- Editorial Toxosoutos.com.


:


Dende 109 até 114 de 201 elementos



<< Anterior 1 ... 11 12 13 14 15 16 17 18 1920 21 22 23 24 25 26 27   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

Narrativa mortal


:      Armando Requeixo
01/07/2011

Con 1980 (ano cero) o vigués Rubén Martínez Alonso bota a andar polos intricados vieiros da narrativa galega.

A de Martínez Alonso é novela psicolóxica de moito lastre, cargueiros enteiros de reflexións sobre a vida e a morte —principalmente a morte—, sobre o sentido da existencia e, antes de cousa ningunha, sobre o suicidio, verdadeira trabe mestra da historia que se presenta.

O mozo protagonista, recluído nun psiquiátrico, pasa revista aos feitos traumáticos que pexaron os seus días, á infancia de abafantes clases de natación e os (des)amores xuvenís, un tempo que se sente asemade arredado e próximo.

E velaí outra das pretensións da novela, a procura dun non lugar e un non tempo ou, se se quer mellor, unha intersección atemporal e atópica de eternidade deslocalizada, alucinada obsesión do doído protagonista.

Tripando motivos e recursos abondo coñecidos, a escrita de Rubén Martínez Alonso convida á introspección epifánica e a iluminación polo pensamento, tantas veces lindeiro coa loucura.

[...]
      ...
Ver noticia

Lucidez na loucura


:      Galicia Hoxe
21/06/2011

"A hipocrisía contaxiarase entón ó eido público dende o privado, ás relacións sociais, porque os individuos xa non son capaces de concibir un mundo sen mentiras, falsidades, sen praceres colectivos que satisfagan á masa, ó tempo que impiden a realización do suxeito, do singular, do ego". É unha das reflexións do protagonista de 1980 (ano cero), a primeira novela de Rubén Martínez Alonso, que acaba de editar Toxosoutos. Un monólogo dunha persoa lúcida na súa loucura.

É o teu primeiro libro, aínda que xa publicaras algo de poesía en "Dorna". Non é un pouco arriscada a túa opción polo monólogo?

O protagonista é un demente e iso dá pé a reflexionar sobre moitas cousas. É case todo monólogo, si, menos algo de diálogo que lle dá axilidade, aínda que moitas veces non sabemos con quen fala, moitas veces fala consigo mesmo...

É unha persoa cunha enfermidade mental, con dobre personalidade, pero fai críticas moi acertadas dunha sociedade que ve como alleante e destrutiva...

Desexa a morte, e vai argumentando esa arela nas súas experiencias. E ó mesmo tempo vai asumindo a personalidade dos outros personaxes dos que fala. E cuestiona, critica, a sociedade. O xogo é que se podería darlle a volta á historia, sendo os tolos os demais, pois el pregúntase quen pode sentirse libre no cárcere que é o mundo.

Que é este libro, se tiveras que definilo nunha frase? Cal é o tema fundamental?

A liberdade de escoller como vivir a túa propia vida.

O que conta ocorreu no pasado. E hai varios pasados nun...

Presente, pasado e futuro están mesturados, en realidade. Só hai esa data que el asocia a un feito traumático. O tempo, como o espazo, quedan nun segundo plano.

O que si está claro é que o marcou a súa infancia, o maltratamento...

Ten bos recordos da súa infancia. Pero tamén hai unha crítica ó maltratamento, e ó amor mal entendido que en realidade é dependencia e que leva a consentilo. E, si, a idea de que a infancia é unha etapa que nos marca moito.

Pero o protagonista tamén é crítico consigo mesmo, non si?

Si, porque se decata de que é moi semellante a seu pai. El ten unha personalidade herdada, e non é capaz de ser doutra maneira. Seu pai tamén fora maltratado. É unha violencia que vai pasando de xeración en xeración. E a única saída que el ve é a morte.

Rexeita a sociedade pero tamén se sente moi só...

Séntese só porque non se sente comprendido.
[...]
      ...
Ver noticia

Desequilibrios de amor


:      Rocío Moar
17/06/2011

Recensión O TRIÁNGULO ESCALENO, de Xosé Agrelo
[...]
      ...
Ver noticia

Pegadas galegas en Carmen Martín Gaite


:      Armando Requeixo
15/06/2011

Poucos, ben poucos, son os segredos que agocha xa a vida e a obra de Carmen Martín Gaite para o filólogo ourensán David González Couso, quen leva xa uns anos pescudando nas raíces galegas da escritora para explicar o seu particular mundo narrativo.

Con tal motivo, recentemente deu a coñecer O fío da escritura, interesante monografía na que detallaba a ascendencia familiar de Martín Gaite e a implicación destes seus devanceiros nos eidos da cultura galega, humus propicio do que agromaría logo a querenza galiciana da autora.

Pois ben, ao título anterior vén sumarse agora Os perfís galegos de Carmen Martín Gaite, tradución do volume homónimo editado na almeriense Procompal hai tres anos que foi vertido dende o castelán ao galego por Amelia Piñeiro.

Neste libro, González Couso detense na análise pormenorizada de dous textos narrativos da escritora, Las ataduras e El pastel del diablo, para, a través deles e do seu diálogo intratextual, afondar na ancoraxe galega que ambos e dous agochan.

Os perfís galegos de Carmen Martín Gaite péchase cunha batería de apéndices nos que destaca unha completa bibliografía dos traballos da autora, así como diversos textos xurdidos a partir da publicación da edición castelá da obra.

Non cabe, pois, senón subscribir as palabras de Soledad Pérez-Abadín Barro cando afirma que se facía necesario “ofrecer en versión galega este libro, inicialmente publicado en castelán, revalorizador da presenza da paisaxe, o ambiente e as evocacións ourensás na escritora”. Un acerto, sen dúbida, que han agradecer todos os amantes da escrita de Martín Gaite.

[...]
      ...
Ver noticia

«Piñor debe recuperar a Carmen Martín Gaite»


:      La Voz de Galicia
08/06/2011

Hai anos que David González Couso (Ourense, 1978) centrou a atención informativa e dos investigadores polo seu libro Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite. Logo desenvolveu outros traballos vencellados coa escritora (nacida en Salamanza en 1925 e finada en Madrid no 2000) e a súa última publicación, O fío da escritura, percorre a historia e a xenealoxía dos Gaite para reescribir a historia da familia e, en parte, de moitos dos acontecementos e dos episodios salientables de Ourense e outras partes de Galicia. González Couso é tamén o director de publicacións da editorial Toxosoutos.

-Toxosoutos creou unha liña editorial cunha denominación máis que evidente: Colección Esmorga ¿que motivou a elección do nome?

-Queríamos dárlle un sinal de identidade moi claro e unha aposta por novas propostas e iniciativas nesta colección. E ao mellor algo tivo que ver a conexión ourensá do comité que a promove, tendo en conta que están, entre outros, Fernández Naval, Ramón Caride, Jorge Emilio Bóveda e Xerardo Méndez.

-¿Que se vai ofrecer nesta liña da editora?

-Os contidos van ser moi diversos pero queremos que teña unha identidade como colección: autores clásicos, tamén da propia literatura galega, traballos filolóxicos, ensaio, narrativa, teatro e poesía. Unha sátira de Séneca é a nosa nova proposta.

-En«O fío da escritura» recupera a pegada de Carmen Martín Gaite, ao traverso da súa familia, en Ourense e en Galicia ¿queda aínda memoria viva da autora?

-Quedan familiares, curmáns da escritora, que aínda manteñen a memoria e lembranzas de Carmen Martín Gaite. Esas pegadas e o material que fun recollendo aparecen refrexados na miña obra.

-¿A asignatura pendente de Ourense é recuperar a memoria da autora?

-Queda traballo por facer, en Ourense algo menos é de forma salientable en Piñor. Neste tipo de iniciativas sempre hai reticencias, decisións políticas e outros aspectos. Con todo, Piñor debe recuperar a memoria de Carmen Martín Gaite.

-¿Cal sería a fórmula?

-Sería algo a concretar, mais é de xustiza facerlle un recoñecemento a escritora.

[...]
      ...
Ver noticia

Para o desacougo


:      Dorinda Castro Soliño
02/06/2011

A editorial Toxosoutos vén de sacar a luz, na colección “Nume”, 1980 (ano cero) de Rubén Martínez Alonso, cuxas primeiras publicacións literarias tiñeron lugar no eido da

poesía a través da revista Dorna. 1980 significa a súa primeira incursión no ámbito da narrativa. O pequeno, pero intenso, volume de oitenta páxinas leva un título que fai referencia á crenza de que tras a morte por suicidio unha persoa volve de novo ao ano cero.Trátase, pois, dun monólogo onde o tempo e mais o espazo desaparecen na procura da ubicuidade absoluta: a consulta da psiquiatra, o máis alá, a infancia, o futuro, o pasado, o presente (“xa todo foi, é e será a un tempo”), mentres o narrador Eu confúndese con El e ás veces con Ela co que o Ego asume outros eus e a dualidade de xénero. Ansiedade, obsesión, angustia, destrución, psicose, suicidio, expulsión do paraíso, orfandade, soidade, dor, enfermidade, desamparo, violencia, maltrato, nai, pai, irmán…son os campos semánticos sobre os que xiran as reflexións do protagonista , quen aspira reiteradamente á morte por suicidio porque non hai esperanza ou porque é o único xeito de encararse coa vida. Unhas palabras descarnadas e brutais que non deixarán indiferente a ninguén e que nos producen, cando menos, desacougo.

[...]
      ...