Listado de novas:
O Cola-cao no dicionario
Autor: Alfonso Álvarez Cáccamo 20/07/2010
|
¿Por qué o cola-cao non está no dicionario? Lingua galega e marcas
rexistradas é o título dun excelente traballo lingüístico publicado na
Editorial TOXOSOUTOS (Noia, 2010) escrito por Noemí Álvarez e María
Rey, profesoras de Lingua e Literatura Galega, cun exclarecedor limiar
da autoría de María Álvarez de la Granja, quen indica atinadamente unha
constatación que se produce na dinámica das lenguas vivas (nas que as
palabras nacen, se reproducen –v.g.: o substantivo femenino "oferta",
neta do verbo "ofrecer", pariu o verbo ofertar– e morren) cando afirma
que "os dicionarios sempre van un pasiño atrás da sociedade" e engade
que "non é menos certo que palabras como velcro ou hula-hop poderían
ter xa un oco nos dicionarios Galegos".
En efecto, os dicionarios
escríbense con cautela. Vexo cabal que así sexa porque hai palabras que
estiveron de moda pero tiveron unha efémera existencia, poño por
exemplo os madelmans, figuras articuladas de gran éxito entre os
rapaces dos anos setenta pero que desapareceron, substituidos polos
playmóbiles dos anos oitenta que seguen, trinta anos despois, facendo
as delicias dos nenos e nenas. O madelman non figurará xamais nos
dicionarios porque non gozaron do tempo suficiente para o seu
asentamento léxico pero si o farán os playmóbiles. O que non é
comprensible é que determinadas marcas comerciais que levan
lexicalizadas desde hai décadas aínda non figuren nos dicionarios, en
todos os dicionarios: cola-cao, mecano, crómer, rimel, cláxon,
futbolín, vaselina, nailon, neopreno, betadine, bollicao, coca-cola,
barbie, duralex ou thermomix, por poñer uns poucos exemplos.
A
dinámica que seguiron as autoras deste exhaustivo, serio e ameno
traballo é o da análise dun determinada palabra, por exemplo ferodo,
explicando a súa etimoloxía, a composición material do produto,
pormenorizando en que dicionarios galegos aparece, se está recollido ou
non no CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual) e cal é a súa
utilización na fala habitual como marca registrada xa lexicalizada.
Engaden, ademais, exemplos do seu uso por parte dos escritores/as nas
súas obras.
Quizais un mozo de agora non entenda á primeira se lle
dicimos que con esta chuvia hai que sair de casa co plexiglás ou cun
puimadoro, ou que é complicado mover o hula-hop na cintura, pero
entenderá axiña se lle digo que me gustan moito os donuts, moito máis
ca os gusanitos que, como din as autoras, xamais deberán traducirse por
"vermiños". O libro está impregnado de rigor e de amenidade.
Como
modesta aportación indicarei que a palabra gramola debeu ser unha marca
comercial, cantada por Carlitos Gardell no famoso encontro amoroso a
media luz nun pisiño que puxera a construtora Marple (seguramente
patrocinadora do disco) e no que había un gato de porcelana e "una
Gramola (sic) que llora dulces tangos al amor". Así, con maiúscula,
está escrita nunha partitura que conservo. Gramola, pois, sería unha
marca, como Radiola, a filial de Philips.
Ao cabo, a proposta das
autoras é a dinamización dos dicionarios coa inclusión destes termos
comerciais xa lexicalizados e, como indica María Álvarez de la Granja,
o establecemento duns criterios de estandarización ortográfica na
Lingua Galega.
Esta obra de Noemí Álvarez e María Rey ocupará un
lugar preferente na miña biblioteca porque me axudará no meu oficio de
escritor. Un pracer a súa lectura para todos/as os que amamos do mundo
das palabras.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Neira Vilas participa en un libro de Toxosoutos que reivindica el papel del Monasterio de Celanova
Autor: LA VOZ DE GALICIA, BARBANZA 29/06/2010
|
Medio centenar de escritores, entre los que está Darío
Xohan Cabana, Marilar Aleixandre o Xosé Neira Vilas, colaboran en un
volumen el que se denuncia el cambio de uso que sufrió el Monasterio de
Celanova, en Ourense. Se trata de una iniciativa de la editorial noiesa
Toxosoutos titulada En defensa do Poleiro. A voz do escritores galegos
en Celanova, un libro colectivo en el que los autores participantes
acercan colaboraciones literarias que pretenden reivindicar el actual
uso del edificio, reconvertido en un centro de secundaria.
Esta
iniciativa se suma a los actos convocados por la sociedad celanovesa
desde que conoció la intención del Concello de poner el edificio en
manos privadas para convertirlo en un hotel con un estilo similar al de
la cadena estatal Paradores.
Además, la obra
cuenta con una serie de ilustraciones, creadas por la artista Mané
Boán, en las que se representa la tierra calcinada para simbolizar «o
que ocorrerá coa intelixencia e a educación se o instituto se move do
mosteiro», en palabras de Domínguez Alberte.
[...]
|
Ler máis...
|
|
«En defensa do Poleiro» recolle as voces de apoio da cultura galega
Autor: La Voz de Galicia 28/06/2010
|
Nos actos precedentes á manifestación
tivo lugar a presentación dun libro colectivo En defensa do Poleiro, a
voz dous escritores galegos en Celanova publicado pola editorial
Toxosoutos e coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, membro da
Plataforma. O
libro, co que colabora a Asociación de Escritores en Lingua Galega,
recompila unha serie de textos (poéticos, narrativos e ensayísticos)
inéditos e achegados de xeito altruísta por diferentes autores galegos,
moitos deles vinculados directamente coa localidade ourensá. Entre
as firmas máis destacadas están as de Xosé Neira Vilas, Darío Xohán
Cabana, a do catedrático Xesús Alonso Montero ou a de Baldo Ramos, o
único escritor de cantos participan na publicación que cursou parte dos
seus estudos no IES de Celanova. Ademais,
a obra conta cunha serie de ilustracións, creadas pola artista Manei
Boán, nas que se representa a terra calcinada para simbolizar «ou que
ocorrerá coa intelixencia e a educación se ou instituto se move do
mosteiro», en palabras de Domínguez Alberte. No
acto de presentación estiveron presentes cinco dos escritores que
tomaron parte neste libro: Ramón Nicolás, Lois A. Pérez, o propio Baldo
Ramos, Xurxo Sierra e Susa Blanco Montecelos. Todos eles recitaron un
fragmento das súas achegas literarias. Unha
vez terminado o acto, proseguiuse coa proxección dun vídeo promocional
do centro educativo, dirixido polo jovén director Bruno Neto.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Toxosoutos "cataloga" nun libro 50 anos de pop rock galego
Autor: Iago Martínez 23/06/2010
|
“Non quixen ser completista”, aclara
Fernando F. Rego ao outro lado do teléfono. “Non está todo, só unha
selección do máis significativo e o máis esquecido do pop rock galego
dende que o fundaron Los Tamara con Galicia terra nosa até a
actualidade. Simplemente para que a xente non pense que Los Contentos
ou Los Dramáticos son grupos inventados”. Leva razón o autor de 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega
(Toxosoutos). Nun libro non cabe todo, así teña 400 páxinas e un dobre
CD. Fai ben en recoñecer que é “un pequeno catálogo e non unha
enciclopedia”. E con todo, vaille chegando ben.
A partir do seu traballo como administrador de www.lafonoteca.net,
onde leva máis dun cento de reseñas de discos españois, este ferrolán,
profesor de Química nun instituto de Tui, apañou nun libro as
discografías de 72 bandas, como el di, “con DNI galego ou con base de
operacións en Galicia”. Para entendernos: están Golpes Bajos, aínda que
Germán Coppini é cántabro, pero non Los Coyotes, malia a que Víctor
Coyote (antes Abundancia) non deixa de ser un tipo do Porriño.
O resultado de tanta arqueoloxía musical –“neste país non se conservan os masters
dos discos, todo se perde”, arrisca– é unha obra de consulta coa ficha
técnica, a portada e unha valoración “subxectiva” de case 300 discos
publicados entre 1962, cando Los Tamara fixeron as súas primeiras
gravacións, e 2009, o ano no que Emilio José lanzou o seu celebradísimo Chorando apréndese (Foehn Records). O manual estase a portar ben nas librarías. Tiráronse mil exemplares e en tres semanas xa se vendeu a metade.
Poden estar tranquilos na comisión de afectados. Fernando F. Rego
prepara xa unha segunda edición ampliada que podería estar lista para o
vindeiro outono. De momento, ten previsto reparar algunhas das
ausencias máis chamativas do libro. Xa ten aquelados os capítulos de
Nadadora, Samesugas, Los Sprinters, Miguel Costas, Silvia Superstar,
Papaqueixos, Iribarnes e Gharbanzo Neghro. Ao final serán vinte grupos
máis no catálogo.
Outras carencias de 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega
van ser máis difíciles de emendar. A segunda edición tampouco pretende
rebordar as estremas do título. Nin o folk nin a canción de autor, por
exemplo, entran dentro das prioridades do autor. Tampouco a
electrónica, agás cando fai parte do artefacto pop, nin o hip hop,
entendido como algo distinto do que fixeron Os Resentidos. “Escollín o
pop rock porque me parece a música máis olvidada, e non me vou poñer a
facer un libro sobre Voces Ceibes ou o folk, cousas que xa teñen a súa
propia bibliografía”.
O volume, prologado polo crítico Xavier Valiño, complétase con
textos dispersos do autor e outros do xornalista Xosé Manuel Pereiro
–ex líder de Radio Océano–, os músicos Emilio José e Beni Ferreiro
(Igloo) e o crítico Jesús Ordovás, entre outros. A lista de bandas é
menos doada de resumir. Entre Los Tamara e os novísimos como Franc3s,
Novedades Carminha ou Triángulo de Amor Bizarro pasaron moitas cousas e
moitas distintas. Só nun libro coma este poden compartir páxinas Los
Piratas e Xoel López con Quinindiolas, Cosecha Roja ou Los Eskizos.
O profesor de Química é rácano cos sobresalientes. Só dous discos lle merecen cinco estrelas: Me llamo Andrés Lapique do Barro (RCA, 1970) e Golpes Bajos
(Nuevos Medios, 1983), o debut de Germán Coppini e Teo Cardalda. “A
perfección é moi escasa”, retruca, pero tampouco é severo. Nin sequera
Semen Up e Los Limones baixan de dúas estrelas e media, un aprobado en
toda regra, con La Agonía del Narciso (Nuevos Medios, 1986) e 7 Mares (Tecnodisco, 1997) respectivamente.
[...]
|
Ler máis...
|
|
«Esta historia cobre desde a formación dos Tamara»
Autor: M.B. La Voz de Galicia 16/06/2010
|
Licenciado
en Química pola Universidade de Santiago e profesor de ensino
secundario, o ferrolán Fernando Fernández Rego é, ademais de escritor
-ten publicadas as novelas Un home que se está quedando sen aire e Desorde
-, un cinéfilo e melómano empedernido. Redactor da web de música
Lafonoteca, presentou recentemente na tenda O Pazo dás Musas o libro 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega , editado por Toxosoutos, no que sintetiza a historia do pop galaico nunha lista con máis de 300 nomes.
-¿Como xurdiu a idea de facer un libro sobre a historia do pop galego?
-Xurdiu
un pouco pola miña profesión, do contacto permanente con grupos e
discográficas, posto que estamos a levar algúns grupos e facendo
reseñas en distintos medios.
-¿A súa obra vén, xa que logo, a cubrir un oco que había na historia da música galega?
-Si, porque é o primeiro libro que cobre os cincuenta anos últimos. Houbo intentos anteriores con Rock & grelos (Lea, 1996), de Alberto Casal, e Rock bravú. A paixón que queima ou peito
(Xerais, 1999), de Xavier Valiño. Pero esta historia é a primeira que
cobre desde a formación de grupos como Os Tamara, NHU, co seu rock
progresivo, ou Goma 2, pasando por Andrés Dobarro, a movida de Vigo, o
movemento independente, con Piratas ou Iván Ferreiro, entre outros, e
os emerxentes como Triángulo de Amor Bizarro ou Neno e Pistola. En
total, 72 grupos cunha discografía totalmente comentada.
-¿Que é o que achega sobre cada un destes grupos?
-A
biografía e discografía comentadas. Despois hai unha segunda parte na
que distintos personaxes da escena, como Xavier Valiño, Jesús Ordovás,
Germán Coppini ou Miguel Costas reflexionan sobre cada un dos grupos da
súa época e elixen o disco que consideran máis representativo destes
cincuenta anos.
-¿Investiu moito tempo en terminar este traballo historiográfico?
-Case
tres anos investín en todo o proceso de documentación e na escritura. A
dificultade estivo, sobre todo, en atopar os discos e toda a
información precisa, pois de moitos destes grupos non hai información
en Internet. Foi un proceso de implicar a todo o mundo.
-¿é un libro destinado aos moi melómanos?
-é
un libro destinado a todos os públicos, a melómanos e a xente que
queira achegarse á música galega. Ten unha linguaxe sinxela e leva un
glosario sobre estilos musicais. Complétase cun cedé no que figuran as
21 formacións máis punteiras da actualidade.
[...]
|
Ler máis...
|
|
«Novoneyra é o poeta dos poemas pequenos»
Autor: Begoña G. Rielo 16/06/2010
|
A
escritora Carmen Blanco (Lugo, 1954) presentou onte na Galería
Sargadelos un libro sobre Uxío Novoneyra -Novoneyra: Un cantor do
Courel a Compostela-, poeta ao que este ano se lle dedicou ou Día dás
Letras Galegas.
-¿Como xorde a idea de facer un libro sobre Novoneyra?
-A
verdade é que levo moitos anos traballando sobre a súa poesía porque me
gusta dende que era unha rapaza. Este, que xa é ou segundo libro que
publico sobre Novoneyra, é unha homenaxe que coincide coa celebración
dás Letras Galegas na súa honra.
-Fáleme do libro...
-Ou que pretendo é tratar de analizar con profundidade a poesía profunda do poeta.
-¿Sobre que textos traballou?
-Empreguei
todos vos libros que Novoneyra editou en vida para ver como o se
presentaba a se mesmo: quen ou prologaba, a quen citaba e que datos
biográficos daba. -¿Que novidades achega sobre a obra do homenaxeado?
-Achega
unha lectura con ollos do presente e moi crítica, como ao poeta lle
gustaría que se fixese. Tamén trato de mostrar as súas diversas voces,
alonxándome dous tópicos simplificadores que ou consideran como ou
poeta do Courel, xa que é moito máis cá iso.
-¿Que é ou que máis lle gusta a vostede dá obra de Novoneyra?
-Ou amor á beleza diversa en sentido profundo, que inclúe ou raro e ata ou considerado feo.
-¿Como definiría vostede ao poeta?
-ás
veces díse que é un poeta pouco prolífico, pero non é certo. Era moi
crítco coa súa obra e importáballe máis a calidade que a cantidade. Por
iso pasaba anos sen publicar. Moitas veces, optaba por limpar as súas
obras, dicindo ou máximo coas mínimas palabras. Tendía ao minimalismo.
-¿E ou seu estilo?
-É
moi diverso, pero en xeral destaca esa procura pola palabra certeira.
De feito, ten moitos poemas dun só verso. É ou poeta do poema pequeno.
-Vostede afirma que Novoneyra non é só ou poeta do Courel, ¿cales son vos seus lugares?
-En
primeiro lugar están vos seus lugares amados do Courel -a aldea de
Parada, a de Moreda e outros microtopónimos como un camiño ou unha
fonte con nomes propios-, e logo cidades como Compostela, onde viviu
vos seus últimos anos, Lugo e Madrid.
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|