Listado de novas:
Peregrinos a Compostela. Guía de camiñantes doutrora
Autor: Lucía Seoane 31/05/2012
|
X .Eduardo
López Pereira,catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña, autor
de numerosos libros e traballos arredor de textos latinos tardíos e medievais é
o encargado da edición e tradución ao galego do libro V do Códice Calixtino –unha
obra de aínda recente actualidade xornalística por motivos ben pouco felices–, universalmente
coñecida como Guía do peregrino. Nunha moi coidadae rigorosa
introdución, López Pereira explica, con cualidade científica mais tamén con
prosa doada e de agradable lectura, todo o referido á historia, a autoría, o contexto
xacobeo… no que xorde a obra. Así mesmo coñecemos noticias acerca da relación
do volume que comentamos con esoutras guías de caminantes e peregrinos a
Compostela e aínda a propia textura do camiño e daqueles que o percorreron. En
fin, unha análise das edicións e traducións ralizadas até a data vén complementar
este, como dixemos, excelente limiar. Vilas,igrexas,hospitais… doutrora –moitos
aínda, e felizmente,en pé na actualidade–,así como unha descrición da cidade de
Santiago, cunha completa descrición da propia cidade, das súas murallas e
portas, da catedral... pero tamén das xentes que a habitaban,aqueles mercaderes,
zapateiros, curdidores, veleiros, cordeiros... a ofreceren “mochilas de pel de
cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas mediciais” veñen desfilar ao longo
das páxinas dun texto clásico entre os clásicos, unha sorte de reportaxe magnífica
que desafía o paso do tempo. Sen dúbida, estamos diante dun volume senlleiro que
non debe faltar nunca nos andeis das nosas bibliotecas. agora tamén en “romanzo
galego.” Faro da Cultura, p. VI.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Tempo de homes bos. Nobres e literatura
Autor: Alfredo Iglesias Diéguez 31/05/2012
|
Nunha
sociedade dividida entre a nobreza, a clase social que gozaba do poder militar,
xurisdicional e económico, e mais o pobo, a clase social traballadora que
sustentaba coas rendas do seu traballo a papas, emperadores, reis,
infantes,condes,cabaleiros, abades, bispos…, isto é,os membros da clase dos
“ben nacidos” e dos“homes bos”, como se refiren na documentación medieval os
grupos sociais privilexiados, a produción literaria exerce unha función
apoloxética dese réxime cristián feudal, tanto na súa faciana relixiosa como na
política e social. Precisamente por esa razón, pódese pescudar no amplo corpus lírico
galego–portugués esa función lexitimadora da literatura,que sinale a norma que
debía guiar quen ostentase algunha dignidade nobiliar, o que podía realizar mediante
a sátira mordaz ou mediante o exemplum, segundo fose unha cantiga de escarnio
ou maldizer ou unha cantiga mariana do rei Afonso X o Sabio, sinalando aqueles comportamentos,
como a covardía, a traizón ou a presunción, que tan lonxe deberían estar da ética
feudal. Eís o traballo que realizou o profesor Antonio Rey Somoza, autor d’ A
nobreza medieval na lírica galego–portuguesa, volume imporante no
que achega un coñecemento da nobreza galega medieval que ás veces non figura recollido
nas fontes documentais tradicionais. Faro da Cultura, p. VII
[...]
|
Ler máis...
|
|
Los que trovaron en Compostela
Autor: Diana Mandiá 30/05/2012
|
Aunque el paisaje con más fortuna de la lírica gallego-portuguesa es aquel al que clamó Martin Codax en su célebre cantiga de amigo (Ondas do mar de Vigo/ Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo?/ E ai Deus!, se verra cedo?), el único lugar susceptible de protagonizar una ruta de referencias geográficas mencionadas por los trovadores es Santiago, en la que nacieron y vivieron, al calor de los círculos del poder político y religioso, algunos de los compositores medievales. Esta presencia privilegiada de Compostela la defienden Isabel Morán y José Antonio Souto, dos profesores e investigadores de filología gallega y portuguesa en la Universidade de Santiago que acaban de presentar O amor que eu levei de Santiago (Editorial Toxosoutos), un estudio sobre las menciones a la ciudad del Apóstol —el “patrón sabido”
[...]
|
Ler máis...
|
|
O libro O amor que eu levei de Santiago traza o primeiro roteiro da lírica medieval trobadoresca para a cidade de Santia
Autor: Xornal USC 24/05/2012
|
Seguindo os pasos dos trobadores e xograres que compuñan as súas cantigas en galego-portugués, os profesores da USC José António Souto Cabo e Mª Isabel Morán Cabanas xunto coa catedrática da Universidade Estadual de Campinas-São Paulo (Brasil) Yara Frateschi Vieira acaban de publicar O amor que eu levei de Santiago, primeiro roteiro histórico-literario sobre trobadores e xograres preparado para a cidade de Santiago de Compostela e a súa área mais próxima que toma o seu título do verso dunha cantiga de amigo do trobador Fernando Esquio. Neste obra explícanse os puntos da cidade, así como dos concellos limítrofes de Teo e Brión, vinculados á lírica trobadoresca, transitando polas rúas, prazas, igrexas e barrios que son citados por trobadores e xograres de toda a Península Ibérica. Esta proposta editorial transcorre ao longo de 20 cantigas acompañadas de breves explicacións sobre a súas orixes e os seu contidos, ofrecendo nalgúns casos información nova tanto sobre datos de carácter histórico-documental como en relación ás interpretacións dos versos. Ademais, cada cantiga é ilustrada con fotografías de lugares da cidade ou arredores, recollendo maioritariamente detalles relativos a época medieval.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Ramón Caride Ogando
Autor: Armando Requeixo 23/05/2012
|
En paralelo xa publicaba cousas soltas, poemas ou contos no suplemento Revista das Letras de El Correo Gallego, na revista Animal de Positivas, en Dorna, no suplemento Mes a Mes da edición do Ribeiro de La Voz de Galicia etcétera. Nos oitenta, do que publiquei en prensa, hai pouca cousa que valla, pero seguramente me serviron para aprender. Unha escolla destes textos, xa dende os 90, ou sexa omitindo os primeirísimos anos, está no libroO gume dos espellos (2010) da editorial Toxosoutos, cousa que sempre lle agradecerei ao meu paisano David González Couso.
[...]
|
Ler máis...
|
|
Santiago foi centro internacional das letras galegas medievais
Autor: Joel Gómez 17/05/2012
|
Espazos de Compostela como a catedral, as igrexas de Salomé e San Domingos do Bonaval, a praza de Cervantes, o mosteiro de Santa María e o lugar de Conxo, Crecente, Cornes, Porta Faxeira, as rúas das Moeda Vella ou Preguntoiro, San Martiño Pinario, a colexiada e o río Sar, ou a propia cidade; outros de Teo, como Balcaide, Lampai e a igrexa de San Simón de Ons; e igrexa de San Salvador de Bastavales en Brión, están relacionados con autores da lírica galego-portuguesa e algúns son citados nas súas composicións. As cantigas e outra documentación relacionan 17 autores dese movemento literario con Santiago, e dan pé a O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa, un volume recen editado por Toxosoutos, elaborado pola coñecida medievalista brasileira Yara Frateschi Vieira, e por Isabel Morán Cabanas e José A. Souto Cabo, docentes da Facultade de Filoloxía da USC.
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|