Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Vella aventura, ritmo novo


Autor:      Marga Romero
22/09/2011



Estamos,sen
dúbida,diante dun fermoso e conmovedor libro,
Costa necrópole. Escenarios para deslembrar, que mereceu o premio IX Certame
literario de aventuras“ Antón Avilés de Taramancos”;un volumeque nos encamiña pola
viaxe interior do seu protagonista e que actualiza o drama individual da
emigración.Evocamos de inmediato o poema do Avilés no que identifica a construcción
do navío coa do seu propio ser,nesta narración en primeira persoa, Saïd, non
pode comezar cunha frase máis atinada:“ Despezo barcos na costa”. Velaí a
aventura, despezar para construírse de novo nunha cadea de desprazamentos que suponen
unha nova perda, que percorremos por eses “escenarios para deslembrar”. Partimos,
entón, desa praia de Mauritania, onde non valen as ideas marabillosas dos
europeos que traballan para organización de axuda aos inmigrantes: un non se
pode rebelar contra Samir,hai máis mozos fuxindo da fame para ese traballo, onde
van caendo“ao chan as pezas inservibles do navío”.Desmemoriarse para (re)nacer nun
camiñar a través do deserto no que tod@s somos Saïd,e este é un dos valores da
historia, devolver(nos) a memoria. No remate a perda total e o pánico e unha
palabra nova “Southampton”. Sen tópicos loamiñeiros, excepcional dominio do
ritmo entre a narración e a lírica.