- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Memorias do teatro galego


:      M. F. VIEITES
15/03/2012

A editorial
Toxosoutos vén de publicar un volume que recolle una das últimas achegas
realizadas por Xosé Agrelo Hermo (1937–2006), quen exerceu a profesión de
mestre nas terras de Muros e da Serra de Outes, pero que tamén desenvolveu una grande
actividade como animador cultural e teatral na vila de Noia, tendo nacido no
lugar de Santa María de Barro,freguesía á que lle dedicou unha monografía. Dese
labor cultural incesante, mesmo na recuperación da historia de lugares e das
súas xentes, dan conta diversos proxectos editoriais como a revista Barbanza, a
editorial que publica esta súa proposta dramática ou os numerosos ensaios de
temas locais que dá ao prelo nos últimos anos. Vai acompañada de dous
interesantes trab a l l o s , que serven de limiar e de pres e n t a c i ó n d
u n h a f i g u r a p o u c o c o ñ e c ida para o gran público, pois Agrelo
foi unha persoa que adoitaba facer traballo de base, é dicir, apegado á
comunidade, e non procuraba outra arela que o desenvolvemento desa comunidade.
Foi un animador sociocultural notable. Xerardo Agrafoxo dá conta dese seu labor
á fronte de grupos de teatro fundamentais na promoción do teatro galego nunha
ampla bisbarra, entre os que poderiamos lembrar a Talía (1962–66) e Candea (1973–1980),
pero tamén a colectivos de teatro infantil coma Agrocovo,Xestruxo e O Xeito.
Palabras galegas para un teatro noso co que recuperar o orgullo de termos una
lingua propia. Foi con Candea onde desenvolveu un traballo máis permanente, e o
grupo era un dos asiduos da Mostra de Ribadavia.O seu nome camiña ao par
doutras denominacións coma “O Facho” ou “Abrente”, tan importantes na
configuración permanente do sistema teatral, e que xustamente incidían na
posibilidade de que o teatro fose una ferramenta de loita contra a longa noite
de pedra. Euloxio R. Ruibal, traza un interesante percorrido pola obra
dramática de Xosé Agrelo, autor de pezas tan lembradas coma Noite de Lobos ou O
mestre, pero tamén de diversos textos para nenos, coma O esp antallo. Unha
dramática de intervención para un teatro de axitación en tempos de loita e
mobilización: pola lingua, pola liberdade,pola xustiza,pola cultura. Nesa
perspectiva temos que analizar o traballo dunha ampla xeira de animadores que
en moi diferentes puntos do país desenvolveron proxectos de intervención
sociocultural utilizando os máis diversos recursos. Dicir teatro e dicir No ia
, o u Muros, ou Esteiro, é como dicir Xosé Agrelo Hermo,e como sinala Xerardo
Agrafoxo probablemente moitas persoas da bisbarra escoitasen falar galego como
forma de expresión cultural por vez primeira nunha das pezas de Agrelo con
algún dos seus grupos.Pero amais de mostrar na escena textos seus, tamén
promoveu a recuperación dun autor de especial relevo, coma Álvaro de las Casas,
que fora director nos tempos da República no Instituto Técnico de Noia. En 1974
o grupo Candea estreaba no Liceo de Noia o espectáculo Pancho de Rábade, pero
nese mesmo ano tamén presentaba Rexurdimento, texto este de Leandro Carré
Alvarellos, outro dos autores relevantes no primeiro cuartel do século XX. Non
quer e m o s deixar de referir nesta nota biográfica necesaria esa p a i x ó n de
Agrelo Hermo polas historias con color local, pois a h i s t o r i a non deixa de
ser unha forma de reconstruír a memoria, tamén a memoria das nosas vidas. Entre
eses traballos cabe destacar o que dedica ao balandro Joaquin Vieta, barco que
desde 1916 transportaba persoas e mercancías por aquelas rías e que coas súas
veas ondeando ao vento de seguro iluminou a imaxinación de moitos nenos e
nenas, o mesmo que facía a cotío Xosé Agrelo co xogo do teatro.



 



 



O teatro amador e o
teatro independente propoñían unha maneira de facer na escena pero tamén unha
maneira de escribir textos e pretextos.Nesta peza case última que agora nos
chega, vemos tamén trazos daquela maneira de construír mundos dramáticos, moi
marcada pola precariedade de medios e recursos,pero tamén pola necesidade de
subliñar aspectos moi concretos da realidade social.Iso é o que acontecía con
Metá e Metá, unha peza dos setenta na que Agrelo Hermo consideraba o drama
humano da emigración e de forma directa,e sen retóricas,como gustaba dicir Rafael
Dieste,tan amante do minimalismo. É probable que nesta peza,na que se constrúe
un momento fundamental da peripecia humana dun crego con crise vocacional, se deixe
sentir a pegada da propia andaina do autor, quen despois de estudar en San
Martiño Pinario abandonou a sotana para,despois de traballos varios, dedicarse
ao ensino.Sexa como for,temos unha peza que destaca por asumir sen complexos os
principios básicos do que se coñece como dramática breve, sendo un dos máis
importantes a presentación dun único conflito arredor do que se articula unha
trama sinxela,dinámica e suxestiva.Un fermoso divertimento que nos trae a
memoria doutros tempos.Un acerto





<<       > <