- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Miro Villar opta con «Breizh» a un dos premios dos editores galegos


:      La Voz de Galicia Carballo
20/02/2013

As letras da Costa da Morte estarán presentes o 15 de marzo en Vigo na entrega dos premios organizados pola Asociación Galega de Editores para recoñecer o traballo desenvolvido durante o 2012. O autor ceense Miro Villar opta a un dos galardóns Ánxel Casal ao mellor libro de poesía ou teatro por Breizh, un poemario publicado por Toxosoutos no que recrea en forma de haikus algunhas das lembranzas dunha viaxe á Bretaña.

A obra, presentada en datas recentes e que está a ter unha moi boa acollida nas librarías, foi preseleccionada para o galardón canda Ruído de fondo (Xerais), de Daniel Salgado; Tigres de ternura (Toxosoutos), de Claudio Rodríguez Fer; O silencio (Xerais), de Mario Regueira; Os ángulos da brasa (Kalandraka), de Manuel Martínez Torneiro, e Frase de trema (Espiral Maior), de Lorena Souto.

Entre os aspirantes aos premios figuran tamén Manuel Rivas, por As voces baixas, na categoría de libro de ficción, e Agustín Fernández-Paz, por Cartas de inverno, no galardón Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano pasado.

Nesta oitava edición dos Premios da Edición tamén serán recoñecidas as mellores obras de non ficción, ilustradas e educativas, así como as traducións, as iniciativas editoriais e os colectivos de autores en lingua galega máis destacados desde mismo período.





<<       > <