romero. Rosiña. Drama en tres xornadas (ed. do Castro, 1998), editor das cantigas do trobador Diego Moniz (Actas I Congreso Jóvenes Filólogos, 1996) e autor de Sátiras de pausa e maldicir (2003) e Rexistro de mesura e desacordo (2004). Ademais, publicou os seguintes estudos e comunicacións de congresos: “Estamentos no cristianos en las cantigas satíricas gallego-portuguesas” (Alcalá de Henares, 1997), “Posibles identificacións do xograr Johan de Requeixo na documentación do Mosteiro de Oseira” (Ourense, 1998), “Privados, mordomos e chanceleres na sátira galego-portuguesa” (Lisboa, 1998), “A mesa e a carne na sátira galego-portuguesa” (Santander, 1999), “Estudio métrico-formal das cantigas satíricas” (Historia de la Literatura Gallega, Ed. Hércules), “Airas Moniz d´ Asme” e “Afons´ Eanes do Coton” (Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo Ed.). Impartiu tamén os seminarios “Johan de Cangas, o xograr que canta a Sanamedio” e “Johan de Cangas, un home do s. XIV” na Semana das Letras Galegas do Ilmo. Concello de Bueu en 1998.

Listado de obras:

Ver os detalles de:  A historia da Doncela Teodor A historia da Doncela Teodor

15x21; 73 páxinas

12,00 €

Ver os detalles de:  A nobreza medieval na lírica galego-portuguesa A nobreza medieval na lírica galego-portuguesa

XI Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal (2011)

16,00 €