Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Listado de novas:


Dende 103 até 108 de 201 elementos



<< Anterior 1 ... 10 11 12 13 14 15 16 17 1819 20 21 22 23 24 25 26   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

Contos e descontos


Autor:      Ruth Fernández
17/08/2011

RUTH FERNÁNDEZ
O pasado 7 de agosto o investigador lugués Claudio Rodríguez Fer presentou na Feira do Libro da Coruña o volume titulado Contos e descontos, unha obra que reúne a súa narrativa completa, composta de dous libros publicados con anterioridade (Meta-relatos, escrito entre 1976 e 1983 e Os paraísos eróticos, este último escrito durante a súa estadía en Nova York, Bretaña, París e Atenas entre 1984 e 2009), unha obra da mocidade que non fora editada (Prometeo adolescente, con microrrelatos escritos entre os 16 e os 20 anos, entre 1972 e 1976) e un relato inédito escrito recentemente.

Máis coñecido pola súa faceta de poeta, neste volume presenta para os seus seguidores un percorrido dende os relatos escritos na etapa adolescente ata textos contemporáneos, máis propios da madurez do autor. Polo que se refire á primeira narrativa de C. Rodríguez Fer (presentada nos apartados ‘Pre- relatos’, ‘Ciclo de Ión’, ‘Entre a pavura e a revolución’) hai que sinalar que recibe as influencias de Proust, Kafka, Joyce, Faulkner, Poe, Lovecraft, Borges e Cortázar, lecturas daquela etapa na vida do autor, pero tamén dá cabida á mitoloxía e ás historias vencelladas á Guerra Civil e á posguerra, temas de sumo interese para o poeta, involucrado de cheo na recuperación da memoria histórica, e máis aínda ao ser fillo dun home represaliado. Esto vémolo especialmente no libro titulado O neno que non quería ir á guerra de carácter inédito, que pecha o volume.

Meta- relatos divídese en tres series: ‘Logaritmos’, ‘Fábula fauna’ e ‘Flérida floresta’, converténdose nunha obra de reflexión sobre a propia narración e o universo da ficción. Do mesmo xeito, Os paraísos eróticos conta con tres seccións: ‘Belas e bestas’, ‘Entregas’ e ‘Tres’. Se tivera que elixir un relato dentro da narrativa que se recolle en Contos e descontos, este sería o que abre precisamente Os paraísos eróticos, tratando un tema arquicoñecido na literatura e no cine: a historia dos lobishome, pero neste caso coa diferenza de que a a figura que se encarna nunha loba é unha muller, ademais chamada Ruth. Refírome ao titulado ‘A muller loba’.

O volume péchase co texto O neno que non quería ir á guerra (Recordos dun neno da poesguerra), que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A vaca con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo, pero non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis poeta que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita de relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle ofrece a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na narrativa presentada en Contos e descontos débese, pois, a ese desexo do autor, polo que no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis ciclos de contos que, coma os poemarios, presenten a temática do erotismo insubmiso, da memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán microcontos vitalistas que obrigarán a ampliar a compilación de textos xa presentada.

, que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A vaca con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo, pero non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis poeta que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita de relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle ofrece a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na narrativa presentada en débese, pois, a ese desexo do autor, polo que no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis ciclos de contos que, coma os poemarios, presenten a temática do erotismo insubmiso, da memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán microcontos vitalistas que obrigarán a ampliar a compilación de textos xa presentada.
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Rodríguez Fer: "Seremos universais se non renunciamos a ser galegos"


Autor:      Xornal de Galicia
11/08/2011

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) vén de reunir en Toxosoutos a súa narrativa completa no volume Contos e descontos. Hai uns días presentou este libro na Feira do Libro da Coruña. Recoñecido poeta e brillante investigador, Rodríguez Fer tamén cultivou a narrativa dende a máis pura adolescencia. Non é un home de amplas novelas e longas historias. Iso non é o que pretende acadar cando se enfronta á páxina en branco. "Na vida busco intensidade", admite. Iso está na poesía e na narrativa breve, neses relatos nos que só se pode ler a súa esencia, sen adornos barrocos nin grandes parágrafos. En Contos e descontos, reúnese toda a obra narrativa que publicou até o momento. Dende a primeira páxina até a última, atópase a intensidade que Rodríguez Fer busca tanto na vida como na literatura.

 

Vostede é principalmente coñecido por ser un reputado poeta e un respectado investigador. A súa faceta de narrador quedou demasiado eclipsada? 

Cualitativamente son a mesma persoa e o mesmo autor cando escribo ensaio, narrativa ou poesía. Non creo moito na distinción de xéneros, que no meu caso se encabalgan bastante. Cuantitativamente, non cabe dúbida de que publiquei moitos máis libros de poesía e de investigación que de narrativa. En realidade, en narrativa só publiquei dous libros: Meta-relatos, nos anos oitenta, e Os paraísos eróticos, nos anos 2000. De poesía e de ensaio, pois publiquei ducias. A miña obra narrativa é máis reducida, pero comecei a cultivala na adolescencia. Por exemplo, para este volume recuperei un libro que escribira antes de cumprir vinte anos. Tamén incluín un conto inédito. Toda esta narrativa completa inclúe iso: dous libros publicados, unha obra adolescente e un conto inédito.

 

Ese libro adolescente chámase Prometeo adolescente. Como é enfrontarse a un texto tan primario e iniciático coa perspectiva que dá?

Foi extraordinariamente sorprendente. Ese libro xa o tiña, en boa medida, esquecido. As lembranzas tamén fixeron que o tivese deformado na miña memoria. Algúns dos seus contos sorprendíanme porque estaban totalmente esquecidos por min. Outros, que podía lembrar máis ou menos, sorprendíanme con aspectos formais. Por momentos parecían escritos por outra persoa. Hai que ter en conta que son contos escritos entre os 16 e os 20 anos. Unha cousa que tamén me sorprendeu é que de min sempre dixeron que cultivei o microrrelato dende os anos oitenta. É un subxénero no que sempre me sentín cómodo pola súa proximidade á prosa poética. Pero a realidade, recuperando este libro adolescente, é que xa escribía microrrelato moito antes. Por exemplo, os primeiros relatos que aparecen no libro son Un can para a creación dun mundo ou Inciso do Che Guevara e son relatos de menos dunha páxina. Son relatos verdadeiramente moi breves. Logo hai outros textos máis extensos que forman o que chamei Ciclo de Ión, que ten como protagonista un ente astral chamado Ión, que é unha personaxe mitolóxica. Son relatos máis extensos que buscan crear universos con compoñentes fantásticos e con clara influencia dos contos de Poe, Lovecraft, Borges e Cortázar, que lía por aquela época. Finalmente, hai outros contos referidos á Guerra Civil, a posguerra e a transición que escribín nos tempos nos que fun estudar a Santiago, entre os 18 e 20 anos.  Son contos máis de mozo, dun mozo que tiña ideas revolucionarias absolutamente antifascistas e que tiña un espírito libertario.

 

A memoria histórica é un elemento destacado dentro da súa obra. É un asunto moi presente na literatura galega e que se tratou de moitas formas. É un tema que hai que seguir tratando pero, se cadra, dende outras perspectivas?

Para min a memoria histórica foi sempre memoria viva, xa que son fillo de pai represaliado e movinme sempre nese ámbito. Eu non cheguei á memoria histórica dende o partidismo político nin tomei unha decisión literaria para tratar ese tema. Non foi que eu elixise o tema da Guerra Civil como campo de investigación ou como musa literaria. Realmente a Guerra Civil escolleume a min, porque son fillo dun represaliado e crieime en tempos da ditadura franquista. Non podía ser alleo a esa preocupación. Neste libro rescato, como xa dixen, relatos da miña adolescencia que demostran o meu interese por este tema. Para min a memoria histórica nunca foi unha moda, foi un modo e un tema que forma parte de min, de Galicia e de todos os países que padeceron o fascismo. É un tema que se tratará toda a vida como se trata, por exemplo, a II Guerra Mundial.  Forma parte da nosa historia e do noso ADN.

O espírito libertario é unha actitude que debemos recuperar nestes tempos de crise nos que caen paus por todas partes?

O fundamental é non perder nunca o espírito de loita nin perder a esperanza, porque nunca choveu que non escampase. Aquí hai unha crise económica verdadeiramente pavorosa que está a ser utilizada contra a cidadanía de forma demagóxica. Esa crise non é peor, nin moito menos, que o fascismo ou que a Segunda Guerra Mundial. Saíuse daquilo e disto tamén sairemos. Hai que partir desa base e hai que idear novas estratexias; hai que ter novas tácticas para os problemas novos. Do mesmo xeito que loitamos contra o fascismo político, hai que loitar contra o fascismo económico. O que vivimos é outra forma de fascismo que, por fortuna, non usa os mesmos mecanismos violentos dende o punto de vista xenocida, pero que provoca unha submisión bastante semellante. Eu creo no xénero humano e creo que a escravitude da Idade Antiga foi superada na Idade Media coa servidume. Despois na Idade Moderna, superamos a servidume coa explotación capitalista. Tamén iso será superado nunha fase de liberación futura. Naturalmente é unha utopía, pero a utopía non é máis que unha realidade prefutura. De feito, o tema de utopía é un dos temas dun dos meus libros de contos, Meta-relatos. Esa obratrata de deconstruír o discurso dominante, que é o discurso do poder.

 

Se falamos de Galicia, hai un discurso de poder belixerante coa lingua e a cultura do país. Estes días escoitamos, na boca da concelleira de Cultura da Coruña, unha frase que, quizais, resume un discurso de poder moi claro: hai actividades culturais "demasiado galegos". O espírito libertario pódenos valer para superar este discurso?

Evidentemente hai que superar estes discurso porque é unha forma de autoodio racista. Non podemos opoñer o galego ao universal. O universal é universal porque inclúe o galego. O galego non nega o universal, porque forma parte del. Iso foi unha gran tradición do galeguismo, que foi esencialmente universalista. Penso que o mellor do galeguismo foi o universalismo, porque o Partido Galeguista vía en Galicia unha célula de universalidade. Opoñer unha cousa e outra é mostra de ignorancia. Seremos universais se non renunciamos a ser galegos. Do mesmo xeito que seremos galegos se non renunciamos a ser universais. Neste volume que veño de presentar na Coruña hai todo un libro, Os paraísos eróticos, que está escrito fóra de Galicia. Vivín en Nova York e en Bretaña e viaxei por outros lugares con estancias de traballo. A maioría dos contos dese libro están escritos neses lugares, pero todos están escritos en galego. Aínda que eu estea fóra de Galicia, no mundo, estou nese mundo como galego. Non podo evitalo.

Por que non escribe unha novela longa? Prefire a narrativa breve por estar máis próxima á prosa poética?

Eu o que busco na vida -e tamén na miña obra- é a intensidade. Ese é o motivo polo que me dediquei principalmente á poesía, porque a poesía é un flash, unha epifanía. Nuns poucos versos pódese dicir todo con moita intensidade. A narrativa breve ten iso tamén, permite ser intenso dende o principio até o final. Por iso fago microrrelato, que xa o fixen de forma inocente e espontánea na adolescencia. Permíteme máis intensidade. A novela, por definición, non pode ser máis intensa. Ten que ter partes nas que debe decaer a intensidade. Na novela hai que definir momentos moi triviais. A novela é un xénero moi interesante ao que non se lle pode restar méritos, pero non pode manter a intensidade continuamente. Nin sequera os grandes autores poden manter esa intensidade, teñen que pararse nos feitos máis triviais e nas descricións máis particulares.

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Claudio Rodríguez Fer recompila a súa narrativa en «Contos e descontos»


Autor:      Xesús Fraga
07/08/2011

Aínda que é máis coñecido como poeta, Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) tamén é autor dunha obra narrativa que agora recompila nun único volume, Contos e descontos (Toxosoutos), e que inclúe textos inéditos. Non obstante, o escritor, que presentará hoxe o volume na Feira do Libro da Coruña ás 20.00 horas, prefire non facer distincións de xéneros literarios, xa que toda a súa obra, e mesmo a súa vida, está marcada por temas comúns. «A vangarda libertaria, o erotismo insubmiso e a memoria solidaria aparecen en todo o que fixen dende a adolescencia ata hoxe», subliña Rodríguez Fer, quen si engade a presenza do cinema e as súas técnicas nos seus relatos.

Outra característica é un gusto pola brevidade, que xa estaba presente nos textos de Meta-rrelatos (1988) e de Os paraísos eróticos (2010), «onde mesmo hai un conto de menos dunha liña», formulación estilística que provén da «procura da intensidade».

Estes dous libros son, ademais, a cerna de Contos e descontos, pero o volume conta con máis pezas que nunca foran recompiladas, mesmo a de carácter inaugural. «Aparece por primeira vez a miña primeira obra narrativa, Prometeo adolescente, composta por microrrelatos case autobiográficos», di o autor.

Outros textos son o fantástico Ciclo de Ión e contos sobre a memoria e a loita antifascista; precisamente esa é a liña do relato final, tamén inédito, O neno que non quería ir á guerra, «unha especie de memorias dun neno da posguerra fillo de pai represaliado».

O feito de que Contos e descontos se presente como «narrativa completa» non exclúe que Rodríguez Fer peche esta faceta da súa obra. «Ultimamente preferín facer relato en verso, como ocorre nos meus últimos poemarios, Ámote vermella e Unha tempada no paraíso, porque ao mesmo tempo que me interesa contar historias non quero prescindir da intensidade da poesía. E de momento prosigo nesta liña, aínda que nunca se sabe o que se fará, porque non é un quen fai a súa obra, senón a súa obra a un», explica o escritor.

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Toxosoutos presenta esta tarde Contos e descontos, a narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer


Autor:      Xornal de Galicia
07/08/2011

A edición número corenta da Feira do Libro da Coruña, que se clausura o próximo mércores, entra hoxe na súa recta final con media ducia de actividades para todos os públicos. Entre as convocatorias, destaca a presentación de Contos e descontos, a narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer editada por Toxosoutos. Ademais de David González Couso, director de publicacións do selo, participará no acto o secretario da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Axeitos. Será ás 20.00 horas no espazo que onte ocupou Mario Regueira asinando exemplares do seu Lois Pereiro. Unha persecución (2.0 Editora).
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

El árbol de la memoria


Autor:      Cristina Huete
04/08/2011

La galleguidad como un árbol creciendo en la memoria. Afincada en ese paraíso perdido -y, por lo tanto, siempre reinventado- de la infancia. Carmen Martín Gaite nació salmantina y después se hizo madrileña, pero arrastró por el mundo (físico y literario) un pedazo del Ourense montañoso y mágico de los años treinta del siglo XX: la Galicia interior del tiempo regalado de los primeros veraneos de la vida; la Galicia mágica de las leyendas rurales en la casa del médico del pueblo de San Lourenzo de Piñor, que era su tío Vicente Gaite. Y la Galicia, o la infancia-adolescencia, de los primeros escarceos.

Ella metió a Piñor en alguna de sus obras literarias y la localidad ourensana ni se inmutó. Hasta que Allariz la reclamó en 2008 con un sentido homenaje con la excusa de una abuela alaricana a la que la escritora nunca llegó a conocer y la de los almendrados que la familia se paraba a comprar en la villa en el viaje de Salamanca a Piñor. "El caudal literario me fluye por el Miño, el Arnoia y el Tormes", vincularon con esta frase de la escritora en el homenaje alaricano. Y el Ayuntamiento de Barbadás estampó después su nombre en una calle de su perdido paraíso de Piñor. La conexión alaricana la evidenció entonces el escritor ourensano David González Couso, que reivindicó el paisaje psicológico de su literatura: su ourensanidad, ese estado mental, ese árbol clavado en la memoria cargado de pasado en el que el filólogo ya se ha especializado. Couso (Ourense 1978) ha publicado numerosos trabajos sobre la literatura de la escritora a la que se aficionó cuando a los 14 años se dejó deslumbrar por Caperucita en Manhattan. En Allariz, el filólogo presentó su obra Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite que acaba de reeditar ahora en gallego ampliando la versión castellana con una recopilación de fotografías e información adicional "que permite entender el libro como un routeiro literario por el Piñor y el Ourense de la escritora".

En su recuperación de Carmiña, Couso tiró de los legajos que fue encontrado y levantó otro árbol de la memoria de Martín Gaite: el genealógico. Llegó hasta el bisabuelo ourensano, Mariano Lloves, de los Lloves de San Lourenzo de Piñor. Pero solo pudo acceder al nombre. Ni fecha de nacimiento ni otra información. "Todos los antepasados de Carmen Martín Gaite fueron catedráticos", la mayoría de Geografía e Historia, en el instituto ourensano Otero Pedrayo. Y todos ellos "personas de gran inquietud intelectual y creatividad". En el árbol de la memoria que ha plantado el filólogo, el abuelo Javier Gaite (nacido en 1859) tiene el mérito de haber sido el primer autor de un libro de texto de Geografía e Historia para el instituto de Ourense. "Fue en la época de la reforma educativa, cuando el Ministerio cambió los planes de estudio y los catedráticos debían escribir los libros de texto".

No fue el único intelectual de la familia. Antonio Gaite Núñez y su hijo Antonio Gaite Lloves diseñaron, también en siglo XIX una pila voltaica con la que pretendían iluminar la vieja ciudad de las farolas de gas de As Burgas. El intento fracasó, pero ambos, profesores de Física y Química también en el Otero Pedrayo, demostraron que no iban desencaminados. La galleguidad de la escritora es irrefutable. Sus antepasados de San Lourenzo de Piñor -a los que hay que sumar un tío abuelo fundador del Ateneo de la ciudad y director y editor del periódico El Orensano- procedían de A Coruña, Pontevedra y Ourense. Pero incluso aunque no hubieran sido gallegos, Martín Gaite lo habría sido por su cuenta. Le habría bastado con el veraneo de la infancia para arrastrarlo por toda su vida y obra.

"Pese a lo mucho que viajábamos, Galicia fue el Norte de nuestras vidas", afirmó en el acto alaricano la hermana de la escritora, Ana María. Y acotó: "Quizá fue el alma lo que nunca se movió de aquí". La pequeña localidad de Piñor fue el paraíso de Carmen que se volvió Carmiña al mismo tiempo que, en palabras de su hermana, "indómita y poco melindrosa". "Los Gaite fueron parte importante de la élite cultural de la Galicia del XIX" concluye Couso en su libro genealógico tras abordar, por primera vez, este aspecto en su conjunto.

[...]
      Ler máis...

Abelleira Mariñeira incluye la presentación de tres libros


Autor:      j. M. Sande
03/08/2011

La celebración Abelleira Mariñeira, que tendrá lugar el sábado en la playa muradana de Ventín, incluye la presentación de tres libros de la editorial Toxosoutos. Se trata de las obras tituladas Tamén navegar, que será presentada por Francisco X.?F. Naval; Capitán wood y Derrota e singraduras do Joaquín Vieta. De hablar sobre estos dos últimos volúmenes se encargará Lino J. Pazos.

El acto de divulgación literaria está fijado para las ocho de la tarde del sábado y ha sido bautizado con el nombre Faladoiro sobre os libros.

La cita incluye otros aspectos interesantes, como la posibilidad de efectuar un recorrido por la ría a bordo de una embarcación tradicional.

Además, se exhibirán diversas naves, entre las que figura el Joaquín Vieta y una que está siendo restaurada por la entidad encargada de organizar esta celebración.

[...]
      Ler máis...