- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Xosé Agrelo e O triángulo escaleno. Estrea en Noia


:      La Voz de Galicia
28/03/2011

Despois dunhas intensas xornadas de actividades e conferencias, a Semana
da Historia de Noia tocou ao seu fin o sábado pola noite coa homenaxe a
Xosé Agrelo Hermo, a quen se
dedicou a sexta edición desta convocatoria. O coliseo Noela serviu como
escenario para o sentido recoñecemento que os noieses brindaron ao
falecido escritor e dramaturgo.

De feito, foi precisamente a súa
faceta teatral a que se destacou no acto celebrado o sábado, xa que se
representou por primeira vez a obra póstuma de Agrelo, O triángulo escaleno.

Pero
antes de que os actores da compañía Mutis subísense ao escenario para a
función, a profesora Pili Sampedro e Xoán Manuel Fernández, director do
grupo teatral, lembraron a figura do homenaxeado.

Este último
repasou a súa relación co escritor e dedicoulle un dos seus contos,
mentres que Sampedro repasou a historia teatral da vila noiesa e a obra
de Agrelo. Concretamente, falou das súas creacións Noite de lobos, Metá e metá e O mestre.
Tres textos que lle serviron para destacar a condición sinxela e
popular do teatro de Agrelo, pero tamén o seu carácter profundo, ao
tratar temas de calado social como a emigración ou a represión
franquista.

Logo, chegou o momento de culminar a homenaxe coa
posta en escena da que é a única obra teatral de Xosé Agrelo Hermo que
nunca se representou, O triángulo escaleno.


<<       > <