- Editorial Toxosoutos.com.


:


Dende 91 até 96 de 201 elementos



<< Anterior 1 ... 8 9 10 11 12 13 14 15 1617 18 19 20 21 22 23 24   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

A LITERATURA HAI DOUS MIL ANOS


:      Daniel Salgado
28/10/2011

A literatura clásica continúa a emitir sinais descifrábeis no tempo en que o capital non dá recuperado a taxa de gaño. Hai dous mil, tres mil anos, que Publio Virxilio Marón redactaba un poema, a cuarta bucólica, practicamente contemporáneo: "Xa chega o final dos tempos que Sibila agoirara / Un grande ciclo de séculos de novo comeza". E se Virxilio, aquel que guiou a Dante polo inferno, ecoa de novo en galego, é grazas ao labor de tradución de Xoán Fuentes Castro. O poeta escribiu as Bucólicas en latín 50 anos antes de que Xesucristo entrase no escenario da historia e agora, na edición que Toxosoutos vén de enviar ás librarías, conforman o último episodio do trasvase entre as letras grecolatinas do mundo antigo e o galego actual. Castro (O Grove, 1932) escapa do funcionalismo. "Ás veces fanse cousas que non son necesarias, pero que nos dan unha visión diferente da vida, do que fomos e do que puidemos ser", expón. El, que xa pasou ao galego o Lingüística e colonialismo de Louis-Jean Calvet ou o Tractatus de Wittgenstein, confesa que si, que ama a Virxilio -de próxima publicación é a súa versión da Eneida e xa comezou coas Xeórxicas- pero que, porén, non o considera "o pai de Occidente". Si unha figura esencial na "configuración moral" de Europa. Tan esencial que o profesor Xosé Antón López Silva tamén ultima a súa traslación da Eneida e as traducións parciais ao galego do poeta campesiño sucedéronse dende que, en 1898, Florencio Vaamonde Lores abriu a billa. "No meu labor de tradución tamén hai o aspecto de ser galego", xustifica Fuentes Castro, "porque, ademais, non hai tradución sistematica á nosa lingua". Co punto morto ao que chegou a colección Clásicos en Galego, titelada polo latinista Manuel Díaz y Díaz (1924-2008) e partillada pola Xunta e a editorial Galaxia, ninguén se ocupa de reinterpretar para o galego o susbtrato da cultura occidental. "En calquera outro país, proliferan as traducións de clásicos", explica a profesora da Universidade de Santiago Helena de Carlos (Cenlle, 1964). Mesmo en linguas sen Estado que as ampare: a serie Bernat Metge, fundada por Francesc Cambó, leva dende 1923 acollendo as versións catalás dos escritores da Grecia antiga e da Roma imperial. "En España, a situación só comezou a variar coas edicións de Gredos, que sobre todo son valiosas pola súa gran amplitude de textos", engade.
[...]
      ...
Ver noticia

Maximino Cacheiro: "Frankenstein ten erótica"


:      Jorge Lamas
28/10/2011

«A Bela e a Besta é amor e sexo», explica Maximino Cacheiro, autor de Contos de paixón erótica (Toxosoutos), mentres le en clave húmida o encontro entre os dous personaxes do conto infantil. O profesor da Universidade de Vigo recolleu fragmentos de autores clásicos da literatura europea para confeccionar unha antoloxía do erotismo. «É unha antoloxía de textos clásicos reescrita, é dicir, é a primeira antoloxía da literatura occidental de textos eróticos escrita en lingua galega, na que aparecen desde Homero a Val-Inclán, pasando por William Shakespeare, Franz Kafka ou Marcel Proust», engade o escritor.O profesor de Literatura opina que a época do erotismo por antonomasia foi o século XVIII, «o francés», puntualiza. Aínda que tampouco quere esquecerse da Grecia clásica e toda a súa lea de deuses e amantes. Era e Zeus, Safo ou Albicíades marcan o inicio dun percorrido que non dá as costas a clásicos españois como A Celestina, ou referencias inevitables á literatura de terror. «Frankenstein ten erótica, claro que isto hai que lelo», explica moi convencido o profesor vigués. Tanto como o galego Ramón María do Val-Inclán: «A nena chole é un conto que rezuma erotismo; é a entrega ao marqués de Bradomín. Valei-Inclán é sumamente erótico», sinala Maximino Cacheiro.Trátase de reescribir temas e motivos eróticos paradigmáticos da evolución da literatura erótica occidental, de tal forma que sexa unha antoloxía de mitos eróticos modernizados.«Historias dá Boule d?or»As apaixonantes noites de faladoiro ao redor de Agustín García Calvo, no París dos españois exiliados súmase á antoloxía erótica nas anexo Historias dá Boule d?or. Trátase dunha serie de contos inspirados en varios personaxes que pululaban ao redor do faladoiro fundado por Agustín García Calvo no barrio latino de París.«O faladoiro celebrábase en horario nocturno no café Boule d?or, hoxe xa desaparecido. Agustín García Calvo, aglutinador de vontades e intelectual, presidía máis ou menos aquelas reunións, que foron un referente mítico entre os progresistas radicais nos últimos momentos do franquismo», afirma Cacheiro Varela, testemuña forzosa daquela épocaO profesor viuse obrigado a exiliarse en 1967 por motivos políticos, unha situación que se prolongou até 1976 en París e que tivo a súa continuación, outro sete anos, en Venezuela. «Era frecuente que os participantes intercambiasen experiencias existenciais, estimuladas de cando en vez por algunha herba máxica. Era un tótum revolútum de exiliados, marxinais, emigrantes, aventureiros de variado sentir e pensar, que vivían a modernidade máis ou menos antisistema española e francesa, ou mellor devandito, universal», afirma. Algúns daqueles clientes da Boule son Rafael Sánchez Ferlosio, o seu irmán Rizo, Fernando Savater, Félix de Azúa, Víctor Gómez Pin ou Javier Etxeverría.«Quero renderlles homenaxe a todos eles sen outra pretensión que a de deleitar e revivir unha parte afectiva da memoria. Foi unha movida antes da movida, aquí chegou no oitenta cando nós xa a tiñamos no setenta», lembra.O profesor aclara que «son personaxes máis ou menos reais», para concluír: «Dentro do malo que é un exilio, aquilo foi unha liberación persoal porque viviamos en liberdade».Na Sonata de estío, o marqués de Bradomín coñece á nena chole.Frankenstein tampouco se resiste ao erotismo.Un dos contos titúlase Tálamo con Era e Zeus.«Vivimos en Francia unha movida antes da movida en España»
[...]
      ...
Ver noticia

Xosé Lois García presenta en Lugo a Poesía Completa


:      Alberto López
19/10/2011

No sabemos si el escritor Xosé Lois García podría asistir ayer a la romería que celebraron en su tierra. Lo que sí sabemos es que a ultima hora de la tarde estuvo en la Galería Sargadelos de Monforte. Presentaba un libro que recoge la práctica totalidad de su obra poética y que acaba de ser publicado por la editorial Toxosoutos. La obra recopila los 22 poemarios publicados por el escritor chantadino entre 1972 y el 2009. El libro recupera también los prólogos de escritores como Manuel María, Uxío Novoneyra, Xosé Luis Axeitos y Vicente Araguas, Vergílio Alberto Vieira y Maria João Reynaud o Andytias Soares de Mora.
[...]
      ...

Couceiro acolle a poesía de Xosé Lois García


:      La Voz de Santiago
12/10/2011

La librería Couceiro acogió la presentación de la obra poética completa del escritor Xosé Lois García, publicada por Toxosoutos. Dos volúmenes, Por ninguén aloumiñada y No sangue dos bardos, conforman la obra poética. Acompañaron al autor en la presentación Héitor Picallo, Uxío Novoneyra Rei y David G. Couso.
[...]
      ...
Ver noticia

Rip Van Winkle


:      Ramón Nicolás
22/09/2011

Como un acerto cualifico a aparición no mercado galego dunha edición bilingüe inglés-galego de Rip van Winkle, de Washington Irving, que chega da man de Toxosoutos, en fluída tradución de David G. Couso e cun acaído e clarificador limiar a cargo de Milagros Torrado, sen esquecer as ilustracións de Vault.

   Este título, do que adoita ser considerado o primeiro escritor profesional  estadounidense e talvez máis coñecido polos seus célebres Contos da Alhambra   (1832), resulta ben curioso por recrear unha historia sinxela que tanto lembra, por outro lado, esa extraordinaria composición poética da tradición galego-portuguesa medieval das Cantigas de Santa María que comezaba: "Como Santa María feze estar o monje trezentos anos ao canto da passarya, porque lle pedía que lle mostrasse qual era o ben que avian os que eran en Paraíso" e que lle servira ao polígrafo pontevedrés Filgueira Valverde para se para se doutorar co título de La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval.

   Desposuída do matiz relixioso, a lenda vén sendo a mesma aínda que no libro de Irving, loxicamente, o contexto é diferente. En Rip van Winkle deséñase unha época inmediatamente anterior á Guerra de Independencia estadounidense cando o protagonista, de ascendencia holandesa, escapa da súa casa. Ao final desa aventura, tras inxerir unha beberaxe ficará durmido e, ao acordar, irá decatándose de que pasaron vinte anos e que xa nada é o mesmo. Cualificado durante algún tempo como un conto infantil, son da opinión que, sen deixar de selo, é este un volume que ofrece distintos niveis de lectura como a análise das relacións familiares, o devezo por modificar o estado das cousas e, xaora, a reflexión sobre o propio paso do tempo. Existe, entre outras, unha recreación televisiva, dirixida por Francis Ford Coppola, que recomendo vivamente e que pode ser un magnífico complemento á lectura
[...]
      ...

Vella aventura, ritmo novo


:      Marga Romero
22/09/2011

Estamos,sen dúbida,diante dun fermoso e conmovedor libro,Costa necrópole. Escenarios para deslembrar, que mereceu o premio IX Certame literario de aventuras“ Antón Avilés de Taramancos”;un volumeque nos encamiña pola viaxe interior do seu protagonista e que actualiza o drama individual da emigración.Evocamos de inmediato o poema do Avilés no que identifica a construcción do navío coa do seu propio ser,nesta narración en primeira persoa, Saïd, non pode comezar cunha frase máis atinada:“ Despezo barcos na costa”. Velaí a aventura, despezar para construírse de novo nunha cadea de desprazamentos que suponen unha nova perda, que percorremos por eses “escenarios para deslembrar”. Partimos, entón, desa praia de Mauritania, onde non valen as ideas marabillosas dos europeos que traballan para organización de axuda aos inmigrantes: un non se pode rebelar contra Samir,hai máis mozos fuxindo da fame para ese traballo, onde van caendo“ao chan as pezas inservibles do navío”.Desmemoriarse para (re)nacer nun camiñar a través do deserto no que tod@s somos Saïd,e este é un dos valores da historia, devolver(nos) a memoria. No remate a perda total e o pánico e unha palabra nova “Southampton”. Sen tópicos loamiñeiros, excepcional dominio do ritmo entre a narración e a lírica.

[...]
      ...