- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Amores de antano e sempre


:      Armando Requeixo
14/06/2012


Yara Frateschi Vieira, Isabel Morán Cabanas e José Antonio Souto Cabo publicaron
recentemente O amor que



eu levei de Santiago, fermoso título tirado dunha
cantiga



de Fernando Esquío que agocha un magnífico “Roteiro da lírica medieval galego
– p o r t u g u esa”editado por Toxosoutos. Xenuína guía literaria de
Compostela e arredores, nas súas páxinas un pode moi ben ir (re)descubrindo a
vella capital axudado polas alusións que á mesma os nosos trovadores deixaron nos
seus versos ou por ser algúns deles creadores vinculados á cidade. Rigor na
edición dos textos mais aliviado de rémoras ecdóticas, fondo saber nas fichas explicativas
e biográficas —que engaden valiosísimos datos, aínda inéditos, pertencentes a investigación
en curso dos autores— e acaído acompañamento fotográfico de lugares e motivos
son os principais acertos deste volume, ao que tan só lle prestaría



en vindeiras edicións —que agardamos prontas— algún tipo de mapa orientador
e a restitución de esquecementos



bibliográficos. O amor que eu levei de Santiago: fantástico guieiro
literario co que ollar, aglaiados, a cidade das cantigas.








<<       > <